Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 09 de maio de 2000 Páx. 7.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO de convocatoria de concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da concesión do servicio de cafetería-ambigú no pavillón polideportivo da Gándara.

Obxecto: a prestación do servicio de cafetería-Ambigú no pavillón polideportivo en tódolos actos e actividades deportivas que se realicen.

Lugar de execución: A Gándara.

Prazo de execución: 4 anos.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Canon de explotación: importe total 208.800 ptas.

Garantía provisional: 10.000 ptas.

Información: Negociado de Contratación. Avda. do Mar, parcela 112-polígono industrial da Gándara.

Proposicións: data límite ata as 13.30 horas, dentro do prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do último anuncio no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

Narón, 10 de abril de 2000.

Juan Gato Díaz

Alcalde