Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2000 Páx. 7.391

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2000, da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria, pola que se convocan 4 cursos de aplicador/manipulador de praguicidas de usos fitosanitario e gandeiro.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia, a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipulador destes productos, establece no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que vaia celebrar.

En consecuencia, anúnciase a convocatoria de 4 cursos de aplicador/manipulador de praguicidas que se celebrará de acordo coas seguintes bases:

1. Clase de curso que se vai impartir.

Curso de aplicador/manipulador de productos fitosanitarios e de uso gandeiro. Nivel básico.

2. Datos do organismo organizador.

O organismo organizador será o Servicio de Sanidade Vexetal da Subdirección Xeral de Sanidade e Producción Vexetal.

3. Obxectivos dos cursos.

Conseguir unha formación adecuada para o persoal dos establecementos e empresas que manipulen ou presten servicios de tratamentos con praguicidas fitosanitarios ou de uso gandeiro, ó obxecto de que poidan obte-lo carné de manipulador destes productos que os capacite para exerce-la dita actividade en todo o territorio estatal.

4. Destinatarios.

a) Destinatarios: persoal de establecementos e servicios praguicidas, aplicadores, agricultores e público en xeral.

b) Nº de prazas: o número de alumnos que poderá participar será de 30 como máximo.

c) Criterios de selección: o solicitante deberá ter polo menos 18 anos. Na selección terá prioridade, sempre que o xustifiquen documentalmente, o persoal dos establecementos de venda e o dos almacéns comunitarios e outros almacéns recollidos no artigo 4, puntos 1.4, 1.5, 1.6, 1.7 da Orde de 8 de abril de 1996, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se crea o Rexistro Oficial de Establecementos e Servicios Praguicidas e se dictan as normas de inscrición nel na Comunidade Autónoma de Galicia.

5. Celebración.

As clases correspondentes a estes cursos (uno en cada centro) levaranse a cabo nos seguintes lugares:

5.1. Escola de Capacitación Agraria.

Enderezo: Guísamo.

Municipio: Bergondo.

Provincia: A Coruña.

C.P.: 15640.

Teléfono: 981 79 .52 20.

Fax: 981 79 53 75.

5.2. Escola de Capacitación Forestal.

Enderezo: Igrexa 19.

Municipio: Lourizán.

Provincia: Pontevedra.

C.P.: 36153.

Teléfono: 986 85 64 00.

Fax: 981 85 64 20.

5.3. Expourense.

Enderezo: Finca Sevilla s/n.

Municipio Ourense.

Provincia: Ourense.

C.P.: 32005.

Teléfono: 988 36 60 30.

5.4. Escola Politécnica Superior.

Enderezo: Campus Universitario.

Municipio: Lugo.

Provincia: Lugo.

C.P: 27002.

Teléfono: 982 25 22 31.

Fax: 982 24 18 35.

Duración e horario:

Os cursos celebraranse nas seguintes datas:

Lugo: 29 de maio - 2 de xuño de 2000.

Guísamo: 5-9 de xuño de 2000.

Lourizán: 12-16 de xuño de 2000.

Ourense: 4-8 de setembro de 2000.

A duración do curso será como mínimo de 21 horas lectivas distribuídas en 13 horas de clases teóricas e 8 de clases prácticas.

O horario do curso será de 15 a 19 horas de luns a xoves e de 9 a 14 horas do venres.

6. Programa.

Os temarios que se impartirán son os que figuran no anexo II.

7. Coordinador técnico do curso.

De acordo coa facultade conferida no artigo 10 da Orde do 30 de xullo de 1997, a coordinación do curso realizaraa o persoal técnico do Servicio de Sanidade Vexetal da Subdirección Xeral de Sanidade e Producción Vexetal.

8. Solicitudes e inscrición.

a) Documentación: o persoal que desexe participar neste curso deberá presentar cuberta a solicitude que figura como anexo I xunto cunha fotocopia compulsada do DNI e, se é o caso, certificación do organismo ou servicio de praguicidas especificando a labor que desempeña o solicitante no mesmo.

A documentación sinalada anteriormente presentarase nos rexistros xerais da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria en horarios de 9 a 14 horas, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación será de 10 día naturais, contados desde o seguinte á publicación da presente resolución.

b) Admisión: a relación de solicitantes admitidos expoñerase no taboleiro de anuncios do organismo convocante e do centro, no prazo de 5 días naturais, contados a partires do seguinte ó do prazo de finalización da inscrición.

9. Certificación de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a tódolas sesións do curso. Finalizado este a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalen os coñecementos adquridos polo alumno e no caso de superalas, expedirá

o certificado co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Producción Agropecuaria o carné de manipulador de productos fitosanitarios e de uso gandeiro, nivel básico, que é o único documento válido para poder exerce-la actividade e para os efectos de inspección por parte dos organismos oficiais correspondentes.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2000.

Antonio Crespo Iglesias

Director xeral de Producción Agropecuaria

ANEXO II

Programa do curso de nivel básico para productos fitosanitarios e de uso gandeiro

1. Praguicidas: descrición e xeneralidades.

2. Riscos derivados da utilización dos praguicidas.

3. Perigosidade dos praguicidas para a saúde. Intoxicacións.

4. Práctica da protección fitosanitaria. Relación traballo-saúde, primeiros auxilios no caso de intoxicación.

5. Medidas preventivas e protectoras para evita-lo risco de uso de praguicidas.

6. Boa práctica fitosanitaria. Protección do medio ambiente e normas legais.

7. Exercicios prácticos.

8. Proba de avaliación.