Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2000 Páx. 7.302

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2000, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se notifica a resolución recaída no expediente sancionador de pesca fluvial PO-99/156.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo a citada resolución.

Contra a resolución que se notifica caberá, de conformidade cos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición do recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

ANEXO

Procedemento sancionador de pesca fluvial: Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Expediente número: PO-99/156.

Denunciado: Antonio Agrasar Moure.

Último enderezo coñecido: San Xulián, número 57, Pontecesures (Pontevedra).

Contido da resolución que se notifica:

Data: 23 de marzo de 2000.

Feitos polos que foi denunciado: ser sorprendindo botando unha rede ó río.

Resolución: declaración de caducidade do procedemento sen prexuízo da procedencia da incoación dun novo expediente polos mesmos feitos ó non ter transcorrido o prazo establecido no artigo 43 da Lei 7/1992 para a prescrición da infracción.