Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2000 Páx. 7.393

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 24 de abril de 2000 pola que se modifica a do 30 de xuño de 1999 pola que se anuncian subvencións en materia de tecnificación de empresas e creación de novos productos turísticos, así como a apertura dun novo prazo para a formulación de solicitudes de subvención.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, ó abeiro da Orde do 30 de xuño de 1999 (DOG nº 128, do 6 de xullo), convocou unha serie de axudas, en materia de tecnificación de empresas e creación de novos productos turísticos que complementen a oferta turística tradicional, coa finalidade de mellora-la competitividade da empresa turística galega, dentro do Plan Marco de Competitividade do Turismo Español (Plan Futures 1996-1999) e no ámbito do Real decreto 2346/1996, do 8 de novembro, polo que se establece un réxime de axudas e se regulamenta o seu sistema de xestión, seguindo os criterios básicos sobre o réxime de incentivos ó investimento productivo en Galicia sinalados no Decreto 309/1995, do 23 de novembro, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial da Comunidade Autónoma de Galicia así como ó establecido sobre medidas de fomento no artigo 73 da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia en

concordancia co sinalado no artigo 74 da dita lei.

Pero como queira que existe un remanente dos fondos para financia-los anteditos investimentos considérase oportuno, en aras a axudar ó cofinanciamento dos investimentos propostos para as finalidades anteditas polas nosas empresas turísticas, abrir novamente o prazo de solicitudes de subvención ó abeiro da referida Orde do 30 de xuño de 1999 e, así mesmo, seguindo os principios legais que rexen a actividade administrativa considerouse oportuno desconcentra-la xestión das novas solicitudes nas delegacións provinciais.

Por outra banda esta reapertura de prazo así como a determinación dun novo órgano competente para resolve-las modificacións introducidas na normativa sobre subvencións pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais, orzamentarias, de función pública e actuación administrativa fai que se reaxusten, á nova situación, diversos trámites administrativos

Polo exposto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Os puntos que se indican do artigo 5 da Orde do 30 de xuño de 1999 (DOG nº 128, do 6 de xullo) quedan redactados do seguinte xeito:

a) O primeiro parágrafo do punto 1:

Poderanse formular solicitudes de subvención en materia de tecnificación de empresas e creación de novos productos turísticos mediante solicitude dirixida ó delegado provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, correspondente á provincia de localización do investimento. Á dita solicitude, xuntaráselle a documentación, por exemplar duplicado, que se especifica no artigo 5 da referida Orde do 30 de xuño, en calquera das formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

b) O punto i):

1. Declaración de conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para a actividade obxecto desta orde, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades

2. Compromiso de:

* Someterse ás actuacións de comprobación para efectuar pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e ás de control financeiro que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvencións e axudas concedidas e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas.

* Comunicar á delegación provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo onde se sitúa o investimento obxecto de subvención

a obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera administración ou ente público nacional ou internacional.

* Reintegrar, total ou parcialmente, o importe percibido da subvención concedida así como os correspondentes xuros de demora devengados desde o momento do pagamento, nos seguintes casos:

-Por incumprimento dos compromisos e obrigas relacionados neste artigo.

-Non ter acadado, en tempo e forma, a finalidade para a que foi concedida a subvención.

-Incumprimento da obriga de xustificación nos prazos e termos establecidos nesta orde.

-Obte-la subvención sen reuni-los requisitos esixidos para a súa concesión.

-Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención.

-Supera-la porcentaxe máxima do investimento subvencionable que legalmente se estableza.

Artigo 2º

Os puntos 2º e 3º do artigo 6 da referida Orde do 30 de xuño quedan redactados do seguinte xeito:

a) Artigo 6.2º

Esta comisión, á vista dos expedientes e dos informes emitidos polos servicios provinciais, analizarán e cualificarán os proxectos e, tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias elevará ó órgano competente para resolver, proposta de concesión ou denegación de subvención. Dos acordos adoptados pola sinalada comisión redactarase a correspondente acta.

b) Artigo 6.3º

O órgano competente para resolve-la concesión ou se é o caso, de denegación de subvencions será, no ámbito territorial da súa competencia, o correspondente delegado provincial desta consellería, ó abeiro das competencias que lles atribúe o Decreto 88/1990, do 15 de febreiro, sobre desconcentración de competencias para a concesión de axudas e subvencións nos delegados provincias ou territoriais da Xunta de Galicia.

Artigo 3º

O órgano a que se lle debe achega-la documentación a que se fai referencia nos artigos 7 e 8 da antedita Orde do 30-6-1999 é o correspondente delegado provincial desta consellería onde se sitúe o investimento obxecto da solicitude, non alterándose ningún dos prazos alí establecidos agás o referido ó prazo de presentación de xustificación do investimento executado que queda establecido no 15 de decembro do ano 2000.

Artigo 4º

Engádese un novo apartado, o 3.6, o artigo 8 da sinalada orde:

3.6. Antes do derradeiro aboamento os beneficiarios deberán achegar, xunto co resto da documen

tación, declaración de conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a actividade obxecto desta orde, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Artigo 5º

A disposición adicional terceira da referida Orde do 30-6-1999 queda redactada do seguinte xeito:

A concesión de prórroga para a execución do investimento, e daquela, para a xustificación do mesmo, será resolta favorablemente no caso de que o beneficiario da subvención teña executado e debidamente xustificado, no ano 2000, o 75% do investimento subvencionado.

Disposición adicional

As concesións de subvencións ó abeiro da presente orde imputaranse ás aplicacións orzamentarias 10.05.651A.740.0, 10.05.651A.770.0 e 10.05.651A.780.0 e estas contan cunha disposición de crédito para as ditas concesións, respectivamente, de 12.000.000 de ptas., 65.214.921 ptas. e 11.681.725 ptas.

Disposicións derradeiras

Primeira.-As referencias que na Orde do 30-6-1999 se fan ás leis 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e a 6/1998, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999 hai que entendelas, no que lle sexa de aplicación, ó Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia así como na Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais, orzamentarias, de función pública e actuación administrativa e na Lei 7/1999, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000.

Segunda.-Ós expedientes de subvención, concedidos ou denegados, formulados no ano 1999 ó abeiro da Orde do 30 de xuño de 1999 (DOG nº 128, do 6 de xullo), pola que se convocaron axudas, en materia de tecnificación de empresas e creación de novos productos turísticos, non lles é de aplicación a presente modificación.

Terceira.-Os artigos da referida Orde do 30-6-1999 non modificados por esta orde manteñen a súa vixencia.

Cuarta.-Facúltase o director xeral de Turismo para dicta-las resolucións e instruccións oportunas para o desenvolvemento e interpretación desta orde.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2000.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo