Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2000 Páx. 7.260

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 24 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, dos estatutos da Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria da Baixa Limia.

Advertido erro na citada resolución publicada no DOG nº 74, venres, 14 de abril de 2000, é necesario face-las seguintes correccións:

Na páxina 6.308, no artigo 7º.4 onde di: «Pleno da mancomunidade é órgano competente...», debe dicir: «O Pleno da mancomunidade é o órgano...».

Na páxina 6.310, no artigo 13º.1 apartado c) onde di: «Non son delegables as atribucións reservadas ó Pleno no número 1, letras a), b), c), d), e), f), j), n), p), q), r)...», debe dicir: «Non son delegables as atribucións reservadas ó Pleno no número 1, letras a), b), c), d), e), f), j), o), r), s), t)...».

Na páxina 6.313, na disposición adicional primeira, onde di: «O número de concellos que se especifican no artigo 1º... da mancomunidade nos termos establecidos no artigo 12º q) deste estatuto», debe dicir: «O número de concellos que se especifican no artigo 1º... da mancomunidade nos termos establecidos no artigo 12º s) deste estatuto».