Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 09 de maio de 2000 Páx. 7.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTROVERDE

INFORMACIÓN pública.

Aprobadas inicialmente polo Pleno do Concello a modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento municipal, na rúa Alcalde Xetas e rúa Os Nenos, sométese a información pública polo prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, en cumprimento do establecido polo artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, durante o que os interesados poderán examina-los expedientes tramitados e formula-las alegacións que estimen oportunas.

-Lugar e horas de exposición: casa do concello, de nove a catorce horas en días laborables.

-As alegacións deberán formalizarse mediante escrito dirixido ó alcalde-presidente.

Castroverde, 25 de abril de 2000.

Xosé Mª Arias Fernández

Alcalde