Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 09 de maio de 2000 Páx. 7.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIMORTO

ANUNCIO de licitación.

O Concello de Boimorto anuncia a contratación, por procedemento aberto e mediante poxa, da obra de recuperación de medio forestal e construcción de refuxio, incluída no Plan 2000 de Medio Ambiente.

1. Tipo de licitación: 8.795.796 ptas. (52.863,80 euros).

2. Presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

3. Fianzas.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

4. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do sexto día natural seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; se cadrase sábado, domingo ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

5. Pregos de cláusulas administrativas: os aprobados pola Deputación Provincial da Coruña, para as obras comprendidas nos plans provinciais, publicados no BOP nº 77, do 3 de abril de 2000.

6. Modelo de proposición.

«Don/Dona..., con domicilio en..., rúa..., número..., teléfono..., con DNI (pasaporte ou documento que o substitúa) número..., actuando en nome propio (ou en representación de..., DNI ou CIF número..., e

con domicilio en..., número..., teléfono...) toma parte na poxa con procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de..., e para tal efecto fai constar:

1º. Que ofrece o prezo de..., (IVE incluído) que significa unha baixa..., en relación co tipo de licitación.

2º. Que coñece e acepta cantas obrigacións se deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares do presente contrato.

3º. Que acompaña a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En..., ... de... de 20..

O/A licitador/a (asinado e rubricado)».

7. Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de cláusulas.

Os gastos dos anuncios da poxa serán por conta do contratista que resulte adxudicatario.

Boimorto, 5 de abril de 2000.

Luis Verea Taboada

Alcalde