Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 09 de maio de 2000 Páx. 7.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOQUEIXÓN

ANUNCIO de contratación das obras de saneamento en Pazos e outro.

Anuncio de adxudicación, polo sistema de concurso con procedemento aberto, das obras de saneamento en Pazos e outro, incluída no Plan provincial de cooperación ás obras e servicios de competencia municipal e de rede viaria local 2000.

1. Obxecto do contrato: saneamento en Pazos e outro.

2. Tramitación e procedemento. Tramitación: ordinaria; procedemento: aberto; forma de adxudicación: concurso, de acordo co prego de cláusulas administrativas aprobada pola deputación provincial.

3. Orzamento: 21.720.336 ptas.

4. Clasificación empresarial: grupo E, subgrupo 1, categoría C.

5. Garantía:

-Provisional: non se esixe.

-Definitiva: o 4% do prezo de adxudicación.

6. Presentación de proposicións: durante os 26 días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, das 9 ás 14 horas, nas oficinas municipais.

7. Apertura das proposicións: o segundo día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, ás 12 horas na Casa do Concello de Boqueixón.

Se coincide en sábado, prorrógase ó inmediato día hábil seguinte.

8. Obtención de documentación e información:

Concello de Boqueixón. Teléfono: 981 51 30 52.

9. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Boqueixón, 17 de abril de 2000.

Adolfo Gacio Váquez

Alcalde-presidente