Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2000 Páx. 7.420

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2000 pola que se fai público o acordo do consello rector do IGAEM que aproba as bases que rexerán na convocatoria de convenios de producción e/ou distribución de espectáculos teatrais con empresas de teatro profesionais.

Obxecto: convenio con compañías ou empresas de teatro galegas de carácter profesional para a producción e/ou distribución de espectáculos teatrais.

Orzamento: cen millóns de pesetas (100.000.000 de ptas.).

Prazo de execución: ata o 30 de abril de 2001.

As bases da convocatoria e as condicións técnicas particulares así como o modelo de proposición poderán ser examinados e/ou solicitado o seu envío por correo na sede administrativa do IGAEM (Pavillón de Galicia. San Lázaro. Apartado de correos 150. Santiago de Compostela).

A presentación de proposicións efectuaranse no rexistro xeral do IGAEM (Pavillón de Galicia. San Lázaro. Santiago de Compostela), en dous sobres pechados e axustándose ó modelo que se une como anexo ás bases, por calquera dos procedementos previstos no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Nos quince días seguintes ó do remate do prazo, a mesa de contratación designada para o efecto abrirá os sobres A e decidirá que compañías reúnen os requisitos de profesionalidade esixidos para participar nesta convocatoria de convenios. Posteriormente, unha comisión de valoración, formada por un presidente e catro vocais designados polo consello rector do IGAEM e elixidos entre persoas de recoñecido prestixio do mundo da cultura e das artes escénicas, na que actuará como secretario unha persoa do cadro de persoal do IGAEM, estudiará as proposicións e elevará ó consello rector a relación de compañías coas que, de acordo cos criterios de selección, este instituto procederá a establecer convenios de producción e /ou distribución.

O consello rector formulará a correspondente proposta de convenios que comprenderá tanto os proxectos seleccionados como as cantidades económicas obxecto de cada convenio.

As empresas seleccionadas disporán dun prazo de quince días para formaliza-lo convenio ou para manifesta-la súa renuncia a el.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2000.

Aníbal Otero Fernández

Xerente do Instituto Galego das Artes Escénicas

e Musicais