Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 09 de maio de 2000 Páx. 7.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O decreto do Consello da Xunta de Galicia 49/2000, do 18 de febreiro, declarou a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa polo Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de expropiación complementaria para ordenación funcional da rúa de San Lázaro (Camiño francés). Tramo da estrada N-547.

En cumprimento do disposto no artigo 52.2º da Lei de expropiación forzosa, o Concello de Santiago de Compostela convoca os titulares dos bens e dereitos afectados para que comparezan no lugar, data e hora que se detallan, co fin de redacta-las actas previas á ocupación.

Día: 24 de maio.

Lugar: local social da asociación de veciños Monte do Gozo, parroquia de San Lázaro. Rúa da Muíña s/n.

A este acto deberán acudi-los propietarios afectados, persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, presentando os documentos acreditativos da titularidade dos bens e o documento nacional de identidade. Poden asistir acompañados, se o consideran oportuno e pola súa conta, dos seus peritos ou dun notario.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde

TitularNº parcelaDíaHora

Cesáreo González García22-A24-5-200010 horas

Emilio Vázquez Garea22-B24-5-200010 horas

José Míguez Liñeira22-C24-5-200010 horas

Antonio Chapela Barreiro22-D24-5-200010 horas

Carlos González Iglesias22-E24-5-200010 horas