Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 09 de maio de 2000 Páx. 7.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CABANAS

EDICTO.

Concurso público, con procedemento aberto, para a adxudicación do contrato de concesión administrativa da xestión integral do servicio municipal de abastecemento de auga, mantemento da rede de sumidoiros e depuración en alta de augas residuais.

Aprobado polo Pleno da Corporación, en sesión realizada o 16 de marzo de 2000, o prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas para a contratación da concesión da explotación do servicio de abastecemento de auga, mantemento da rede de sumidoiros e depuración de augas residuais do Concello de Cabanas (publicado no BOP nº 79, do 5 de abril de 2000) convócase concurso, con procedemento aberto, para a adxudicación do contrato de xestión dos referidos servicios.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cabanas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Concesión administrativa de xestión integral do servicio municipal de abastecemento de auga, mantemento da rede de sumidoiros e depuración en alta de augas residuais.

b) División por lotes e número: non.

c) Presentación de variantes/alternativas: segundo prego de condicións.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Réxime económico.

Tipo de licitación: non se establece.

5. Garantías.

Provisional: 400.000 ptas.

Definitiva: 800.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Cabanas.

b) Domicilio: rúa do Concello, 2.

c) Localidade e código postal: Cabanas, 15621.

d) Teléfono: 981 49 59 59.

e) Fax: 981 43 19 44.

f) Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio do DOG ata as 13 horas do último día de presentación de proposicións.

7. Requisitos do contratista.

Os que figuran no prego de condicións publicado no BOP nº 79, do 5 de abril de 2000.

8. Presentación de solicitudes de participación e ofertas.

Data límite de presentación: 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

9. Documentación que hai que presentar.

A que consta no prego de condicións (BOP nº 79, do 5 de abril de 2000).

Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Cabanas.

As proposicións non presentadas directamente comunicaranse por fax ou telegrama antes da data na que remata o prazo de presentación, debendo acreditarse a data de envío da documentación.

10. Apertura de plicas.

a) Entidade: Concello de Cabanas.

b) Domicilio: rúa Concello, 2.

c) Localidade: Cabanas.

d) Data: primeiro día hábil seguinte ó de remate do prazo para a presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Cabanas, 12 de abril de 2000.

Modesta Anca Rico

Alcaldesa-presidenta