Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2000 Páx. 7.420

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2000, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a data do sorteo para determina-la composición dos tribunais que deberán xulga-los procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas.

A base común 5, punto 3º da Orde do 15 de marzo de 2000 pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas establece que os tribunais que xulguen os procedementos de selección estarán constituídos por catro vocais designados por sorteo entre funcionarios do corpo e especialidade correspondente. Así mesmo, determínase que, no suposto de que non sexa posible designar tódolos vocais nas condicións anteriormente sinaladas, poderán designarse profesores doutros corpos, de igual ou superior grupo, ou doutras especialidades.

Resultando necesario facer pública a data e a hora en que terá lugar o sorteo público, esta dirección xeral

RESOLVE:

O sorteo para determina-los catro vocais e, se é o caso, os suplentes correspondentes que xulgarán os procedementos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas terá lugar entre funcionarios de carreira do corpo e especialidade correspondente, en servicio activo en centros dependentes desta consellería o próximo día 15 de maio de 2000, ás 9 horas na sala de xuntas da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sita en San Caetano, s/n-Santiago de Compostela.

Naquelas especialidades que non haxa, alomenos, seis funcionarios de carreira en activo, os tribunais serán designados directamente pola Dirección Xeral de Persoal.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2000.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal