Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2000 Páx. 7.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e a declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T.-C.T.-R.B.T. Cerdedo, Outeiro, no concello de Celanova. (Expediente IN407A 00/35).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado da liña eléctrica de referencia, que conta coas características básicas que se refiren a continuación.

a) Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

b) Localización: concello de Celanova (Ourense).

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.

d) Trazado e datos básicos:

-L.M.T. aérea núa a 20 kV, de 862 m de lonxitude, en conductor LA-56, con orixe na L.M.T. a C.T. Outeiro de Acevedo, e final no C.T. aéreo proxectado Vilaverde.

-C.T. intemperie Vilaverde, de 50 kVA, r/t 20.000/380-220V.

-R.B.T. aérea en conductor R.Z., lonxitude 685 m do C.T. proxectado Vilaverde.

e) Orzamento: 6.969.427 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro, do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou a adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta- e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral dos propietarios e demais titulares afectados que non chegasen a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñocidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 3 de abril de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 00/35 Provincia: Pontevedra

L.M.T.-C.T.-R.B.T. Cercedo, Outeiro

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2BesadaPiñeiralJaime Feijoo Núñez

Rpta.: Manuel Feijoo Rodríguez

Ramallosa, carnicería Praza de Abastos. 32800 Celanova32100990

3734