Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2000 Páx. 7.421

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 18 de abril de 2000 pola que se outorgan nomeamentos a rexistradores da propiedade para os rexistros vacantes que se citan (Carballo e cinco máis).

O nomeamento de rexistradores da propiedade que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta Comunidade Autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade vacantes, en virtude de concurso ordinario convocado por resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 21 de febreiro de 2000 (BOE do 3 de marzo), e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 513 do Regulamento para a súa execución, os decretos da Xunta de Galicia 351/1997, do 9 de decembro, 227/1998, do 10 de xullo, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomea-los rexistradores da propiedade que a seguir se relacionan para prove-los rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia:

-Hermes Rego Valcarce, rexistrador de Pontedeume, para o rexistro de Carballo (A Coruña).

-Francisca Núñez Núñez, rexistradora de Corcubión, para o rexistro de Lalín (Pontevedra).

-Almudena del Carmen Hava García, rexistradora de Valencia de Alcántara, para o rexistro de Monforte de Lemos (Lugo).

-María de las Mercedes del Álamo Arroyo, rexistradora de Becerreá, para o rexistro de Ortigueira (A Coruña).

-María Teresa Ruíz de la Peña González, rexistradora de Quiroga, para o rexistro de Verín.

-Víctor Manuel Carrasco Sánchez, rexistrador de Viana do Bolo, para o rexistro de Allariz (Ourense).

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2000.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais