Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2000 Páx. 7.398

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do I convenio colectivo de ámbito autonómico de Galicia para o sector de aparcamentos e garaxes de vehículos.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito autonómico para o sector de aparcamentos e garaxes de vehículos (código de convenio nº 8200555), que se subscribiu con data do 11 de xaneiro de 2000, entre representantes da Asociación Española de Aparcamentos e Garaxes (Aega), pola parte empresarial, e os representantes dos traballadores, UGT-Galicia, S.N. de CC.OO. de Galicia e CIG, pola parte social, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta dirección xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais

I convenio colectivo de ámbito autonómico de Galicia para o sector de aparcamentos e garaxes de vehículos anos 1999 ó 2001

Artigo 1º.-Partes signatarias.

Son partes asinantes do presente convenio colectivo, dunha banda a Asociación Española de Aparcamentos e Garaxes (Aega) e a Federación de Comunicacións e Transportes de Comisións Obreiras, a Federación de Transportes, Comunicacións e Mar da Unión Xeral de Traballadores e a Federación Galega de Transportes e Telecomunicacións da Confederación Intersindical Galega, recoñecéndose mutuamente lexitimación para negocia-lo presente convenio.

Artigo 2º.-Eficacia, ámbito territorial, funcional e alcance obrigacional.

O presente convenio colectivo é de obrigada observancia para tódalas empresas que teñan como actividade principal a explotación de garaxes e aparcamentos de vehículos automóbiles, ben por con

cesión, ben por cesión por calquera título lícito, ben de propiedade, e a desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para estes efectos e no ámbito ó que afecta o presente convenio, substitúe na súa integridade a ordenanza laboral para as empresas de transportes por estrada e a calquera acordo, pacto ou convenio de calquera rango normativo que para o mesmo sector se acordase para prorroga-la vixencia daquela.

Con carácter supletorio e no aquí non previsto, aplicarase o convenio colectivo xeral, de ámbito nacional, para o sector de empresas concesionarias e privadas de aparcamentos de vehículos (Aega).

Artigo 3º.-Ámbito territorial e persoal.

O presente convenio afectará á totalidade dos traballadores das empresas do sector que presten os seus servicios no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Exclúese do ámbito do presente convenio o persoal directivo. Este persoal é de libre designación por parte da empresa. A súa relación laboral rexerase polo seu contrato de traballo e, se é o caso, pola normativa especial que lles sexa aplicable.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

O presente convenio estenderá a súa vixencia desde o 1º de xaneiro de 1999 ó 31 de decembro do ano 2001, independentemente da data da súa publicación no boletín oficial correspondente.

Se ben a súa entrada en vigor producirase ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, os conceptos salariais e as táboas aplicaranse con carácter retroactivo, desde o 1 de outubro de 1999, en toda a comunidade de Galicia.

Para a provincia de Pontevedra, tendo en conta que o seu convenio provincial cesou na súa vixencia o 31 de marzo de 1999, aboarase, dunha soa vez e en concepto de atrasos, polo período do 1 de abril a 30 de setembro de 1999, o importe do 2% do salario base e plus convenio das táboas do anexo, por sete meses e medio.

Artigo 5º.-Procedemento para a revisión do convenio.

A revisión do convenio poderá solicitarse por escrito por calquera das partes asinantes deste, polo menos con tres meses de antelación ó remate da súa vixencia.

A parte que formule a denuncia deberá entregar unha proposta concreta sobre os puntos e contido que abrangue a revisión solicitada. Seguiranse os trámites administrativos procedentes.

Mentres non se chegue a un acordo para un novo convenio manterase prorrogada a vixencia do anterior.

De non existir denuncia, o convenio prorrogarase tacitamente, por períodos anuais, revisándose os conceptos económicos de acordo co IPC previsto e axustando esta previsión ó IPC real, no intre que se teña constancia deste.

Artigo 6º.-Condición máis beneficiosa.

Respectaranse as condicións máis beneficiosas que os traballadores teñan recoñecidas a título persoal polas empresas á entrada en vigor deste convenio, pero as melloras salariais serán absorbibles e compensables coas que actualmente perciban os traballadores.

Malia o anterior, durante a vixencia do presente convenio, as empresas só poderán absorber e compensa-las melloras existentes sobre as táboas salariais dos anexos, no que exceda do importe do IPC real.

Artigo 7º.-Vinculación á totalidade.

Sendo as condicións pactadas un todo orgánico e indivisible, o presente convenio será nulo e quedará sen efecto no suposto de que a xurisdicción competente anule ou invalide algún dos seus pactos. Se se dese este suposto, as partes que asinan este convenio comprométense a reunirse dentro dos dez días seguintes ó da firmeza da resolución correspondente, co obxecto de resolve-lo problema formulado. Se no termo de 45 días a partir do da firmeza da resolución en cuestión, as partes que asinan non acadasen un acordo, comprométense a fixar un calendario de reunións para a renegociación do convenio na súa totalidade.

Artigo 8º.-Comisión mixta paritaria.

Ámbalas dúas partes acordan establecer unha comisión mixta de interpretación e seguimento do cumprimento do presente convenio.

Esta comisión mixta estará integrada paritariamente por seis representantes das organizacións sindicais e seis das organizacións empresariais asinantes.

No acto da súa constitución a comisión mixta, en sesión plenaria, elixirá dous secretarios, un por parte empresarial e outro por parte sindical. Este último será rotativo cada ano.

Así mesmo, a comisión poderá solicita-los servicios de asesores ocasionais ou permanentes en tódalas materias que sexan da súa competencia, que serán libremente designados polas partes.

A comisión elaborará o seu propio regulamento de funcionamento.

A comisión que tomará os acordos, cando proceda, por maioría de dous tercios de cada unha das representacións, deberá reunirse polo menos unha vez ó semestre.

A comisión terá as seguintes funcións:

1. A interpretación do convenio así como o seguimento do cumprimento deste.

2. Entender, de forma previa e obrigatoria á vía administrativa e xurisdiccional, en tódolos conflictos colectivos que poidan ser interpostos polos que estean lexitimados para iso, en relación coa aplicación e interpretación dos preceptos derivados deste convenio, sen que iso poida dar lugar a atrasos que prexudiquen as accións das partes, de tal xeito que entre a entrada da solicitude de intervención e a pertinente resolución non haberá máis de quince

días, xa que superados estes, quedará expedita a vía correspondente polo mero transcurso deste prazo. As decisións que adopte a comisión neste tipo de conflictos terán a mesma eficacia normativa que teñen as cláusulas do presente convenio.

3. Poderá elaborar un informe anual en relación o grao de cumprimento do convenio, sobre as dificultades xurdidas na súa aplicación e interpretación, así como sobre aquelas cuestións que as partes presentes na comisión estimen convenientes para un mellor desenvolvemento e aplicación deste.

4. A elaboración de recomendacións ou criterios para a negociación colectiva con vistas a unha racionalización desta e a unha progresiva extensión da actividade negociadora.

5. De acordo co artigo 92.2º do Estatuto dos traballadores, esta comisión será a encargada de emitir informe previo co fin de proceder á extensión do convenio colectivo.

6. Cantas outras funcións se deriven do estipulado neste acordo.

O domicilio da comisión queda constituído para tódolos efectos na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, r/ Algalia de Abaixo, 24, 15704, Santiago de Compostela.

Artigo 9º.-Adhesión ó AGA.

Cando a comisión mixta paritaria non acade no seu seo un acordo na solución dos conflictos que se lle sometan, en virtude do artigo anterior, as partes obríganse a recorrer ós mecanismos do Acordo Interprofesional Galego sobre Solución Extraxudicial de Conflictos Laborais (AGA), acordo e regulamento que as partes dan por ratificado.

Artigo 10º.-Clasificación profesional.

A clasificación profesional do persoal consignada no presente convenio colectivo é meramente enunciativa e non implica que se deban ter previstos tódolos grupos profesionais e dentro deles, as divisións orgánicas e funcionais, nin que se deban ter provistas estas se as necesidades e o volume das empresas non o require.

Artigo 11º.-Grupos profesionais.

O persoal incluído no ámbito deste convenio colectivo estructúrase sobre a base dos seguintes grupos profesionais, en atención ás funcións primordiais que realizan:

A) Persoal superior e técnico.

B) Persoal administrativo e informático.

C) Persoal de explotación.

O encadramento dos traballadores incluídos no ámbito deste convenio, dentro desta estructura profesional, e polo tanto, a asignación a cada un deles dun determinado grupo profesional, así como dunha división orgánica ou funcional, será o resultado da conxunta ponderación dos seguintes factores: coñecementos, experiencia, iniciativa, autonomía, responsabilidade, mando e complexidade.

Dentro dos grupos profesionais e das súas divisións orgánica e funcional, situaranse as comunmente denominadas categorías profesionais de técnicos, administrativos, empregados, operarios e subalternos.

Artigo 12º.-Definición do grupo profesional superior e técnico e das súas categorías profesionais.

A) O grupo profesional do persoal superior e técnico abrangue quen, en posesión de titulación superior, de grao medio, con diplomaturas de centros docentes de ensinanza laboral ou profesional homologados, ou faltos de titulación que acreditan preparación derivada da práctica continuada, estiveron contratados para exercer funcións e responsabilidades sobre a organización, explotación, administración, etc., no ámbito da empresa. Constitúeno as seguintes categorías profesionais:

A-1) Técnico superior. É aquel persoal que estando en posesión dun título expedido por unha escola técnica superior ou facultade universitaria, exerce dentro da empresa, con responsabilidade directa, as funcións propias da súa profesión, con independencia de que teña ou non persoal subordinado e efectúe ou non, de xeito habitual, funcións directivas.

A-2) Técnico medio. É aquel persoal que tendo a posesión dun título expedido por escola técnica de grao medio, exerce dentro da empresa, con responsabilidade directa, as funcións propias da súa profesión, independentemente de que teña ou non ó seu cargo, persoal e exerza ou non funcións directivas.

A-3) Diplomado. É aquel persoal que posuíndo un diploma expedido por centros docentes oficialmente recoñecidos ou homologados, que non requiran as condicións esixidas, ben polas escolas técnicas, ben polas facultades universitarias, levan a termo, dentro das empresas, funcións técnicas e específicas para as que estivo contratado en virtude do seu diploma, concorra ou non persoal baixo a súa dependencia.

Artigo 13º.-Definición do grupo profesional administrativo e informático e das súas categorías profesionais.

I.B) O subgrupo profesional do persoal administrativo abrangue quen, baixo as directrices da dirección da empresa e empregando os medios operativos e informáticos que aquela asigne, executa de xeito habitual as funcións propias da administración da empresa, no seu ámbito. Compóñeno as seguintes categorías profesionais:

I.B-1) Xefe de servicios. É quen baixo as instruccións da dirección se responsabiliza da organización, xestión e funcionamento dos diversos departamentos ou servicios nos que se estructura a empresa e ten ó seu cargo e dá ordes ó persoal que requiren estes departamentos ou servicios.

I.B-2) Xefe de sección. É quen ás ordes do xefe de servicio se existe, se encarga da organización, xestión e dirección dunha ou varias seccións das

que se compoñen os departamentos ou servicios nos que se estructura a empresa, coordinando o traballo e o persoal que del dependen.

I.B-3) Oficial administrativo. É aquel persoal que ten ó seu cargo e desenvolve con axeitada preparación profesional, tarefas administrativas dos departamentos, servicios ou seccións da administración da empresa, exercitándoas con iniciativa e responsabilidade e que pode ter ou non persoal baixo a súa supervisión.

I.B-4) Auxiliar administrativo. É aquel persoal que realiza operacións administrativas elementais, un pouco complexas e, en xeral, aquelas funcións fundamentalmente mecánicas e con pouca iniciativa.

I.B-5) Aspirante administrativo. É aquel persoal de 16 anos e que ten formación profesional, dentro dos prazos legalmente establecidos, compatibilizando traballo e estudios ou formación específica, adquire os necesarios coñecementos para o desenvolvemento dun oficio ou posto de traballo do grupo profesional administrativo.

I.B-6) Telefonista. É quen ten ó seu cargo o manexo dunha central telefónica, con ou sen fax, télex ou teletipo, que procura a comunicación entre os diversos postos de traballo das empresas, entre si e co exterior.

I.B-7) Ordenanza. É aquel persoal que ten como misión efectuar encargos de todo tipo que se lle fagan, como distribuír correspondencia, realizar tarefas de mensaxería, etc., ben por parte da dirección da empresa, ben polos xefes administrativos e encargados operativos, e en colaborar en funcións auxiliares, administrativas principalmente, como arquivo de documentos, na medida que se lle encomende.

II.B) O subgrupo profesional do persoal de informática abrangue quen executa de xeito habitual as funcións propias dos sistemas operativos e organización.

II.B-1) Analista de procesos de datos. É aquel persoal que verifica as análises orgánicas de operacións complexas para obte-la solución mecanizada destas, en canto se refire a: cadeas de operacións que hai que seguir, documentos que hai que obter, deseño destes, ficheiros que hai que tratar e definición do seu tratamento e elaboración completa ata a súa finalización, dos expedientes técnicos de aplicacións complexas.

II.B-2) Programador. É aquel persoal que estudia os procesos complexos predefinidos, confecciona organigramas detallados dos tratamentos, redacta programas na linguaxe de programación que se lle indica e confecciona probas de ensaio, pon a punto os programas, completa expedientes técnicos destes e documenta o manual de consola.

II.B.3) Operador. É quen manipula e controla os ordenadores dotados de sistemas operativos capaces de traballar en multiprogramación, principalmente equipos e programas de natureza complexa. Deben saber detectar e resolver problemas operativos definíndoos como erro de operación ou de máquina.

Artigo 14º.-Definición do grupo profesional de explotación e das súas categorías profesionais.

C) O grupo profesional de explotación componse de quen, baixo a concreta dirección do persoal superior e técnico, executa os diversos traballos e tarefas propias da explotación e correcto funcionamento dos establecementos ou centros de traballo das empresas, que lle son encargados en consonancia co seu oficio ou coñecementos específicos. Está formado polas seguintes categorías profesionais:

C-1) Encargado. É quen ten ás súas ordes o persoal dun ou máis establecementos ou centros de traballo, así como o coidado directo e a conservación das instalacións, estudiando e propoñendo ós seus superiores as medidas convenientes para o mellor mantemento destas, posuíndo os coñecementos precisos para o asentamento e control das operacións de cobro que se realicen polos servicios prestados, revisando diariamente a cinta e os tiquets cobrados durante o día. Ten a responsabilidade do traballo, disciplina, seguridade e saúde laboral do persoal ó seu servicio e debe posuí-los coñecementos suficientes para realiza-las ordes que lle encargue o seu superior. Confeccionará o cadro de quendas de servicios do persoal ás súas ordes, tendo coidado dos relevos, enfermidades, etc. Atenderá e informará ós clientes sobre peticións, reclamacións, suxerencias, etc., que lle manifesten. Deberá verificar diariamente o control de caixa e da recadación.

Dada a especial responsabilidade da súa función poderá ser requirida a súa presencia no posto de traballo, por parte da dirección ou dos representantes da empresa, fóra do horario habitual, en caso de urxencia e polo tempo mínimo imprescindible. Se así ocorrese, reduciranse as horas de traballo dos días laborais inmediatamente seguintes de xeito que o cómputo de horas de traballo semanais non exceda de 44 horas.

C-2) Axente. É o persoal que con iniciativa e responsabilidade, baixo a supervisión do encargado ou superior xerárquico, executa as funcións propias do centro de traballo ou establecemento ó que está adscrito, sendo destas, as principais:

A recollida, valoración e cobro de tiquets, o cobro dos diversos servicios, a verificación e o control de caixa, a práctica de liquidacións e axustes monetarios, a entrega, custodia e ingreso das recadacións e efectos de todo tipo, a venda de productos ou servicios da empresa e o cobro de recibos.

O control de accesos ó centro de traballo ou establecemento, a atención de tódalas instalacións deste e o seu mantemento en perfecto estado de utilización para o público, efectuando a limpeza, a posta en marcha ou peche de motores, cadros eléctricos, instalacións de iluminación, elevadores, caixeiros e demais aparellos mecánicos ou electrónicos, así como o seu primario mantemento.

A atención ós clientes do establecemento que pidan información, en relación cos servicios ou productos que teña a empresa á disposición do público

en xeral e informará das súas condicións e precios, tomará nota dos encargos e trasladaraos ó seu superior xerárquico.

Para todo iso, empregará as ferramentas, maquinaria, ordenadores e demais aparellos e instalacións que a empresa poña ó seu dispor e controlará e supervisará a realización das funcións ou tarefas que a empresa decida contratar externamente.

C-3) Oficial mantemento. É aquel persoal con coñecementos sobre mecánica, electricidade, electrónica e demais oficios relacionados coas instalacións e máquinas dos centros de traballo ou establecementos da empresa, que ten ó seu cargo o seu mantemento, coidado e reparación. Vixiará en todo momento o seu correcto funcionamento e perfecto estado de conservación, efectuando el estas tarefas ou mediante os seus axudantes, tanto os necesarios controis e probas rutinarias como as operacións que sexan necesarias para a boa marcha destas instalacións.

C-4) Axudante de mantemento. É o traballador que baixo a supervisión do oficial de mantemento, controla ou repara as máquinas e instalacións dos diversos centros de traballo ou establecementos, executando tarefas relacionadas cos seus coñecementos profesionais ou oficio específico.

C-5) Vendedor/a de billetes. É aquel persoal que está capacitado para facerse cargo do cobro de tódolos servicios que a empresa presta no centro de traballo ou establecemento ó que se atopa adscrito.

Recolle, valora e cobra toda clase de tiquets, vales ou abonos, mediante o manexo de ordenadores, caixeiros automáticos e outras máquinas que a empresa poña en ou ó seu servicio e coida do seu mantemento elemental.

Atende as chamadas telefónicas do centro de traballo ou establecemento e os requirimentos de información dos clientes e do público en xeral. Mantén o bo estado e decoro do despacho de billetes, caixa ou caixeiro, efectuando a súa carga e recarga de cambio cando proceda.

Verifica o control e axuste de caixa, entrega a recadación ou efectúa o seu ingreso, seguindo as instruccións superiores recibidas e elabora canta documentación sexa precisa para o control e funcionamento da empresa.

Controla e supervisa accesos tanto de peóns como de vehículos, mediante os monitores que, se é o caso, teña instalados, dando aviso, seguindo as instruccións que recibise, dos incidentes que detecte, de xeito inmediato.

C-6) Auxiliar de aparcamento. É aquel traballador que ten como misión controla-los accesos, de entrada e saída de vehículos e de dispositivos automáticos instalados para o control de entradas e saídas, uso da maquinaria de que dispoña o centro de traballo e procurar o correcto funcionamento de todo iso.

Coñecerá a utilización dos mandos de forza e luz, de tal xeito que manterá en todo momento o nivel necesario de luz e ventilación no centro de traballo.

Deberá atende-lo teléfono e o cobro dos servicios prestados, substituirá nas súas ausencias a axentes e taquilleiros e efectuará a limpeza normal dos locais, a menos que establecese outras condicións, individualmente.

C-7) Traballador en formación. É aquel persoal de 16 anos e menor de 21, que sen formación profesional específica, dentro dos prazos e de acordo coas disposicións legais vixentes, compatibilizando traballo e estudio ou formación específica, adquire os necesarios coñecementos para o desenvolvemento dun oficio ou posto de traballo do grupo profesional de explotación.

De supera-lo período de formación e continuar na empresa, este persoal ostentará a categoría profesional de axudante de mantemento, axente ou vendedor/a de billetes.

C-8) Persoal de limpeza. É aquel persoal maior de dezaoito anos, encargado da limpeza xeral do centro de traballo ou establecemento, así como do mantemento da hixiene e salubridade das instalacións e servicios de uso público.

Artigo 15º.-Facultades organizativas do traballo.

A organización do traballo nos establecementos, centros de traballo e dependencias das empresas é facultade da súa dirección, de acordo co previsto legal e convencionalmente.

Consecuentemente e a título meramente enunciativo, a dirección das empresas exercerá cando proceda, de acordo cos procedementos legais establecidos, as seguintes facultades organizativas:

-Abrir, ampliar ou diminuír capacidades, traslados ou peches de establecementos, centros de traballo ou dependencias destes, de acordo cos procedementos legais establecidos.

-Adscribir e encadrar traballadores nas tarefas, quendas e centros de traballo ou dependencias que estime necesarios en cada momento, de acordo coa súa categoría e grupo profesional.

-Determinar e fixar normas e instruccións para a correcta prestación do traballo en tódolos seus aspectos, principalmente en relación coa clientela e buscando a óptima explotación das instalacións productivas, procurando a súa máxima e efectiva funcionalidade.

-Fixar cando proceda, os rendementos esixibles, tanto dos centros de traballo ou establecementos como dos postos de traballo que formen parte, todo iso de conformidade co previsto nos artigos 20, 64 e concordantes do Estatuto dos traballadores.

-Calquera outra facultade necesaria para o bo funcionamento do servicio que se preste nos centros de traballo e establecemento das empresas do sector, exercitadas de acordo coa legalidade vixente.

Artigo 16º.-Rendementos productivos.

De conformidade co previsto nos artigos 5 a) e 20.2º do Estatuto dos traballadores, estes realizarán a prestación dos seus servicios e tarefas concertados coas empresas, de conformidade cos principios de boa fe e dilixencia nos seus postos de traballo.

As empresas poderán, consecuentemente, implanta-los sistemas de medición do traballo e dos niveis de rendemento e productividade dos seus traballadores, que estime convenientes, de conformidade cos métodos obxectivos internacionalmente admitidos, logo da negociación cos representantes dos traballadores nas empresas. Nestes casos, os traballadores deberanse adaptar á productividade establecida obxectivamente.

En relación coa calidade do servicio prestado, o traballador axustarase igualmente ás instruccións que a empresa indique no exercicio regular das súas funcións directivas, considerándose que o tipo de actividade que se desenvolva no sector e nas súas empresas depende, en gran medida, da captación e mantemento do maior número de clientes posibles. Para estes efectos fomentarase a formación en técnicas de calidade, por parte das empresas.

Polo tanto, soste-los niveis de ocupación adquiridos depende do cumprimento destas instruccións en relación coa prestación do servicio e da plena satisfacción do cliente.

A conducta laboral dos traballadores ten a esixencia imposta dunha correcta relación co cliente, destinatario do servicio, polo tanto, evitarase calquera conducta ou comportamento que poida redundar negativamente na continuidade e satisfacción do cliente.

Artigo 17º.-Mobilidade funcional.

Co obxecto de que os traballadores manteñan a ocupación efectiva durante toda a súa xornada laboral, a dirección, en méritos de mobilidade funcional, poderá adxudicar ó persoal outros traballos ou funcións conformes cos seus grupos profesionais, aínda que non sexan encadrados dentro da categoría que ocupe o traballador.

Tendo en conta o mesmo principio de mobilidade, as empresas poderán cambia-los seus traballadores, en ou dentro da súa xornada laboral habitual, de centro de traballo cando estes se atopen no mesmo municipio.

Naquelas cidades nas que exista área metropolitana de influencia, en relación cun municipio, esta mobilidade poderá comportar que o traballador sexa destinado a prestar servicio en ou dentro da súa xornada laboral habitual, no seu establecemento ou centro de traballo de adscrición ou noutro ou outros centros de traballo situados en municipios limítrofes que compoñan esta área metropolitana de influencia.

A mobilidade funcional farase sen prexuízo da dignidade do traballador e sen prexuízo da súa formación e promoción profesional, tendo dereito á retribución correspondente ás funcións que efectivamente realice, menos naqueles casos de adxudicación de traballos inferiores, nese caso manterá a retribución orixinal. Non se poderán invoca-las causas de despido obxectivo de ineptitude sobrevida ou de falta de adaptación, nos supostos de realización de traballos diferentes dos habituais, como consecuencia da mobilidade funcional.

A menos que as partes acorden outra cousa, o tempo utilizado no desprazamento considerarase como traballo efectivo se coincide coa súa xornada habitual, téndose que aboar sempre ós traballadores os gastos ocasionados polo desprazamento.

Artigo 18º.-Traballos de categoría profesional superior.

En razón dunha mellor organización as empresas poderán destinar ós traballadores a realizar tarefas e traballos propios dunha categoría profesional superior, do mesmo grupo profesional.

A realización de funcións ou tarefas superiores ás da categoría profesional que ocupe o traballador, por un período de seis meses durante un ano ou oito meses durante dous, permitirá ó traballador solicitar ascensos ou a cobertura da vacante correspondente a estas funcións e tarefas desenvolvidas, se a esto non se opón o que dispón este convenio colectivo. A diferencia salarial correspondente aboarase desde o primeiro día.

Artigo 19º.-Traballos de categoría profesional inferior.

Se por necesidades perentorias ou urxentes da actividade, a empresa precisa destinar un traballador a tarefas correspondentes a categoría inferior á súa, só poderá facelo polo tempo imprescindible, mantendo en todo caso a súa retribución e demais dereitos inherentes á súa categoría profesional e comunicándoo cando proceda, á representación legal dos traballadores da empresa.

Artigo 20º.-Polivalencia funcional.

Existirá polivalencia funcional cando un traballador desenvolva un posto de traballo que comporte funcións e tarefas propias de máis dunha categoría profesional.

Nestes casos, corresponderá outorgar ó traballador a categoría profesional e retribucións que sexan prevalentes en relación coas restantes tarefas e funcións complementarias concorrentes no seu posto de traballo, con independencia de que pertenzan a categoría profesional diferente á súa.

Artigo 21º.-Mobilidade xeográfica.

Enténdese por mobilidade xeográfica, de conformidade co establecido no artigo 40 do Estatuto dos traballadores, tanto o desprazamento como o traslado do traballador do seu posto habitual onde presta servicios a outro onde a dirección da empresa interesa a súa prestación laboral.

No suposto de traslado dun establecemento ou centro de traballo da empresa a outro, que esixa un cambio de residencia do traballador, este terá dereito á compensación económica dos gastos que ocasione, de conformidade todo iso co referenciado artigo 40 do Estatuto dos traballadores, aboándose a quilometraxe por conta do traballador, de existir, a razón de 24 ptas. por quilómetro, como mínimo.

No caso de desprazamento haberá que aterse igualmente ó que dispón o artigo 40.4º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 22º.-Conceptos salariais.

A totalidade das percepcións económicas dos traballadores, en cartos ou en especie, pola prestación profesional dos seus servicios laborais, xa retribúen traballo efectivo ou os períodos de descanso, computables como traballo, terán a consideración de salario.

Artigo 23º.-Principio de non discriminación.

A prestación dun traballo de igual valor débese retribuír co mesmo salario, sen ningunha discriminación.

Artigo 24º.-Conceptos non salariais.

Non terán a consideración de salario as cantidades recibidas polos traballadores en concepto de indemnizacións ou suplidos por gastos realizados como consecuencia da súa actividade laboral, así como as prestacións e indemnizacións correspondentes a traslados, suspensións, rescisións de contrato, despidos e xubilacións.

Artigo 25º.-O salario. O seu aboamento e acreditación.

O salario, a menos que se indique outra cousa no contrato de traballo, corresponderá sempre a unha dedicación do traballador por unha actividade productiva normal e dentro da xornada ordinaria establecida. Polo tanto, quen non realice a xornada prevista neste convenio colectivo, de forma inxustificada, percibirá o salario proporcional á xornada real e efectiva que desenvolve.

O salario será aboado por meses vencidos, o derradeiro día hábil ou a máis tardar dentro dos tres primeiros días do mes seguinte. As cargas fiscais e de Seguridade Social por conta do traballador serán satisfeitas por este, sendo nulo todo pacto en contra.

O persoal poderá recibir anticipos por conta do salario acreditado polo traballo realizado antes que chegue o día indicado para o aboamento. En ningún caso o anticipo poderá ser de importe superior ó do salario neto que vai recibir cando corresponda, que poderá incluí-la parte proporcional das pagas extras se se solicita expresamente.

O salario irá necesariamente documentado nunha folla de nómina ou percepcións que se entregará ó traballador individualmente e como xustificante do pagamento realizado.

Este recibo axustarase ó modelo oficial do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, a menos que por acordo entre a empresa e os representantes dos traballadores se establece outro modelo, que conterá, coa debida claridade e separación, os diferentes conceptos retributivos que compoñen o salario do traballador, así como as deduccións que corresponden.

Artigo 26º.-Estructura do salario.

Na estructura do salario distinguirase o salario base e os complementos do salario.

Considerarase salario base a parte da retribución do traballador fixada por unidade de tempo ou de obra, en función da súa cualificación profesional.

Consideraranse complementos salariais as cantidades que, se é o caso, se teñan que engadir ó salario base, fixadas en función de circunstancias relativas ás condicións persoais do traballador, ó traballo realizado ou á situación e/ou resultados da empresa.

Os complementos salariais deberán quedar incluídos necesariamente nalgunha ou nalgunhas das seguintes modalidades:

De posto de traballo: abranguerán aquelas complementos que teña que recibir, se é o caso, o traballador, por razón das características do posto de traballo ou da forma de realizar a súa actividade profesional, que comporte conceptuación diversa daquelo que sería a retribución pola súa cualificación profesional. Estes complementos son de índole funcional e a súa percepción depende exclusivamente do exercicio profesional no posto asignado. Neste grupo incluiranse quebranto de moeda, complemento de idioma, nocturnidade, etc.

De calidade ou cantidade de traballo: o traballador recibiraos, se procede, en razón dunha mellor calidade ou unha mellor cantidade, vaian ou non unidos a un sistema de retribución por rendemento.

De natureza persoal: serán aqueles complementos que o traballador percibe por algún tipo de vencellamento ou característica persoal. Teñen a consideración de consolidables. Neste grupo estaría incluída a gratificación por antigüidade.

Artigo 27º.-Antigüidade.

O complemento persoal de antigüidade rexerase polas seguintes normas:

1. Aboarase unha porcentaxe non acumulable, de acordo coa seguinte escala:

-Ós tres anos de antigüidade recibirase o 3% sobre o salario base.

-Ós cinco anos de antigüidade recibirase o 5% sobre o salario base.

-Ós dez anos de antigüidade recibirase o 10% sobre o salario base.

-Ós quince anos de antigüidade recibirase o 15% sobre o salario base.

-Ós vinte anos de antigüidade recibirase o 20% sobre o salario base.

-Ós vintecinco anos de antigüidade, recibirase o 25% sobre o salario base.

2. O aboamento efectuarase no recibo mensual do mes no que se cumpla a antigüidade de que se trate.

3. Os traballadores que á entrada en vigor deste convenio colectivo estean recibindo polo complemento de antigüidade cantidades superiores ás que resulten do aquí pactado, continuarán cobrando a diferencia ó seu favor como complemento persoal non absorbible e consolidable, actualizable na mesma porcentaxe que o faga o salario base do traballador, trasladando o resto ó complemento persoal de antigüidade definido neste artigo que quedará sometido ó determinado neste.

Artigo 28º.-Pagas extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal, así como a paga extra de beneficios que pasa a denominarse paga de marzo, consistirán no aboamento de 30 días de salario base, plus convenio máis antigüidade. A gratificación de xullo debe ser aboada como data tope o día 15 do indicado mes.

A paga de Nadal será aboada antes do 15 de decembro e a paga de beneficios, agora denominada de marzo, farase efectiva antes do 15 de marzo dese ano natural. En ningún caso poderá fraccionarse o pago das indicadas gratificacións.

O feito de que a actual paga de beneficios pase a denominarse paga de marzo non significará que os traballadores teñan dereito a unha nova paga que dependa dos resultados empresariais.

Os traballadores que se incorporen ó servicio militar forzoso ou á prestación social substitutoria e que leven un mínimo dun ano ó servicio da empresa, recibirán nas datas normais do seu aboamento as gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal, sempre que venzan durante a súa permanencia en filas e sempre que ó incorporarse non solicitase a baixa definitiva.

Artigo 29º.-Complemento de transporte e quebranto de moeda.

Establecerase para compensar ós traballadores polos gastos que lles ocasiona o seu desprazamento habitual ó centro de traballo desde o seu domicilio. O seu importe reflectido na táboa anexa, refírese ós días laborais de cada mes, percibirase en once mensualidades excluído o mes vacacional, e é diferente segundo se encontre o centro do traballo nas cidades da Coruña, Vigo ou Santiago de Compostela ou no resto de poboacións da Comunidade Autónoma.

Igualmente establécese un complemento de 500 pesetas mensuais (3 euros) por once mensualidades, de quebranto de moeda, para compensar ós traballadores dos riscos ou prexuízos padecidos con ocasión de realizar operacións monetarias, suxeitas a perdas, erros en cobros e pagos, etc.

Artigo 30º.-Axudas de custo.

Establécese a contía de 2.000 ptas. (12,02 euros) para o valor da media axuda de custo -unha comida ó día e de 4.000 ptas. (24,04 euros) para o valor da axuda de custo enteira, sendo por conta da empresa tanto o importe do transporte como o do alugamento se o houbese.

Artigo 31º.-Horas extraordinarias.

Son aquelas horas que se realizan en exceso da xornada contractual establecida ou, en todo caso, da que este convenio colectivo establece. A súa execución terá carácter voluntario para o traballador, a menos que sexan requiridas para reparar sinistros, ou en situacións de extrema urxencia e necesidade ou por prevención de danos extraordinarios.

Tanto as horas extraordinarias compensadas con descanso como as efectuadas para previr ou reparar danos imprevistos e urxentes non se terán en conta

para o cómputo do número máximo de horas extras autorizadas legalmente.

As táboas de horas extras únense como anexo.

Artigo 32º.-Complemento de IT.

Nos casos de incapacidade transitoria derivada de accidente de traballo acaecido dentro do horario laboral, así como de incapacidade temporal derivada de enfermidade común que requira hospitalización con intervención cirúrxica, a empresa virá obrigada a completa-las prestacións económicas correspondentes da Seguridade Social ata o 100% do salario mensual, durante o prazo máximo de 90 días.

Artigo 33º.-Xornada.

A xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo (equivalente a 1.800 horas/ano en cómputo global).

A xornada laboral diaria poderá ser continuada ou partida, estenderse de luns a domingo, cos descansos entre xornada e semanal correspondentes, en quendas de mañá, tarde ou noite cando se traballe as 24 horas por día e cun mínimo e un máximo de traballo por día, sempre que en cómputo mensual, bimensual ou trimestral se adapte ó módulo de xornada de 40 horas semanais efectivas.

A máis tardar dentro do primeiro trimestre do ano, establecerase un calendario laboral específico para cada traballador ou posto de traballo, no que constará a distribución dos días de traballo ó ano, o horario, os descansos, os festivos, as vacacións e as quendas e horarios diarios ou semanais, cadrando necesariamente o total da xornada anual.

Artigo 34º.-Descanso semanal.

Os descansos entre xornada diaria de doce horas e o semanal de dous días ou corenta e oito horas, poderán ser computados e acumulados nos termos do artigo 37.1º do Estatuto dos traballadores, de forma que resulten finalmente satisfeitos tales períodos de descanso. En todo caso, o descanso entre xornada nunca será inferior a doce horas.

Artigo 35º.-Días festivos.

Os traballadores afectados por este convenio colectivo terán dereito ós días festivos que legalmente lles correspondan a teor do respectivo calendario laboral. No caso de que non puidesen gozar dun determinado día festivo por coincidirlles en día de traballo compensarase por outro en xornada distinta, como máximo dentro do trimestre seguinte e, preferentemente, a continuación dun descanso semanal.

Os días 24 e 31 de decembro consideraranse festivos desde as 21 horas ata as 7 horas do día seguinte.

Artigo 36º.-Traballo en quendas e traballo nocturno.

Naquelas empresas, establecementos ou centros de traballo en que se traballe en quendas de xornada continuada, co descanso regulamentario de 15 minutos, fixaranse tres quendas, unha de mañá, outra de tarde e outra de noite, de forma que determinados traballadores ocuparán sucesivamente o mesmo posto de traballo, dentro dunha xornada, debéndose ter

en conta a rotación entre as quendas e coa garantía de que ningún traballador agás adscrición voluntaria, permanecerá máis de dúas semanas continuadas na quenda de noite.

Terá a consideración de horario nocturno aquel que comprenda desde as 22 horas da noite ás 6 horas da madrugada.

En traballo nocturno percibirase un complemento de nocturnidade do 25% do salario base, agás no persoal contratado ex profeso para xornada nocturna e do cal parte do salario fixarase en función de tal circunstancia.

O traballador menor de dezaoito anos non poderá ser adscrito a quenda ou xornada nocturna nin realizar horas extraordinarias ata a maioría de idade.

Artigo 37º.-Vacacións.

A licencia anual regulamentaria consistirá en 30 días naturais que serán aboados a razón de 30 días de salario real, o día hábil anterior ó seu comezo. Para a determinación do salario real que vai recibir durante o mes de vacacións, terase en conta a media do salario real percibido durante os tres meses anteriores. As vacacións realizaranse durante todo o ano, quedando a posibilidade de concentralas dentro dos cinco meses de verán, de xuño a outubro, sometido á organización e necesidades de cada empresa. En ningún caso o período de vacacións poderase iniciar en festivo.

Satisfaranse de forma continuada agás acordo entre as partes para fraccionalas.

As empresas proporán ós traballadores dentro do primeiro trimestre de cada ano, a distribución dos diversos períodos vacacionais dos seus traballadores, baseadas fundamentalmente tanto nas solicitadas polos traballadores como, en caso de coincidencia, na vinculación á empresa, a idade do traballador ou que teña ou non familia ó seu cargo, se é o caso poderase procurar a coincidencia do período vacacional laboral co escolar. Se durante o período vacacional coincidira algún festivo oficial, compensarase o dito día con outro suplementario, na forma indicada no artigo 34º.

En ningún caso as vacacións son compensables economicamente e a súa realización efectiva caducará, a menos que exista acordo expreso entre as partes, o derradeiro día do ano natural correspondente.

Artigo 38º.-Permisos retribuídos.

Os traballadores afectados por este convenio, logo de aviso á empresa e posterior xustificación, poderán ausentarse ou faltar ó traballo con dereito a seguir mantendo á súa remuneración como se prestasen servicio, unicamente por algún dos motivos e durante os períodos seguintes:

A) Por matrimonio: 15 días.

B) En caso de morte do cónxuxe, ascendentes, avós e pais políticos, descendentes, irmáns e irmáns políticos: 2 días se o feito acontece na mesma provincia e 5 días se sucede fóra desta.

C) No caso de operación de familiares descritos na letra B, o permiso necesario para visitalos ata oito horas distribuídas durante unha semana.

D) Por nacemento de fillo: 2 días naturais e no caso de desprazamento fóra da provincia, 4 días naturais.

E) Un permiso postoperatorio de 24 horas naturais inmediatas á intervención cirúrxica con hospitalización dalgún familiar descrito no punto B.

F) Por cambio do domicilio habitual: 1 día.

G) Pola consulta ó médico especialista: o traballador presentará á empresa o correspondente volante médico do de cabeceira que propoña a visita ó médico especialista e posteriormente, o traballador deberá xustificar documentalmente o tempo utilizado. Na segunda e posteriores visitas ó especialista, co xustificante deste será suficiente.

H) 2 días nos casos de accidente, enfermidade grave ou hospitalización de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou 5 se necesita un desprazamento fóra da provincia.

I) 1 día por voda dun parente de primeiro grao.

J) Ós traballadores que ocupen cargo de representación sindical concederáselles o permiso horario que legal ou convencionalmente estea establecido.

K) As traballadoras ou os traballadores, por lactación do seu fillo menor de nove meses, teñen dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderán dividir en dúas fraccións. Tamén, se é a súa vontade, poderán substituír este dereito por unha reducción da xornada habitual que realicen, en media hora. Este permiso poderá ser satisfeito indistintamente polo pai ou a nai, no caso de que ámbolos dous traballen e incrementado proporcionalmente ó número de fillos no caso de partos múltiples.

L) As traballadoras embarazadas terán dereito a ausentarse do seu traballo, con dereito a remuneración, para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación do parto, logo de avisar ó empresario e xustifica-la necesidade da súa realización dentro da xornada de traballo.

M) Quen por razón de garda legal teña ó seu cargo directo algún menor de seis anos ou a un diminuído físico ou psíquico ou sensorial que non realice ningunha actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo coa diminución proporcional do salario ou retribución, polo menos, dun tercio e, como máximo, da metade da duración daquela.

Terá o mesmo dereito quen se precise encargar do coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non se poida valer por si mesmo e que non desempeñe actividade retributiva.

A reducción da xornada recollida no presente punto constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito

para o mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

A concreción horaria e a determinación do período de goce do permiso de lactación e da reducción de xornada, previstos nos anteriores puntos deste artigo, corresponderá ó traballador, dentro da súa xornada horaria. O traballador deberá preavisar ó empresario con quince días de antelación á data en que se reincorporará á súa xornada ordinaria.

N) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

Terá a mesma consideración que o matrimonio, a parella de feito estable, legalamente acreditada, con relación ós permisos aquí descritos, agás para o da letra A).

Artigo 39º.-Excedencias.

As excedencias poderá ter carácter de voluntarias ou forzosas. Unicamente a excedencia forzosa e cando así se estableza legalmente, comportará reserva de posto de traballo e computará a súa duración para os efectos de antigüidade.

Tódalas excedencias será solicitadas por escrito e a menos que legalmente se dispoña o contrario, as voluntarias poderán ser utilizadas polo traballador con contrato indefinido e que acrediten como mínimo un ano de antigüidade na empresa.

1. A excedencia forzosa, logo de comunicación fidedigna á empresa, concederase nos seguintes supostos:

a) Por designación ou elección a cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo.

b) Por enfermidade, unha vez transcorrido o prazo da incapacidade temporal e por todo o tempo que o traballador permaneza en situación de invalidez provisional.

c) Por prestación do servicio militar ou sustitutivo e durante toda a duración desta.

d) Polo exercicio de funcións sindicais de ámbito provincial ou superior sempre que daquela central sindical de que se trate teña acreditada representatividade suficiente.

e) Por nacemento ou adopción dun fillo, así como nos supostos de acollemento e para antender ó coidado dun familiar, nas condicións e de conformidade todo eso co disposto no artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

O traballador en excedencia forzosa deberá de reincorporarse á empresa no termo máximo dos trinta días naturais seguintes ó cesamento da función ou desaparición da causa ou motivo orixinario deste período de suspensión contractual. De non realiza-la neste prazo entenderase decaída a reserva do posto de traballo e o traballador pasará a ter a mesma condición que o excedente de carácter voluntario, a menos que acredite o dereito de nacemento dun novo período de excedencia forzosa.

2. A excedencia voluntaria solicitarase igualmente por escrito e coa máxima antelación posible á empresa e poderán facelo aqueles traballadores con vinculación á empresa de máis dun ano.

A excedencia voluntaria poderase conceder polas empresas por un período mínimo de doce meses ininterrompidos e un máximo de cinco anos. Iniciarase sempre o primeiro día do mes que corresponda e entederase finalizada o derradeiro día do derradeiro mes natural do prazo solicitado.

O traballador con excedencia voluntaria conserva o dereito preferente ó reingreso no establecemento, nas vacantes de igual ou similar categoría profesional á que el ocupa no momento da solicitude sempre e cando manifeste por escrito á empresa, de forma indubidada, á súa intención de reingresar cunha anticipación mínima de trinta días naturais ó da finalización efectiva da excedencia, agás pacto individual máis beneficioso acordado entre a empresa e o traballador.

Artigo 40º.-Extinción do contrato de traballo.

As causas, formas, procedementos e efectos tanto das suspensións como das extincións colectivas de contrato de traballo son as establecidas na lexislación vixente ou por acordo entre os traballadores e a dirección dun establecemento ou dunha empresa.

No referente á extición individual do contrato de traballo por vontade do traballador establécese que quen desexe cesar voluntariamente no servicio á empresa estará obrigado a poñelo en coñecemento desta, por escrito, cumprindo os seguintes prazos mínimos de preaviso:

-Persoal superior, técnico e administrativo: un mes natural.

-Resto do persoal: quince días.

O incumprimento por parte do traballador desta obriga de preavisar coa suficiente antelación dará dereito a que se lle desconte da liquidación final o importe do salario real dun día por cada día de retraso no preaviso, máis ó seu equivalente en partes proporcionais.

De cumpri-lo traballador o preaviso estipulado, se a empresa non lle entrega ou aboa a pertinente liquidación final por todo o último día de traballo e iso non se debe ó rexeitamento inxustificado desta por parte do traballador, este terá dereito a que se lle aplique o importe da liquidación final, a partir do mencionado día, do interese por mora que legamente estea establecido.

No caso de extinción do contrato de traballo por expiración do prazo contraído, a empresa obrigarase en contratos de modalidade temporal, os cales terán unha duración que supere os doce meses consecutivos, a preavisar ó traballador desta decisión, polo menos con quince días de naturais de antelación. De non cumprir este preaviso, ou facelo de forma parcial, coa liquidación final aborase ó traballador o importe dun día de salario por cada día de prazo incompleto co máximo de quince días de salario.

Artigo 41º.-Gratificacións ós xubilados.

O persoal que levando 15 anos ó servicio da empresa se xubile entre os 60 e 65 anos, (entendéndose que se extingue este dereito unha vez transcorridos 90 días naturais desde o cumprimento desta última idade) recibirá desta unha gratificación por unha soa vez, de acordo coas seguintes táboas:

350.000 ptas. (2.103,54 euros) se se xubila ós 60 anos.

300.000 ptas. (1.803,03 euros) se se xubila ós 61 anos.

250.000 ptas. (1.502,53 euros) se se xubila ós 62 anos.

200.000 ptas. (1.202,02 euros) se se xubila ós 63 anos.

150.000 ptas. (901,52 euros) se se xubila ós 64 anos.

100.000 ptas. (601,01 euros) se se xubila ós 65 anos.

Establécese a xubilación obritatoria ós 65 anos sempre que o traballador teña acreditada carencia suficiente para ter dereito á pensión de xubilación.

Artigo 42º.-Xubilación.

Os traballadores interesados na xubilación parcial poderán concertar de común acordo coa empresa o pertinente contrato de relevo de conformidade co previsto no artigo 4.4º da Lei 10/1994 e o artigo 15.2º do Estatuto dos traballadores.

Igualmente, de conformidade co Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, aqueles traballadores con sesenta e catro anos cumpridos que desexen acollerse á xubilación co 100% dos seus dereitos, de mutuo acordo coa empresa, serán substituídos por outros traballadores perceptores de prestacións por desemprego ou mozo demandante de primeira ocupación, mediante contrato de igual natureza ó que se extinga coa xubilación.

Artigo 43º.-Clases de faltas.

As faltas cometidas polos traballadores ó servicio das empresas clasificaranse atendendo á súa importancia e, se é o caso, á súa reincidencia, en leves, graves e moi graves, de conformidade con aquelo que dispoñen os artigos seguintes:

Artigo 44º.-Faltas leves.

Considéranse faltas leves as seguintes:

1. Ata tres faltas de puntualidade nun mes sen motivo xustificado.

2. A non comunicación con corenta e oito horas como mínimo de antelación de calquera faltas de asistencia ó traballo por causas xustificadas, a non ser que acredite a imposibilidade de facelo.

3. O abandono do centro ou posto de traballo sen causa ou motivo que o xustifique, ainda que por pouco tempo, sempre que este abandono non sexa prexudicial para o desenvolvemento da actividade productiva da empresa ou cause danos ou accidentes ós seus compañeiros de traballo, no seu caso poderá ser considerada como grave ou moi grave.

4. A falta de atención e dilixencia debidas no desenvolvemento do traballo encomendado, sempre e cando non cause prexuízo de consideración á empresa ou ós seus compañeiros de traballo, no seu caso poderá ser considerada como grave ou moi grave.

5. Non comunicar á empresa calquera variación da súa situación persoal que teña incidencia non laboral, como o cambio de residencia habitual.

6. A falta de acondicionamento ou de limpeza persoal cando isto ocasione reclamacións ou queixas dos seus compañeiros ou xefes.

7. As faltas de respecto de escasa consideración tanto ós seus compañeiros como a terceiras persoas, sempre que isto se produza con motivo ou ocasión do traballo.

8. A inobservancia das normas en materia de prevención de riscos e saúde laboral, que non comporten risco grave para o traballador, nin para ós seus compañeiros ou terceiras persoas.

9. As discusións sobre asuntos extraños ó traballo na xornada laboral. Se estas discusións producisen escándalos ou alborotos, poderán ser consideradas como faltas graves ou moi graves.

Artigo 45º.-Faltas graves.

Considéranse faltas graves as seguintes:

1. Máis de tres faltas de puntualidade nun mes ou ata tres cando o retrase sexa superior a 15 minutos en cada unha delas e sen causa que o xustifique.

2. Faltar un ou dous días ó traballo durante un mes, sen causa que o xustifique.

3. Non presta-la dilixencia ou atención debidas no traballo encomendado, que poida supoñer risco ou prexuízo de certa consideración para o propio traballador, os seus compañeiros, a empresa ou terceiros.

4. A inobservancia das normas en materia de prevención de riscos e saúde laboral ou o incumprimento das instruccións empresariais nas mesmas materias, cando supoñan risco grave para o traballador, os seus compañeiros ou terceiros, así como negarse ó uso dos medios de seguridade facilitados pola empresa.

5. A desobedencia ós superiores en calquera materia de traballo, sempre que a orde non implique condición humillante ou atendo contra a liberdade sexual do traballador ou comporte risco para a saúde ou a vida, tanto del como doutros compañeiros.

6. Calquera alteración ou falsificación de datos personais ou laborales relativos ó propio traballador ou ós seus compañeiros.

7. Realizar sen o oportuno permiso traballos particulares no centro de traballo, así como utilizar para uso propio instalacións ou bens da empresa, tanto dentro como fóra dos locais de traballo, a non ser que se teña a oportuna autorización.

8. A dimunición voluntaria e ocasional no rendemento do traballo.

9. Proporcionar datos reservados ou información da empresa a persoas alleas sen a debida autorización para iso.

10. Non advertir inmediatamente ós seus xefes, ó empresario ou a quen o represente, de calquera anomalía, avaría, accidente ou feito inusual que

observe nas instalacións, maquinaria, locais ou do persoal.

11. Introducir ou facilitar o acceso ó centro de traballo a persoas non autorizadas.

12. A neglixencia grave na conservación ou na limpeza de materiais e máquinas que o traballador teña o seu cargo.

13. A embriaguez ocasional durante o traballo así como encontrarse afectado, tamén ocasionalmente e durante o traballo, por substancias cualificadas como drogas ou estupefacientes.

14. Utiliza-los vehículos dos clientes para dormir, escoita-la radio, etc.

15. Durmir en horas de traballo.

16. A reincidencia en calquera falta leve dentro do trimestre cando mediase amonestación por escrito da empresa.

Artigo 46º.-Faltas moi graves.

Consideraranse faltas moi graves as seguintes:

1. Máis de doce faltas de puntualidade non xustificadas cometidas no período de tres meses ou vintecatro en seis meses.

2. Faltar ó traballo máis de dous días consecutivos ou catro alternos ó mes sen causa ou motivo que o xustifique.

3. A fraude, a deslealdade ou o abuso de confianza no traballo, xestión ou actividade encomendados, así como a utilización de vehículos dos clientes sen autorización.

4. A conducta dolosa ou imprudente no desenvolvemento do traballo encomendado ou cando a forma de realiza-lo implique dano ou risco de accidente ou perigo grave de avaría para as instalacións ou maquinaria da empresa.

5. A embriaguez habitual e drogodependencia manifestada durante o traballo.

6. O mal trato de palabra ou obra, ou faltas de respecto e consideración ós superiores compañeiros ou subordinados, abarcando todo iso ofensas verbais ou agresións físicas de natureza sexual.

7. A imprudencia ou neglixencia inescusables así como incumprimento das normas sobre prevención de riscos e saúde laboral cando produzan perigo ou sexan causantes de accidente laboral grave, de prexuízo grave ós seus compañeiros ou a tercerios, ou danos graves á empresa.

8. O abuso de autoridade.

9. A diminución continuada e voluntaria no rendemento do traballo normal ou pactado.

10. A desobediencia continuada ou persistente.

11. O abandono do posto de traballo sen xustificción, especialmente en postos de traballo de mando ou responsabilidade, ou cando iso ocasione evidente prexuízo para a empresa ou poida chegar a ser causa de accidente laboral para o traballador, ós seus compañeiros ou terceiros.

12. A apropiación do importe dos servicios prestados, calquera que sexa a súa contía, así como non entregar tiquets, deixar de sela-los ou de rexistrar calquera entrada ou saída de vehículos, ou servicio prestado, a menos que sexan vehículos abandoados ou autorizados pola empresa, e en xeral, calquera ocultación, substración ou manipulación co fin análogo.

13. A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de diversa natureza, dentro do mesmo semestre, sempre que fora obxecto de sancións que cobrar firmeza.

Artigo 47º.-Sancións aplicables.

1. As sancións que as empresas poidan aplicar sengundo a gravidade e circunstancias das faltas cometidas serán as seguintes:

A) Faltas leves:

a) Amonestación verbal.

b) Amonestación escrita.

B) Faltas graves:

a) Suspensión de emprego e soldo de un a des días.

C) Faltas moi graves:

a) Suspensión de emprego e soldo de once a trinta días.

b) Despedimento.

2. Para a aplicación e gradación das sancións que anteceden no punto 1 teranse en conta:

O maior ou menor grao de responsabilidade do que comete a falta.

A repercusión do feito nos demáis traballadores e na empresa.

3. Previamente á imposición de sancións por faltas graves ou moi graves, ós que teñan a condición de representante legal ou sindical, seralles instruído expediente contradictorio por parte da empresa, no que serán escoitados ademais do interesado, os restantes membros da representación á cal pertence se exite.

A obriga de instruír expediente contradictorio ó representante indicado anteriormente esténdese ata o ano seguinte ó cesamento no devandito cargo representativo.

4. Naqueles supostos en que a empresa pretenda impoñer unha sanción ós traballadores afiliados a un sindicato, haberá, con carácter previo á imposición desta medida, dar audiencia ós delegados sindicais da empresa, se existen, ou á sección sindical se estivera constituída nesta.

5. Das sancións por faltas graves ou moi graves informarase ós representantes dos traballadores.

6. As faltas leves prescriben ós dez días, as graves ós vinte días e as moi graves ós sesenta días a partir da data en que a empresa ten coñecemento da súa comisión e en todo caso, ós seis meses de que se cometera.

Disposicións adicionais

Primeira.-Para a adecuación e regularización das percepcións dos traballadores nos recibos de sala

rios, en relación cos que ata a data viñan percibindo, actuarase da seguinte forma:

Tomarase a totalidade das retribucións brutas anuais do traballador, incluídos toda clase de complementos salariais e extrasalariais e pagas extras, excluíndo a antigüidade, nocturnidade se a houbese e as horas extras.

Axustaranse os conceptos do actual convenio colectivo e a diferencia que resulte ó seu favor, comparando un e outro cálculo, consolidarase nun complemento voluntario.

Segunda.-Os conceptos salariais quedarán actualizados de acordo coas táboas dos anexos e a anterior disposición adicional, no recibo de salarios correspondente ó mes seguinte da publicación do presente convenio colectivo no Diario Oficial de Galicia. Igualmente, aboaranse o seguinte mes ó da súa sinatura os atrasos que puidesen corresponder ó traballador.

Terceira.-Aquelas empresas que por razóns económico-financeiras non poidan facer fronte, en todo ou en parte, ós incrementos pactados neste convenio colectivo poderán acollerse á non aplicación da totalidade ou parte destes, cando así o acorde a comisión paritaria do convenio.

A empresa que pretenda acollerse ó presente artigo iniciará o correspondente expediente de solicitude, dirixido á comisión paritaria do convenio colectivo de aparcamentos e garaxes de Galicia.

A comisión paritaria solicitará á empresa a documentación que considere necesaria e someteraa a estudio e comprobación dos seus membros.

A comisión paritaria poderá acorda-la non-aplicación en todo ou en parte do incremento salarial previsto neste convenio, en qué período e en qué condicións se volve a produci-la aplicación, na súa totalidade, do convenio colectivo.

A comisión paritaria do convenio colectivo deberá de emitir informe no prazo máximo de trinta días

desde o momento en que a empresa achegue a documentación solicitada.

No caso de non existir acordo da comisión paritaria, as partes someteranse ós mecanismos de mediación previsto no AGA.

Gardarase total sixilo profesional sobre a información e/ou documentación que se achegue por parte da empresa.

O incumprimento dos mecanismos previstos neste artigo, ou a ausencia de acordo determinará a obriga da empresa de cumprir escrupulosamente co contido íntegro do presente convenio colectivo.

Disposicións derradeiras

Primeira.-As táboas salariais corresponden ó ano 1999 e sobre estas aplicarase, no ano 2000, un incremento do IPC real fixado polo Goberno máis œ punto máis e tamén se actuará do mesmo xeito no ano 2001. Dentro do primeiro trimestre de cada ano, no caso de existir algunha desviación respecto do IPC aplicado ó inicio do exercicio anterior, actuarase en consecuencia, adaptando as táboas ó IPC real e definitivo e, de existir, aboaranse as diferencias salariais e atrasos que puidesen existir.

Nos centros de traballo que perciban o complemento de transporte do anexo I, sen prexuízo de aplica-lo IPC real máis œ punto sobre o salario base e o complemento de convenio, o dito plus de transporte fixase en 3.000 ptas. mensuais (18,03 euros) para o ano 2000 e en 4.000 ptas. mensuais (24,04 euros) para o ano 2001.

Segunda.-O presente convenio está redactado de acordo co principio de complementariedade do convenio colectivo xeral de ámbito nacional para o sector das empresas concesionarias e privadas de aparcamentos de vehículos e garaxes (BOE do 11 de marzo de 1998) e sen invadi-las materias reservadas ó devandito convenio colectivo, polo que será supletorio e complementario respecto do non previsto no presente.

ANEXO I

Táboas salariais para o ano 2000 (pesetas) para a Comunidade Autónoma de Galicia

Grupo profesional

Categoría

Salario base mensualComplemento convenio mensualSuma (salario base+Compl. Conv.)Compl. transporte mensualTotal anualValor horas extraordinarias

* Superior e técnicos
Técnico superior e licenciado95.61215.273110.8853.0001.696.2751.127,50
Técnico medio91.57414.606106.1803.0001.625.7001.081
Diplomado91.57414.606106.1803.0001.625.7001.081

Grupo profesional

Categoría

Salario base mensualComplemento convenio mensualSuma (salario base+Compl. Conv.)Compl. transporte mensualTotal anualValor horas extraordinarias

* Administrativo e informático
Xefe de servicio87.47713.971101.4483.0001.554.7201.030
Xefe de sección85.11613.59298.7083.0001.513.6201.004,50
Oficial 1ª administrativo80.97512.93693.9113.0001.441.665953
Oficial 2ª administrativo78.11512.47490.5893.0001.391.835922,50
Auxiliar administrativo76.25012.25988.5093.0001.360.635907
Aspirante administrativo71.83211.47083.3023.0001.282.530851
Telefonista75.89112.11688.0073.0001.353.105897
Ordenanza75.56312.07587.6383.0001.347.570892
Analista proceso de datos85.11613.59298.7083.0001.513.6201.004,50
Programador80.97512.93693.9113.0001.441.665953
Operador76.25012.25988.5093.0001.360.635907

* Explotación
Encargado85.11613.59298.7083.0001.513.6201.004,50
Axente aparcamento80.31212.83393.1453.0001.430.175948
Vendedor de billetes79.54012.71092.2503.0001.416.750943
Auxiliar aparcamento74.69211.93186.6233.0001.332.345881,50
Limpadora71.83211.47083.3023.0001.282.530851
Oficial mantemento80.31212.83393.1453.0001.430.175948
Axudante mantemento74.69211.93186.6233.0001.332.345881,50
(1) Aparcador xefe de quenda82.35213.15195.5033.0001.465.545974

(2) Categoría que se vai extinguir

ANEXO II

Táboas salariais para o ano 2000 (pesetas) para as cidades da Coruña, Vigo e Santiago de Compostela

Grupo profesional

Categoría

Salario base mensualComplemento convenio mensualSuma (salario base+Compl. Conv.)Compl. transporte mensualTotal anualValor horas extraordinarias

* Superior e técnicos
Técnico superior e licenciado95.61215.273110.8858.2001.753.4751.127,50
Técnico medio91.57414.606106.1808.2001.682.9001.081
Diplomado91.57414.606106.1808.2001.682.9001.081

* Administrativo e informático
Xefe de servicio87.47713.971101.4488.2001.611.9201.030
Xefe de sección85.11613.59298.7088.2001.570.8201.004,50
Oficial 1ª administrativo80.97512.93693.9118.2001.498.865953
Oficial 2ª administrativo78.11512.47490.5898.2001.449.035922,50
Auxiliar administrativo76.25012.25988.5098.2001.417.835907
Aspirante administrativo71.83211.47083.3028.2001.339.730851
Telefonista75.89112.11688.0078.2001.410.305897
Ordenanza75.56312.07587.6388.2001.404.770892
Analista proceso de datos85.11613.59298.7088.2001.570.8201.004,50
Programador80.97512.93693.9118.2001.498.865953
Operador76.25012.25988.5098.2001.417.835907

* Explotación
Encargado85.11613.59298.7088.2001.570.8201.004,50
Axente aparcamento80.31212.83393.1458.2001.487.374948
Vendedor de billetes79.54012.71092.2508.2001.473.950943
Auxiliar aparcamento74.69211.93186.6238.2001.389.545881,50
Limpadora71.83211.47083.3028.2001.339.730851
Oficial mantemento80.31212.83393.1458.2001.487.374948
Axudante mantemento74.69211.93186.6238.2001.389.545881,50
(1) Aparcador xefe de quenda82.35213.15195.5038.2001.522.745974

(2) Categoría que se vai extinguir

ANEXO III

Táboas salariais para o ano 2000 (euros) para a Comunidade Autónoma de Galicia

Grupo profesional

Categoría

Salario base mensualCompl. convenio mensualSuma (salario

base+Compl. Conv.)

Compl. transporte mensualTotal anualValor horas extraordinarias

* Superior y técnicos
Técnico superior e licenciado574,6491,79666,4318,0310.194,786,78
Técnico medio550,3687,78638,1418,039.770,436,50
Diplomado550,3687,78638,1418,039.770,436,50

* Administrativo e informático
Xefe de servicio525,7483,97609,7118,039.343,986,19
Xefe de sección511,5681,68593,4418,039.099,936,04
Oficial 1ª administrativo486,6777,75564,4218,038.664,635,73
Oficial 2ª administrativo469,4874,97544,4518,038.365,085,55
Auxiliar administrativo458,2773,68531,9518,038.177,585,45
Aspirante administrativo431,7268,93500,6518,037.708,085,12
Telefonista456,1172,82528,9318,038.132,285,39
Ordenanza454,1572,57526,7218,038.099,135,36
Analista proceso de datos511,5681,68593,4418,039.099,936,04
Programador486,6777,75564,4218,038.664,635,73
Operador458,2773,68531,9518,038.177,585,45

* Explotación
Encargado511,5681,68593,4418,039.099,936,04
Axente aparcamento482,6877,13559,8118,038.595,485,70
Taquillero/a478,0576,39554,4418,038.514,935,67
Auxiliar aparcamento448,9171,71549,7618,038.444,735,30
Limpadora431,7268,93500,6518,037.708,085,11
Oficial mantemento482,6877,13559,8118,038.595,485,70
Axudante mantemento448,9171,71549,7618,038.444,735,30
(1) Aparcador xefe de quenda494,9479,04573,9818,038.808,035,85

(2) Categoría que se vai extinguir

ANEXO IV

Táboas salariais para o ano 2000 (euros) para as cidades da Coruña, Vigo e Santiago de Compostela

Grupo profesional

Categoría

Salario base mensualComplemento convenio mensualSuma (salario

base+Compl. Conv.)

Compl. transporte mensualTotal anualValor horas extraordinarias

* Superior y técnicos
Técnico superior e licenciado574,6491,79666,4349,2810.538,536,78
Técnico medio550,3687,78638,1449,2810.114,186,50
Diplomado550,3687,78638,1449,2810.114,186,50

* Administrativo e informático
Xefe de servicio525,7483,97609,7149,289.687,736,19
Xefe de sección511,5681,68593,4449,289.443,686,04
Oficial 1ª administrativo486,6777,75564,4249,289.008,385,73
Oficial 2ª administrativo469,4874,97544,4549,288.708,835,55
Auxiliar administrativo458,2773,68531,9549,288.521,335,45
Aspirante administrativo431,7268,93500,6549,288.051,835,12
Telefonista456,1172,82528,9349,288.476,035,39
Ordenanza454,1572,57526,7249,288.442,885,36
Analista proceso de datos511,5681,68593,4449,289.443,686,04
Programador486,6777,75564,4249,289.008,385,73
Operador458,2773,68531,9549,288.521,335,45

* Explotación
Encargado511,5681,68593,4449,289.443,686,04
Axente aparcamento482,6877,13559,8149,288.939,235,70
Vendedor de billetes478,0576,39554,4449,288.858,685,67
Auxiliar aparcamento448,9171,71549,7649,288.788,485,30
Limpadora431,7268,93500,6549,288.051,835,11
Oficial mantemento482,6877,13559,8149,288.939,235,70
Axudante mantemento448,9171,71549,7649,288.788,485,30
(1) Aparcador xefe de quenda494,9479,04573,9849,289.151,785,85

(3) Categoría que se vai extinguir

ANEXO V

Antigüidade convenio 2000 (pesetas)

Grupo profesional

Categoría

Tramos

3 anos (3%)5 anos (5%)10 anos (10%)15 anos (15%)20 anos (20%)25 anos (25%)

* Superior e técnicos
Técnico superior e licenciado2.8684.7819.56114.34219.12223.903
Técnico medio2.7474.5799.15713.73618.31422.893
Diplomado2.7474.5799.15713.73618.31422.893

* Administrativo e informático
Xefe de servicio2.6244.3748.74813.12217.49621.870
Xefe de sección2.5534.2568.51212.76817.02421.280
Oficial 1ª administrativo2.4294.0498.09812.14716.19620.245
Oficial 2ª administrativo2.3433.9067.81211.71815.62419.530
Auxiliar administrativo2.2883.8137.62611.43915.25219.065
Aspirante administrativo2.1553.5927.18310.77514.36617.958
Telefonista2.2773.7957.58911.38415.17818.973
Ordenanza2.2673.7787.55611.33415.11218.890
Analista proceso de datos2.5534.2568.51212.76817.02421.280
Programador2.4294.0498.09812.14716.19620.245
Operador2.2883.8137.62611.43915.25219.065

* Explotación
Encargado2.5534.2568.51212.76817.02421.280
Axente aparcamento2.4104.0168.03112.04716.05220.078
Vendedor de billetes2.3863.9777.95411.93115.90819.885
Auxiliar aparcamento2.2413.7357.47011.20514.94018.675
Limpadora2.1553.5927.18310.77514.36617.958
Oficial mantemento2.4104.0168.03112.04716.05220.078
Axudante mantemento2.2413.7357.47011.20514.94018.675
(1) Aparcador xefe de quenda2.4704.1178.23512.35216.46920.586

(1) Categoría que se vai extinguir

ANEXO VI

Antigüidade convenio 2000 (euros)

Grupo profesional

Categoría

Tramos

3 anos (3%)5 anos (5%)10 anos (10%)15 anos (15%)20 anos (20%)25 anos (25%)

* Superior e técnicos
Técnico superior e licenciado17,2428,7357,4686,19114,92143,65
Técnico medio16,5127,5255,0482,56110,08137,60
Diplomado16,5127,5255,0482,56110,08137,60

* Administrativo e informático
Xefe de servicio15,7726,2952,5878,87105,16131,45
Xefe de sección15,3425,5751,1476,71102,28127,85
Oficial 1ª administrativo14,6024,3348,6672,9997,32121,65
Oficial 2ª administrativo14,0823,4746,9470,4193,88117,35
Auxiliar administrativo13,7522,9245,8468,7691,68114,60
Aspirante administrativo12,9521,5943,1864,7786,36107,95
Telefonista13,6822,8145,6268,4391,24114,05
Ordenanza13,6222,7045,4068,1090,80113,50
Analista proceso de datos15,3425,5751,1476,71102,28127,85
Programador14,6024,3348,6672,9997,32121,65
Operador13,7522,9245,8468,7691,68114,60

* Explotación
Encargado15,3425,5751,1476,71102,28127,85
Axente aparcamento14,4824,1448,2872,4296,56120,70
Taquilleiro/a14,3423,9047,8071,7095,60119,50
Auxiliar aparcamento13,4722,4544,9067,3589,80112,25
Limpadora12,9521,5943,1864,7786,36107,95
Oficial mantemento14,4824,1448,2872,4296,56120,70
Axudante mantemento13,4722,4544,9067,3589,80112,25
(1) Aparcador xefe de quenda14,8424,7449,4874,2298,96123,70

(2) Categoría que se vai extinguir