Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2000 Páx. 7.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do día 12 de abril de 2000, aprobou a forma de adxudicación mediante concurso, para a concesión do servicio público de regulación de aparcamientos na vía pública mediante expendedores de tickets. Por este anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: a contratación do servicio público de aparcamento limitado e controlado na vía pública, chamado ORA (Ordenación e Regulación de Aparcamentos), incluíndo a achega, instalación, funcionamento, mantemento e reparación dos expendedores de tickets e demais elementos auxiliares precisos, contratación e pagamento do persoal, xestión de cobros, así como a execución e mantemento da sinalización horizontal e vertical precisa.

b) Prazo de duración: a duración da concesión será de catro anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: non se fixa.

5. Garantías.

Provisional: 1.000.000 de pesetas.

Definitiva: 4.000.000 de pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no artigo 22 do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: Concello de Lugo. Oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

-Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

-Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores estimen convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día hábil (agás sábado), ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que de recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: correrán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 12 de abril de 2000.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1995)

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado de Área