1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.
a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria.
c) Número de expediente: SXCA 8/2000.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: formación dos usuarios da aplicación informática XADE-Centros.
b) Lugar de execución: nas localidades indicadas no prego de prescricións técnicas.
d) Plazo de execución: antes do 5 de xuño de 2000.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: 31.000.000 de ptas. (186.313,75 euros).
5. Garantías.
a) Provisional: 620.000 ptas.
b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (oficina de información).
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
d) Teléfono: 981 54 44 28.
e) Telefax: 981 54 54 43.
f) Enderezo internet: www.xunta.es/conselle/ceoug/sx/index.htm.
g) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: especificados no prego de cláusulas administrativas.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do oitavo día natural seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en domingo ou festivo, o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou por correo, conforme o establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
2. Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Sala de Universidades).
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela, 15704.
d) Data: o sexto día natural seguinte o do remate do prazo de presentación de proposicións. De coincidir en domingo ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte.
e) Hora: 10.30 horas.
10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 4 de maio de 2000.
P.D. (Orde 21-6-1996)
Máximo García Serrano
Secretario xeral da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria