Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2000 Páx. 7.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PPA 1/1999).

O Concello Pleno, en sesión do día 14 de abril de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar a modificación da área de reparto do sector delimitado polo plan parcial, incluíndo, ademais do propio ámbito do plan parcial, 8.424 m no solo clasificado como SREPB, denominado par

que complementario do Monte de San Pedro, e que aparece delimitado no anexo 4, plano de «localización da dotación do sistema xeral de espacios libres».

2. Aprobar definitivamente o plan parcial no solo rústico apto para urbanizar no lugar de Altamira-A Zapateira, presentado por FADESA.

O que se publica significando que contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

A Coruña, 18 de abril de 2000.

O alcalde

P.D.

Rubricado