Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2000 Páx. 7.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 6 de abril de 2000, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica a José Antonio Zas Roibal, unha vez intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, a resolución do expediente sancionador VP-C 39/98.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle a José Antonio Zas Roibal a resolución do expediente sancionador, VP-C 39/98, por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente, causa prevista no artigo 5.C da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Á dita infracción impónselle unha multa de 200.000 pesetas, se prexuízo da obriga de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.

Contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada, ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción.

E para que conste e lle sirva de notificación a José Antonio Zas Roibal de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 6 de abril de 2000.

María Teresa Morán Calero.

Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 39/98

José Antonio Zas Roibal

Torre 1-3º D

Labañou- A Coruña