Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2000 Páx. 7.260

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e, a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de limpeza de institucións hospitalarias da Seguridade Social da provincia de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo do sector de limpeza de institucións hospitalarias da Seguridade Social da provincia de Ourense (código convenio 3200395), con entrada nesta delegación provincial o día 17-3-2000, subscrito pola parte económica pola Asociación de Empresarios de Limpeza de Institucións Sanitarias do Sergas de Ourense e da parte social, polas centrais sindicais, Confederación Intersindical Galega e Comisións Obreiras o día 18-2-2000 e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo. Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e notificación ás repre

sentacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 28 de marzo de 2000.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo de limpeza de institucións hospitalarias da Seguridade Social da provincia de Ourense

Artigo 1º

O presente convenio colectivo afecta ás empresas dedicadas á limpeza de institucións hospitalarias pechadas da Seguridade Social en Ourense e no ámbito de aplicación deste convenio a tódolos/as trabálladores/as dependentes destas empresas que presten os seus servicios nas institucións hospitalarias pechadas da Seguridade Social da provincia de Ourense.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O presente convenio empezará a rexer desde a súa publicación no BOP de Ourense. Non obstante, para os seus efectos económicos será desde o 1 de xaneiro de 2000 e rematará o 31 de decembro de 2000. Ó remate da vixencia do presente convenio colectivo manterán a súa vixencia todas e cada unha das súas cláusulas ata a entrada en vigor do seguinte. O convenio prorrogarase pola tácita de ano en ano, se calquera das partes non o denunciase. polo menos con tres meses de antelación ó remate da súa vixencia. A fórmula de denuncia será mediante comunicación da parte denunciante á outra parte, na que expresará o desexo de denunciar e negociar un novo convenio.

Artigo 3º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas de calquera índole contidas no presente convenio teñen o carácter de mínimas, polo que os pactos, cláusulas e situacións implantadas polas empresas e que impliquen condicións máis beneficiosas con respecto ó presente convenio subsistirán para aqueles/as que as veñen gozando, pero sen que poida incrementarse que sobre as chamadas condicións máis beneficiosas terá que computarse o melloramento económico que supón o presente convenio.

Artigo 4º.-Salario base. Complemento de destino. complemento de productividade fixo e complemento específico.

O importe que se aboará por estes conceptos especificarase nos anexos I e II deste convenio. Serán os mesmos que por este concepto cobren os/as limpadores e os /as pinches da Seguridade Social durante o ano 2000 e para o resto das categorías aumen

tarán en proporción correspondente ás táboas salariais de 1999.

As empresas recoñeceranlles ós traballadores as melloras salariais que o Sergas estableza para o seu persoal na categoría de pinche, grupo E, sempre e cando a dita mellora sexa para compensar unha eventual desviación do IPC.

Artigo 5º.-Complemento quenda fixa.

Todos aqueles traballadores/as que estean en quenda fixa, é dicir, en réxime de prestación de servicios que non comporte rotación, percibirán un complemento mensual de 2.744 pesetas.

Artigo 6º.-Antigüidade.

Os/as traballadores/as fixos/as comprendidos/as no ámbito de aplicación deste convenio, gozarán como complemento persoal de antigüidade dun aumento periódico por cada tres anos de servicios prestados no mesmo centro de traballo, na contía do cinco por cento do salario base por cada trienio.

Artigo 7º.-Pagas extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio percibirá dúas gratificacións extraordinarias, unha en xullo e outra en Nadal. cada unha delas de 30 días de salario base máis antigüidade, máis o complemento dc destino. As pagas serán aboadas respectivamente antes do 30 de xullo e 24 de decembro.

Artigo 8º.-Gratificación domingos, festivos e nocturnos.

O persoal que preste os seus servicios en domingos, festivos e traballos nocturnos, percibirán a mesma cantidade que por este concepto se lle aboe ó persoal de pinches do Sergas. O complemento de traballo en domingos e festivos será de 3.009 ptas./día de traballo. Por noites fixas percibiranse 10.897 ptas. durante a primeira e segunda semana e 9.022 ptas. en caso de tratarse da terceira ou cuarta.

Artigo 9º.-De toxicidade, perigosidade e penosidade.

Estas gratificacións aboaranse na contía que en cada momento estableza a lexislación vixente nestas materias.

Artigo 10º.-Xornada de traballo e descansos.

A xornada laboral para 1999 será a mesma do persoal do Sergas. As libranzas a que terán dereito os/as traballadores/as serán as mesmas que goza o persoal do Sergas, que nestes momentos son as seguintes:

-Os correspondentes ó terceiro sábado.

-Descanso quincenal (dous ó mes).

-Os días 17, 18 e 19 de abril.

-Os días 20, 21, 22, 23, 26 e 27 de decembro.

Destes 9 días de descanso, 5 son de libre disposición do traballador/a, dos cales 3 se gozarán no primeiro semestre e 2 no segundo. Farase a petición por escrito con 10 días de antelación ás datas

solicitadas. No caso de acumulación de solicitudes para un mesmo día, de tal maneira que supoña un quebranto na organización do servicio, procederase de común acordo co comité a un sorteo para determina-las persoas que gozarán deses días. Non se poderán acumular a períodos de vacacións de cada traballador/a.

Se durante este ano aumentan os días de libranza do persoal do Ssergas, reunirase a comisión paritaria para estudia-la posible aplicación neste convenio.

Se durante a vixencia do presente convenio se producise algún cambio de adxudicatario na prestación do servicio de limpeza dos centros ós que é de aplicación, serán por conta de cada un dos adxudicatarios o aboamento das cantidades correspondentes ós descansos quincenal e de terceiro sábado non gozados polos traballadores/as durante a vixencia das súas respectivas adxudicacións, ou ben o goce acumulado destes sempre que se produza durante a vixencia das adxudicacións baixo as cales estes non foron gozados.

No que ós restantes descansos non gozados fai referencia, será por conta dos adxudicatarios o aboamento ou goce acumulado destes, sempre en estricta proporción ós períodos de vixencia das respectivas contratas, de tal maneira que cada unha delas se faga cargo dos días non descansados en proporción ó tempo dc duración da adxudicación.

No suposto de que fosen os domingos ou festivos os non gozados, procederase para que actúen os mecanismos de compensación previstos no presente convenio, pero sempre considerando os períodos en que non foron gozados, procedendo entón de tal forma que a prescrita no parágrafo primeiro da presente disposición.

Artigo 11º.-Festivos.

O/a traballador/a que realice a xornada laboral en domingo ou festivo, de mutuo acordo coa empresa poderá:

a) Gozar en compensación dun día de descanso semanal.

b) Percibi-lo aboamento correspondente segundo a normativa vixente.

e) Acumula-lo descanso ós días de vacacións regulamentarias.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias.

Durante a vixencia deste convenio non se realizarán horas extraordinarias de carácter normal. Non obstante, poderán realizarse as horas extraordinarias debidas a forza maior e as de carácter estructural.

Consideraranse horas extraordinarias motivadas pola forza maior, as traballadas e empregadas na reparación de sinistros ou as que realicen para prevelos. E as horas estructurais son as que con carácter extraordinario e esporádico se efectúen no seo dunha empresa para cubri-la realización dun traballo que non foi posible prever nin substituír por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas na lei.

Enviaráselle a Delegación de Traballo un informe mensual da realización e motivos destas horas que será realizado conxuntamente polo comité de empresa e a dirección, e de se-lo caso, polos delegados/as ou delegado/a de persoal.

O incumprimento do pactado neste artigo, así como o referente ó artigo 35 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, e R.D.L. 1985, do 20 de agosto, considerarase falta grave para os efectos do disposto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 13º.-Licencias.

Trala solicitude dos/as traballadores/ as afectados/as, concederase licencia retribuída e polo tempo que se indica, nos casos seguintes:

-Polo matrimonio do/a traballador/a:15 días naturais.

-Polo matrimonio de fillos/as: 1 día natural.

-Polo parto da esposa ou convivente: 3 días naturais se é na provincia e 5 días se é fóra dela. Se fora por cesárea, os días por parto poden gozarse ó sair do centro hospitalario.

-En caso de accidente ou hospitalización de parentes de primeiro e segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 2 días. Cando o desprazamento sexa fóra da provincia, o prazo será de 4 días.

-Polo falecemento de cónxuxe, convivente ou familiares en primeiro e segundo grao de consanguinidade ou afinidade, é dicir: pais, nais, fillos/as, avós, netos, irmáns, pais políticos, irmáns políticos, fillos políticos, avós políticos, e netos políticos: 3 días naturais se é na provincia e se é fóra dela, 5 días naturais.

-Polo falecemento de parentes no terceiro grao, é dicir, tíos, tíos políticos, bisavós políticos, bisnetos políticos, sobriños e sobriños políticos: 1 día natural.

-Nos demais casos, aterémonos ó disposto na lexislación vixente.

-No caso de asistencia ó médico, o tempo necesario con xustificación e cun máximo de 3 horas. No caso de desprazamento ó especialista terase en conta a distancia e, en consecuencia, o tempo indispensable.

Artigo 14º.-Excedencias.

Todo/a traballador/a cunha antigüidade de polo menos un ano na empresa, terá dereito a que se lle recoñeza a súa situación de excedencia voluntaria por un período máximo de 5 anos, non perdendo en ningún caso a antigüidade que tiña no momento de solicitala e sendo obrigatoria para a empresa a concesión da excedencia. No caso de excedencia por maternidade será ata 3 anos, con reserva do posto de traballo o primeiro ano.

Artigo 15º.-Cambio de posto de traballo por embarazo.

As mulleres terán dereito a cambiar de posto de traballo, co fin de que en ningún caso estarán obrigadas a desempeña-las suas funcións en lugares

radioactivos e infecciosos que supoñan perigo para o seu estado.

Artigo 16º.-Roupa de traballo.

Concederáselle a todo o persoal axeitada e regulamentaria roupa de traballo, funda para o persoal masculino e bata para o persoal feminino cada 6 meses, zapatillas cada 3 meses, guantes cada 20 días e zocos cada nove meses. O persoal terá que devolve-la roupa e utensilios utilizados no momento que se produza a substitución.

Artigo 17º.-Incapacidade laboral transitoria.

O/a traballador/a que cause baixa por accidente laboral, non laboral, maternidade ou enfermidade común, percibirá o cento por cento do salario convenio desde o primeiro día da baixa, incluídas as pagas extras.

Artigo 18º.-Extinción do traballo na contrata correspondente.

O persoal de limpeza que realice a súa xornada nun centro de traballo durante un período mínimo de dous meses, no caso do cesamento da contrata, terá dereito a continuar coa nova empresa adxudicataria cos servicios de limpeza do centro. Esta nova empresa adxudicataria, terá a obriga de absorber este persoal respectándolle a antigüidade e demais dereitos adquiridos.

Artigo 19º.-Garantías dos cargos sindicais.

Por mor de situacións concretas, como son confección do cadro de horarios, calendario de vacacións, e acordo para a negociación colectiva, o empresario facultará reunirse nos locais da empresa os/as traballadores/as e os/as seus/súas representantes sindicais durante a xornada de traballo, sen que poida excederse dunha hora en tales casos e de común acordo para a designación do día e hora, sen menoscabo da realización de traballos urxentes que puideran xurdir.

Artigo 20º.-Vacacións.

O persoal afectado polo presente convenio, gozará dun mes natural de vacacións anuais retribuídas.

As vacacións tomaranse entre o 1 de xullo e o 30 de setembro. Non obstante, o persoal que desexe toma-las vacacións no resto dos meses do ano e sempre de acordo coa empresa, recibirá unha bolsa extra-salarial de 7.000 ptas. durante o período de vacacións.

Os/as traballadores/as que no momento de goza-las vacacións, se atopan de baixa por enfermidade ou accidente terán dereito a gozalas inmediatamente despois de producirse a alta e dentro do ano natural.

Elaborarase un calendario de vacacións en cada empresa de acordo entre a empresa, o/a traballador/a e o comité de tal xeito que os/as traballadores/as gocen das súas vacacións rotativamente, respectando a lexislación vixente. O persoal da quenda de noite percibirá tamén a gratificación de nocturnidade na retribución de vacacións.

Artigo 21º.-Control médico.

Todo o persoal comprendido no presente convenio terá dereito a efectuar unha revisión médica anual.

A revisión será por conta da empresa, farase en horas de traballo e os resultados do recoñecemento médico entregaránselles ós traballadores/as.

Artigo 22º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e cumprimento do pactado no presente convenio e, en xeral, para cantas cuestións se deriven da súa aplicación, establécese unha comisión paritaria que estará integrada polos seguintes membros:

Parte económica: Asociación de Empresarios de Limpieza de Instituciones Sanitarias del Sergas de Ourense.

Parte social: centrais sindicais asinantes do presente convenio (Confederación Intersindical Galega e Comisións Obreiras).

Artigo 23º.-Xubilacións.

Todo/a traballador/a afectado/a polo presente convenio poderá solicita-la xubilación ós 64 anos ó abeiro do previsto no R.D.L. 15/1981, do 28 de agosto; neste suposto a empresa verase obrigada a contratar outro/a traballador/a perceptor/a de desemprego ou mozo/a demandante do primeiro emprego a través dun contrato de idéntica natureza.

Artigo 24º.-Contratación.

As empresas adxudicatarias do servicio de limpeza de hospitais non poderán contratar persoal a través das empresas de traballo temporal (ETT) tanto para substitucións de vacacións, IT, etc. ou para calquera posto de traballo (ampliación do cadro de persoal, postos de nova creación, etc.)

Artigo 25º.-Copia básica do contrato.

As empresas entregaranlles ós representantes legais dos traballadores/as unha copia básica de tódolos contratos de traballo que deban realizarse por escrito, de acordo coa Lei 2/1991, do 7 de xaneiro.

Artigo 26º.-Seguro de accidente.

As empresas subscribirán unha póliza de seguro colectivo en favor de tódolos traballadores/as que presten os seus servicios nos centros afectados por este convenio, que cubrirá como mínimo as seguintes garantías:

-Morte ou invalidez total: 3.000.000 de ptas.

-Invalidez absoluta ou gran invalidez: 4.000.000 de ptas.

As ditas continxencias deberán derivarse de accidente laboral, incluído o accidente in itinere e as indemnizacións fixadas serán totalmente independentes daquelas que lles correspondan ós traballadores/as en virtude da lexislación laboral vixente.

Artigo 27º.-Días para asuntos propios.

O/a traballador/a, solicitando coa debida antelación, terá dereito a dispor de 10 días de licencia ó ano, non retribuídos pola empresa.

Disposicións xerais

Primeira.-Todo o que non se previu no presente convenio, estará disposto na ordenanza laboral de traballo para as empresas dedicadas á limpeza de edificios e locais aprobada o 15 de febreiro de 1975, así como nas demais disposicións legais vixentes, que ámbalas dúas partes acordan manter como lexislación subsidiaria para o non previsto no Estatuto dos traballadores.

Segunda.-As empresas afectadas por este convenio deberán ter un exemplar, así como a copia dos boletíns de cotización da Seguridade Social no taboleiro de anuncios da empresa para coñecemento de tódolos/as traballadores/as co fin de que constaten a súa situación laboral.

Terceira.-As partes asinantes do presente convenio son a Asociación de Empresarios de Limpieza de Instituciones Sanitarias del Sergas de Ourense e as centrais sindicais Confederación lntersindical Galega e Comisións Obreiras, ámbalas dúas con capacidade suficiente e lexitimación, de conformidade co disposto na Lei 8/1980, do Estatuto dos traballadores.

Cuarta.-Se se producisen nalgunha das empresas afectadas polo presente convenio, baixas de traballadores/as fixos/as do cadro de persoal dos centros sanitarios afectados, estes serán cubertos polos/as traballadores/as que teñan carácter de fixos/as.

Quinta.-Se se produce a revisión salarial, os atrasos producidos seranlles aboados ós/ás traballadores/as antes de transcorridos os 30 días seguintes a aquél en que as empresas cobren do Sergas.

ANEXO I

CategoríasSalario base

Administrativos/as

Xefe/a de 1ª102.007

Xefe/a de 2ª80.937

Caixeiro/a80.937

Oficial de 1ª79.849

Oficial de 2ª78.869

Auxiliar77.508

Cobrador/a77.128

Mandos intermedios

Encargado/a xeral95.330

Supervisor/a encargado/a zona82.926

Supervisor/a encargado/a sector79.849

Encargado/a grupo ou edificio78.041

Responsable de equipo77.114

Persoal obreiro

Especialista77.114

Peón especializado77.114

Limpador/a76.123

Conductor/a-limpador/a77.114

Persoal oficios varios

Oficial77.114

Axudante76.123

Peón76.123

Traballadores/as menores de 18 anosSMI

ANEXO II

Complementos:

-O complemento de destino será de 32.563 ptas./mes para tódalas categorías.

-O complemento de productividade será de 12.453 ptas./mes.

-O complemento específico será de 5.786 ptas./mes.

Seguen varias sinaturas.