Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2000 Páx. 7.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE IRIXOA

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, urxente, das obras de acondicionamento da casa do concello e do centro social de Ambroa.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Irixoa (A Coruña).

2. Obxecto do contrato: adxudicación das obras de acondicionamento da casa do concello e do centro social de Ambroa.

3. Prazo de execución: 4 meses.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso conforme o prego-tipo de cláusulas administrativas e técnicas aprobado pola deputación e publicado no BOP do 28-2-2000.

5. Tipo de licitación: 6.661.425 ptas. (40.035,97 euros).

6. Garantías: fianza provisional do 2% do tipo e definitiva do 4% do importe de adxudicación.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Irixoa.

b) Domicilio: Pazo de Irixoa, 6, Irixoa (A Coruña)-15313.

c) Teléfono: 981 79 30 01.

d) Fax: 981 79 31 57.

8. Clasificación do contratista: non se esixe.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: no prazo de 13 días naturais, a partir do seguinte ó desta publicación no BOP ou DOG (que rematará segundo o último anuncio publicado), das 9 ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: o sobre A conterá a oferta económica, o sobre B da documentación xeral, e o sobre C das referencias técnicas; toda esixida na cláusula 12 do prego.

10. Apertura de ofertas: na Casa do Concello de Irixoa, ás 13 horas do día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de plicas, agás se coincide en sábado, que se trasladará ó día hábil seguinte.

Irixoa, 6 de abril de 2000.

Juan Pérez Díaz

Alcalde