Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 09 de maio de 2000 Páx. 7.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

Anuncio do concurso público para a explotación e conservación do aparcadoiro subterráneo do centro comercial da praza de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Narón.

b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación.

c) Nº de expediente: 2/2000.

2. Obxecto do concurso.

a) Descrición do obxecto: explotación e conservación do aparcadoiro subterráneo.

b) Lugar: praza de Galicia-Alto do Castiñeiro.

c) Duración da concesión: 10 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon e tarifas.

a) Canon: será proposto nas ofertas sen que en ningún caso poida ser inferior a 15.000 pesetas por praza e ano.

b) Tarifas: proporase un cadro de tarifas con indicación de prezo por hora, porción ou día completo e demais datos previstos neste prego.

5. Garantía.

Definitiva. Será a cantidade equivalente o 4% dos custos previstos no primeiro ano de explotación da concesión.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Negociado de Contratación do Concello de Narón, en horas de oficina (de 9 a 13.30).

b) Enderezo: avenida da Gándara parcela 112, Narón.

c) Localidade e código postal: Narón, 15407.

d) Teléfono: 981 38 39 00/ 981 33 31 35.

Fax: 981 38 80 44/ 981 31 63 40.

e) Data límite de obtención de documentación e información: durante o período de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas.

a) Publicacións: no BOP, DOG e BOE.

b) Data límite de presentación: amplíase o prazo mínimo legal a 26 días naturais seguintes ó de publicación no BOE. Se o último día coincidise en domingo ou festivo, o prazo remataría o día hábil inmediatamente posterior.

c) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación da explotación e conforme o modelo que no devandito prego se establece.

d) Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, praza do Concello, s/n.

8. Apertura de plicas.

a) Entidade: Concello de Narón.

b) Enderezo: praza do Concello, s/n.

c) Data: ás 12 horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. Non se considerará hábil para estes efectos os sábados.

9. Gastos de publicidade.

Tódolos gastos de publicidade serán por conta do adxudicatario.

Narón, 17 de abril de 2000

Juan Gato Díaz

Alcalde