Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2000 Páx. 7.415

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Botamavi, S.L.

Vista a acta da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Botamavi, S.L., con nº de código 3603192, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 29-3-2000, subscrito pola comisión negociadora do convenio, con data do 28-2-2000. De conformidade co disposto no artigo 15 e 16 do convenio colectivo e no artigo 90. 2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1999, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 3 de abril de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta de acordo.

En Vigo o 28 de febreiro de 2000.

Reunidos.

José Manuel García Vázquez, en calidade de administrador da empresa Botamavi, S.L.

Miguel García Agrafojo, en representación dos traballadores.

Ramiro Otero Rodríguez e Mª Cristina Fernández Silva, na súa calidade de asesores, o primeiro da central sindical e a segunda da empresa.

Na sede do domicilio social da empresa, reúnense os sinalados (logo de convocatoria cursada para o efecto), integrantes da comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Botamavi, S.L., co obxecto de lle dar cumprimento ó previsto nos seus artigos 15º e 16º sobre revisión salarial, así como incorpora-los acordos sobre as materias sociais que a seguir se desenvolven.

Primeira.-Acórdase aplica-la variación anual equivalente ó 2% sobre os conceptos especificados no artigo 15º do convenio colectivo, repercutindo as diferencias por atrasos que correspondan sobre as retribucións aplicadas nos recibos de nómina do pasado mes de xaneiro.

Segunda.-Acórdase retribuí-los traballadores cunha compensación económica como consecuencia daquelas situacións nas que, sen prestaren traballo efectivo, deben permanecer á disposición da empresa. A contía deste complemento de dispoñibilidade será de 700 pesetas/hora, exclusivo do persoal de terra, e 1.300 pesetas/horas, aplicables ó persoal marítimo.

E, en proba de conformidade de todo canto antecede, asínase esta acta no lugar e data expresados no encabezamento.

J. Manuel García Vázquez Miguel J. García Agrafojo

AdministradorRepresentante dos

traballadores

Mª Cristina Fdez. SilvaRamiro Otero Rodríguez

AsesoraAsesor