Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2000 Páx. 7.302

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 5 de abril de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador PO-1070-1998.

De conformidade co disposto no artígo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícanselles ás persoas que se citan a continuación a resolución dos recursos de alzada dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección dos recursos marítimo-pesqueiros.

Os interesados dispoñen dun prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para interpoñeren recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo

46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Vigo, sita na r/ Palma, nº 4.

Nº de expediente: PO-1070-1998.

Denunciado: Manuel Dios Blanco.

Enderezo: Valle Inclán, s/n, Illa de Arousa-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.10º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: trinta e cinco mil pesetas (35.000 ptas.).

Recurso de alzada presentado o día: 2 de setembro de 1999.

Resolución do recurso de alzada: desestimatorio, confirmando a resolución de trinta e cinco mil pesetas (35.000 ptas.).

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo. Título da conta Tesouro da Facenda galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións. Delegación de Vigo (Pontevedra). C/C nº 2091-0501-66-3110000041, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. De non ser aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.

Vigo, 5 de abril de 2000.

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo