Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 09 de maio de 2000 Páx. 7.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o 30 de marzo de 2000, aprobou definitivamente a delimitación da unidade urbanística 18/1999 nas parcelas propiedade de Promociones y Construcciones Antonio Fernández Sande, sitas r/ Río Xubia e r/ Fontemoura, de acordo co expediente tramitado para o efecto, sendo o teor do acordo o seguinte:

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o 30 de decembro de 1999, aprobou inicialmente a delimitación da unidade urbanístiac 18/99 nas parcelas propiedade de Promociones y Construcciones Antonio Fernández Sande, sitas na r/ Río Xubia e r/ Fontemoura, cualificadas no Plan xeral como edificable en 7.273 m e como zona verde (V-65) en 1620 m no ámbito da UR do ensanche. No Diario Oficial de Galicia do 15 de febreiro de 2000 e en La Voz de Galicia de xaneiro de 2000 publicouse o anuncio de aprobación inicial, someténdose a información pública polo prazo de vinte días. Cumpridos os trámites de información pública e non presentada reclamación ningunha a Comisión Informativa de Urbanismo e Infraestructuras, en sesión do 16 de marzo de 2000, en votación ordinaria e por unanimidade, acordou propoñerlle ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo: aprobar definitivamente a delimitación da unidade urbanística 18/1999 no ensanche A, comprendendo as parcelas propiedade de Promociones

y Construcciones Antonio Fernández Sande, S.L. que compoñen as dúas zonas da unidade: zona 1, parcela 1: de 4.575 m destinada a edificación residencial, cos seguintes lindeiros: norte, vía férrea e Cipriano Fraga López; leste, propiedade de Manuela Graña Pedre e Cipriano Fraga López e outros; sur, edificios construídos e Cipriano Fraga López, Lourdes Prieto Caínzos e outros; oeste, r/ Río Xubia e Cipriano Fraga López . Parcela 2: de 253,32 m destinados á edificación residencial, que linda: norte, r/ Fontemoura; leste, parcela catastral número 33602-03; oeste, parcela catastral número 33602-10 e 27 e sur, parcela catastral número 33602-01. Zona 2. Parcela de 1.620 m destinada a zona verde de sistema local (V-65) que linda: norte, vía férrea; sur, o interesado e r/ Río Xubia; leste, resto da ZV65 municipal e oeste, o interesado e vía férrea. Os terreos comprendidos na unidade teñen a clasificación de solo urbano.

O que se fai público para xeral coñecemento, podendo interpoñerse contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición ante o órgano que dictou esta resolución, dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola lei, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no DOG e na forma prevista no artigo 45 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Ferrol, 10 de abril de 2000.

O alcalde

Rubricado