Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2000 Páx. 7.249

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 27 de abril de 2000 pola que se clasifica como de interese social a Fundación Progreso. De Amigos da Escola Pública.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Progreso. De Amigos da Escola Pública, con domicilio na Coruña.

Supostos de feito.

1. A fundación, en escrito do 25 de xaneiro de 2000, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada na Coruña, o día 30 de decembro de 1999, ante o notario Luis Santiago Gil Carnicer, co número catro mil douscentos sesenta e oito do seu protocolo, por Juan José Sánchez Arévalo, José Luis Méndez Romeu, José Luis Mañana Varela, Francisco Javier Ramírez Núñez, Agustín Antonio Lorenzo López e José Luis González Fernández; interveñen todos no seu propio nome e dereito.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, o obxecto da fundación é, entre outros, promove-lo modelo da escola pública na sociedade galega como forma máis eficaz de fomenta-los valores de igualdade, tolerancia e solidariedade no marco dunha cidadanía participativa e laica.

4. O padroado da fundación estará constituído por Juan José Sánchez Arévalo como presidente, José Luis Méndez Romeu como vicepresidente, José Luis Mañana Varela como secretario, Javier Ramírez Núñez como tesoureiro e Agustín Lorenzo López e José Luis González Fernández como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese social da Fundación Progreso. De Amigos da Escola Pública, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese social e a súa adscrición á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da

fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 25 de abril de 2000.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese social a Fundación Progreso. De Amigos da Escola Pública e adscribila á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública