Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2000 Páx. 7.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dunha asistencia técnica para o servicio de apoio e orientación ós estudiantes universitarios.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria.

c) Número de expediente: SXCA 5/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asesoramento, planificación e control de tódolos servicios que se van realizar para a xestión e explotación dos procesos informáticos que vai desenvolve-lo servicio de apoio e ordenación ós estudiantes universitarios.

b) Lugar de execución: nas dependencias da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

d) Plazo de execución: ata 31 de decembro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 26.000.000 de ptas. (156.263,15 euros).

5. Garantías.

a) Provisional: 520.000 ptas.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (oficina de información).

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 44 28.

e) Telefax: 981 54 54 43.

f) Dirección internet: www.xunta.es/conselle/ceoug/sx/index.htm.

g) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: especificados no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do oitavo día natural seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en domingo ou festivo, o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou por correo, conforme o establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

2. Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Sala de Universidades).

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15704.

d) Data: o sexto día natural seguinte o do remate do prazo de presentación de proposicións. De coincidir en domingo ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2000.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria