Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2000 Páx. 7.414

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Sertosa (San Cibrao).

Visto o texto da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Sertosa (San Cibrao) (código 2700701), da provincia de Lugo, asinado o día 13 de marzo de 2000, pola representación da citada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90, epígrafes 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da citada revisión no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da citada revisión á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 29 de marzo de 2000.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Acta do acordo sobre a revisión do convenio

colectivo da empresa Sertosa Norte, S.L., con base

no porto de Alcoa-San Cibrao

Reunidas en San Cibrao-Cervo, o 13 de marzo de 2000, as partes asinantes do convenio colectivo (código 2700701), pola parte social o delegado de persoal Agustín Bellas Vázquez e, pola empresa, Ricardo I. Lorenzo Vilbazo, Javier Zapatero Manguillot.

Acordan:

Primeiro.-Unha vez publicado o índice de prezos ó consumo (IPC) do ano 1999, acórdase actualiza-las retribucións percibidas polo persoal incluído no ámbito deste convenio, tal e como se prevé no seu artigo 3, resultando as seguintes contías para os distintos conceptos.

1. O concepto previsto no artigo 15 (complemento 3º remolcador) queda establecido nas seguintes cantidades, tal e como tamén figura no anexo II:

-155.149 pesetas ó mes, para os catro mecánicos: 38.787 pesetas ó mes por cada mecánico.

-137.635 pesetas ó mes, para os sete mecamares: 19.662 pesetas ó mes por cada mecamar.

2. O concepto de axuda por fillos minusválidos físicos e/ou psíquicos, previsto no artigo 17, queda establecido en 6.395 pesetas ó mes.

3. O concepto denominado perda de equipaxe, que se recolle no artigo 27, queda establecido na contía recollida no anexo III.

4. As cantidades recollidas no anexo II quedan establecidas como segue:

ConceptosMecánico Mecamar

Salario base/mes219.353 ptas.173.492 ptas.
H.P./mes34.270 ptas.27.507 ptas.
Complemento 3º remolcador38.787 ptas.19.662 ptas.
Mant./mes22.340 ptas.22.340 ptas.

Complemento ad personam para o ano 2000

TripulantesComplem. ad personam/mes

Ramón Alonso González54.205 pesetas
Benigno Rapa García74.497 pesetas
Constantino Val Pérez73.948 pesetas
Agustín Bellas Vázquez47.302 pesetas
José Domínguez Piqueras46.773 pesetas
Jesús García Insua42.810 pesetas
Julio Iglesias Insua42.810 pesetas
Ricardo López Basanta47.831 pesetas
Beningo Pernas García27.094 pesetas
Antonio Quelle Seijas47.831 pesetas

Retribución (en pesetas) por saídas ó mar (viaxes de máis de 12 horas)

Categorías012345678910

Máquinas: Mec. naval maior10.56910.85211.12610.38311.68111.96812.25112.52712.81113.08613.368

Subalternos mecamar9.4799.7269.98510.24110.49010.74610.99411.25211.50911.75712.014

Observación: en viaxes menores de 12 horas cobraríase a metade do aquí detallado.

5. As cantidades recollidas no anexo III quedan establecidas na seguinte contía:

Secado e pintado de cadeas completo: 13.818 ptas.

Secado e pintado de tanques de lastre: 13.818 pesetas.

Encalichado de tanques: 13.818 ptas.

Limpeza do cárter do motor principal: 13.818 ptas.

S. horaHora extra

Mecánico1.823 3.193

Mecamar1.3352.336

Por fillo minusválido: 6.395 ptas.

Perda de equipaxe:

No mar: 171.615 pesetas

No porto: 68.646 ptas.

Seguros:

Morte por accidente: 3.000.000 de ptas.

Invalidez permanente: 3.000.000 de ptas.

Morte ou invalidez (C. comúns): 3.000.000 de ptas.

Segundo.-Proposta de redacción dos artigos 25 e 32.

Acórdase por unanimidade dos presentes, modifica-los seguintes artigos para quedaren redactados do seguinte xeito:

Artigo 25º.-Manutención.

As cantidades por tal concepto serán as que figuran no anexo II.

A diferencia entre a cantidade antedita e a cantidade que se viña percibindo ata o 31 de decembro de 1999, polo mesmo concepto, distribuirase do seguinte xeito:

Mecánicos: a diferencia ascende a 30.000 pesetas, que pasan a percibirse dentro do denominado complemento ad personam, quedando a súa contía establecida na cantidade que se recolle no anexo II.

Mecamares: a diferencia ascende a 30.000 pesetas, das que 15.000 pasan a percibirse dentro do salario base mes e as restantes 15.000 pesetas pasan a percibirse como complemento ad personam, quedando a contía de ámbolos conceptos establecida na cantidade que se recolle no anexo II.

Este acordo aplicarase con efectos do 1 de xaneiro de 2000, sen prexuízo da data da súa publicación.

Artigo 32º.-Complemento de vacacións.

Extínguese este complemento con efectos do día 1 de xaneiro de 2000 e a cantidade que se viña cobrando por este concepto pasará a percibirse dentro do denominado complemento ad personam, dividida en catorce pagas, polo que para o ano 2000

o citado complemento se verá incrementado na contía de 2.452 pesetas ó mes por este concepto; deste xeito, o citado complemento queda establecido na cantidade que figura no anexo II.