Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2000 Páx. 7.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO.

Por resolución do alcalde-presidente número 366, con data do 30 de marzo de 2000, prestouse aprobación definitiva ó texto refundido do estudio de detalle da unidade de execución integral número 1, promovido por José Purriños Otero e outros.

Contra o acto de aprobación definitiva poderá interporse:

1. Recurso de reposición potestativo, ante o órgano que adoptou o acordo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó desta notificación.

2. Recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó desta notificación.

De terse feito uso do recurso de reposición e de non resolverse expresamente este no prazo dun mes, o recurso contencioso-administrativo ante o mesmo xulgado poderá interpoñerse no prazo de seis meses.

Todo iso de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e os artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que en dereito considere oportuno.

Betanzos, 31 de marzo de 2000.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde-presidente