Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2000 Páx. 7.423

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE ALCALÁ DE HENARES

EDICTO (323/1999).

Jesús Valencia Sánchez, secretario do Xulgado de Instrucción número catro de Alcalá de Henares, dou fe e testemuño que no xuízo de faltas nº 323 /1999 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia.

En Alcalá de Henares, vintedous de outubro de mil novecentos noventa e nove.

Vistos por min, Emelina Santana Páez, maxistradaxuíza do Xulgado de Instrucción número catro de Alcalá de Henares, estes autos de xuízo de faltas nº 323/1999, sobre falta de conducir un vehículo de motor carecendo de seguro obrigatorio, nos que foron partes o Ministerio Fiscal e o axente de policía local nº 944, como denunciante e Francisco González Carrión e Marina Conde dos Santos, como denunciados.

Decido que debo condenar como condeno a Francisco González Carrión, como autor responsable dunha falta contra a orde pública, prevista e penada no artigo 636 do Código penal á pena dun mes de multa a razón de cincocentas pesetas diarias (total 15.000 pesetas) establecéndose unha responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas impagadas e ó pagamento das custas procesuais neste xuízo. Así mesmo debo absolver e absolvo a Marina Conde dos Santos».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Marina Conde dos Santos, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no boletín oficial da Comunidade de Galicia, expido a presente en Alcalá de Henares o vinteún de marzo de dous mil.

O secretario

Rubricado