Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2000 Páx. 7.398

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2000, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se fixa o prazo para a presentación de solicitudes para a realización de convenios de reserva e ocupación de prazas en centros residenciais e vivendas tuteladas para a terceira idade e se establecen os prezos máximos de praza/día.

A Orde do 16 de maio de 1995, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se regula o establecemento de convenios de colaboración en materia de reserva e ocupación de prazas en centros residenciais e vivendas tuteladas para a terceira idade, establece a posibilidade de que estas poidan ofertar prazas para a súa reserva e ocupación, logo da sinatura do correspondente convenio.

O seu artigo 8.2º sinala que a Dirección Xeral de Servicios Sociais fixará anualmente o prazo para presentar solicitudes por parte das entidades interesadas na subscrición dos citados convenios.

Pola súa banda o artigo 6 determina que a Dirección Xeral de Servicios Sociais establecerá anualmente o custo máximo da praza/día ocupada.

Por todo isto, a directora xeral de Servicios Sociais, en uso das súas atribucións,

DISPÓN:

Primeiro.-O prazo para presentar solicitudes para a formalización dos convenios ós que se refiere a Orde do 16 de maio de 1995 será de tres meses desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Segundo.-O custo máximo por praza/día ocupada nos centros/vivendas cos que a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais estableza convenios de reserva e ocupación de prazas, durante o ano 2000 serán os seguintes:

-Prazas de persoas válidas: 3.633 ptas./día.

-Prazas de persoas asistidas: 6.659 ptas./día.

Terceiro.-As obrigas contraídas pola consellería para o financiamento das prazas conveniadas serán con cargo á aplicación orzamentaria 11.03.212.B.262.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2000.

Corina Porro Martínez

Directora xeral de Servicios Sociais