Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2000 Páx. 7.230

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 26 de abril de 2000 pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e de bolsas correspondentes ó Programa de Investigación en Medio Ambiente do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico e se procede á súa convocatoria.

A Lei 12/1993, de fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1, establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promove-lo desenvolvemento económico, social e productivo de Galicia. Como unha ferramenta encamiñada ó logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico. O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 18 de decembro de

1998 aprobou o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (1999-2001), que está integrado por programas xerais, sectoriais e horizontais e que ten como misión fundamental pontencia-lo Sistema Ciencia-Tecnoloxía-Empresa de Galicia para o converter nun elemento estratéxico ó servicio do desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

Dentro dos programas tecnolóxicos horizontais figura o programa de investigación en medio ambiente que ten como obxectivo xeral mellora-lo coñecemento, conservación e, se é o caso, recuperación do medio, con atención tamén á contaminación e ás tecnoloxías ambientais. A xestión deste programa está encomendada á Consellería de Medio Ambiente en coordinación coa Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvememento.

A Consellería de Medio Ambiente en coordinación coa Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento pretende que a realización da investigación ambiental se faga dun xeito concertado, promocionando a investigación que teña en conta a competitividade e necesidades da industria galega, a mellora da calidade de vida e o desenvolvemento sostible que contribúa ó crecemento económico e un incremento no nivel de emprego e dun xeito coordinado para lograr a optimización das infraestructuras e do capital humano dispoñible en Galicia e dedicado á investigación ambiental, favorecendo a realización de accións sinérxicas que permitan abordar proxectos máis ambiciosos. Así mesmo, preténdese promove-lo desenvolvemento de novas liñas de investigación no campo ambiental, fomenta-la realización de proxectos coordinados e potencia-la consolidación dos grupos de investigación existentes, dáse nesta convocatoria un novo enfoque ó desenvolvemento do programa e amplíase o número de liñas de actuación.

En consecuencia e para pór en marcha os instrumentos previstos no Plan para a execución dos seus programas e neste caso concreto para a execución do programa de investigación en medio ambiente e como continuación das accións realizadas no ano 1999,

DISPONSE:

Artigo 1º.-Tipos de axudas e bolsas.

Anúnciase a convocatoria das axudas e bolsas que a continuación se indican, como instrumentos ordinarios do programa de investigación en medio ambiente e apróbanse e fanse públicas as bases polas que se rexerán as respectivas convocatorias que se inclúen como anexos desta orde, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia:

1. Axudas para grupos de investigación de universidades e centros públicos de investigación de Galicia que realicen investigación aplicada en medio ambiente (anexo I).

2. Axudas para a realización de proxectos de investigación en medio ambiente por empresas de Galicia. (anexo II).

3. Prórroga das bolsas de predoutoramento para a realización de teses de doutoramento en temas de investigación en medio ambiente (anexo III).

4. Prórrogas das bolsas para a incorporación de titulados superiores ó Centro de Investigacións Forestais de Lourizán (anexo IV).

Artigo 2º.-Financiamento.

Para a concesión das axudas convocadas nesta orde a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Consellería de Medio Ambiente destinarán os seguintes fondos:

1. Axudas reguladas no anexo I.

Un máximo de 202.900.000 ptas. que se imputarán ós seguintes anos e aplicacións orzamentarias:

AplicaciónAno 2000 (ptas.)Ano 2001 (ptas.)Ano 2002 (ptas.)

04.07.432A.740.081.000.00020.000.00010.000.000
04.07.432A.781.010.000.0004.000.0002.000.000
15.04.432A.740.045.900.00020.000.00010.000.000

2. Axudas reguladas no anexo II.

Destinarase ata un máximo de 136.000.000 de ptas. que se imputarán ós seguintes anos e aplicacións orzamentarias:

AplicaciónAno 2000 (ptas.)Ano 2001 (ptas.)Ano 2002 (ptas.)

04.07.432A.770.060.000.00015.000.0005.000.000
15.04.432A.770.036.000.00015.000.0005.000.000

No caso das actuacións referidas no anexo II, punto 2, letra b) as cantidades que deban percibi-las institucións públicas participantes de acordo co previsto no correspondente contrato de colaboración poderanse librar directamente á institución pública colaboradora con cargo ás aplicacións citadas para o anexo I desta convocatoria e respectando os límites antes citados.

3. Bolsas reguladas no anexo III.

Destinarase ata un máximo de 8.505.000 ptas. con cargo á aplicación orzamentaria 04.07.432A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma dos anos 2000 e 2001 (2.130.000 ptas. no ano 2000 e 6.375.000 ptas. no 2001).

4. Bolsas reguladas no anexo IV.

Destinarase ata un máximo de 8.505.000 ptas. con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias:

AplicaciónAno 2000 (ptas.)Ano 2001 (ptas.)

04.07.432A.480.004.150.625
15.04.432A.480.0354.3754.000.000

Tódalas cantidades antes citadas poderanse incrementar en función das peticións presentadas de acordo coas dispoñibilidades de créditos.

Disposicións adicionais

Primeira.-Esta convocatoria axustarase ó disposto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico para a Innovación (PGIDT), e nas leis, decretos e ordes supletorias de rango nacional.

Segunda.-A convocatoria, as súas bases e todos cantos actos administrativos deriven dela, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A competencia para resolver esta orde de acordo co disposto no artigo 72.4º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, é obxecto de delegación por parte da Consellería da Presidencia e Administración Pública e do conselleiro de Medio Ambiente no secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento e no director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental, respectivamente. Nas resolucións que se dicten en virtude desta delegación farase constar explicitamente.

Terceira.-As resolucións que se dicten ó amparo do disposto nesta orde esgotarán a vía administrativa e contra elas caberá interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública ou ante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da resolución, segundo os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da resolución e sen prexuízo de que os interesados poidan executar calquera outro que estimen oportuno.

Cuarta.-Para efectos do establecido no artigo 42.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, o prazo máximo para resolve-las solicitudes correspondentes ás accións especificadas nesta orde será de 6 meses contados desde a data de publicación da presente convocatoria. No caso de non recaer resolución dentro do mencionado prazo entenderanse desestimadas as solicitudes formuladas.

Quinta.-Como complemento das accións realizadas nesta orde na convocatoria xeral de bolsas para realizar estudios de terceiro ciclo nas universidades galegas, con cargo ós fondos da Secretaría Xeral de I+D, convocaranse catro bolsas destinadas a alumnos matriculados en programas de doutoramento impartidos nas universidades do sistema universitario de Galicia e relacionados co Programa Inves

tigación en Medio Ambiente do Plan Galego de IDT. Ademais os bolseiros seleccionados deberán integrarse nun grupo de investigación dun centro público de investigación da Comunidade Autónoma e alomenos un deles deberase integrar nun grupo de investigación do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán.

Disposición derradeira

Única.-Facúltase o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento e o director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental para que conxuntamente dicten as disposicións necesarias para a aplicación do disposto nesta orde.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2000.

Jaime Pita VarelaJosé Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Medio Ambiente

e Administración Pública

Secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Director Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental.

ANEXO I

AXUDAS PARA GRUPOS DE INVESTIGACIÓN DE UNIVERSIDADES

E CENTROS PÚBLICOS DE INVESTIGACIÓN DE GALICIA QUE

TRABALLEN EN INVESTIGACIÓN APLICADA EN MEDIO AMBIENTE

Estas axudas teñen como obxectivo contribuír á formación de novos grupos así como prestarlles apoio a aqueles equipos de investigación xa existentes para o desenvolvemento de proxectos de investigación aplicada en medio ambiente coa finalidade de mellora-lo sector, de acordo coas áreas establecidas no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Programa de Investigación en Medio Ambiente.

-Coñecemento do medio (aéreo, acuático, terrestre, flora e fauna):

* Caracterización e inventarios.

* Avaliación do estado actual.

* Análise de fenómenos globais e a súa evolución.

-Conservación, mellora e recuperación do ambiente:

* Planificación e modelización.

* Xestión sostible do medio.

* Protección de hábitats e especies.

* Aproveitamento integral dos recursos naturais.

-Contaminación e tecnoloxías ambientais:

* Caracterización de contaminantes e análise de procesos.

* Reducción, reutilización e reciclaxe de residuos.

* Vulnerabilidade dos sistemas naturais fronte a contaminación.

* Tecnoloxías limpas (de prevención e reducción da contaminación).

Para os efectos desta convocatoria defínense os seguintes conceptos:

a) Grupo de investigación: conxunto estable de persoas que baixo a dirección continuada dunha

delas realizan coordinadamente e de forma habitual tarefas de investigación nun reducido número de liñas, afíns ou complementarias.

b) Equipo de investigación: membros dun grupo de investigación, que baixo a dirección dun deles realizan ou solicitan un proxecto de investigación.

c) Proxecto de investigación coordinado: proxecto de investigación no que participan equipos de investigación que pertencen a grupos de investigación distintos que achegan coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación con ese proxecto.

d) Persoal con vinculación estable: persoal numerario, contratado laboral estable ou outras figuras equivalentes.

e) Persoal con vinculación: persoal con relación laboral ou contractual non estables, bolseiros de predoutoramento ou análogos. Non se considerará como vinculación dispor dunha bolsa de terceiro ciclo ou análoga excepto naqueles supostos en que así o indiquen as correspondentes bases da convocatoria.

1) Grupos solicitantes.

Para poder participar nesta convocatoria os investigadores deberán integrarse en grupos que se han de manter, cando menos, durante o período de vixencia da axuda concedida, salvo circunstancias excepcionais acaecidas con posterioridade á súa aprobación e que deberán ser autorizadas expresamente pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e pola Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental; cada investigador só poderá formar parte dun grupo e cada grupo só poderá presentar unha solicitude nesta convocatoria non computándose para estes efectos as axudas para solicitudes do V Programa Marco.

Para os efectos da presente convocatoria establécense os seguintes tipos de grupos:

1.1. Grupos en formación. Trátase de investigadores que presentan propostas orientadas a crear grupos de investigación para desenvolver novas liñas de investigación aplicada en ciencias e tecnoloxías en medio ambiente, non cubertas por grupos existentes no seu contorno. Tamén poderán constituírse novos grupos arredor de liñas existentes se se alegan razóns circunstanciais de forza maior. No caso de grupos en formación cada grupo só poderá ter un equipo. Os novos grupos deberán cumprir como mínimo as seguintes características de composición:

1.1.1. O grupo terá como mínimo tres membros.

1.1.2. O investigador principal deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de dous anos como tal e deberá ter vinculación estable co correspondente organismo.

1.1.3. Os restantes membros (mínimo dous) deberán ser titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo. Para este caso e só para un deles, admitirase tamén como vinculación ser bolseiro de terceiro ciclo de segundo ano.

1.2. Grupos/equipos consolidados. Trátase de grupos/equipos experimentados como tales e con cohe

rencia interna. Neste caso cada grupo poderá ter máis dun equipo e todos eles deberán ter como mínimo as seguintes características de composición:

1.2.1. O grupo/equipo terá como mínimo tres membros.

1.2.2. O investigador principal deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de catro anos como tal e deberá ter vinculación estable ó organismo ó que pertence.

1.2.3. Outro investigador deberá ser doutor con vinculación ó correspondente organismo e dedicación a tempo completo. No caso de que a súa dedicación non sexa a tempo completo deberá ser substituído por dous investigadores coas mesmas características pero con dedicación a tempo parcial.

Este/es investigador/es e o investigador principal deberán posuír experiencia investigadora afín ou complementaria.

1.2.4. Os restantes membros (mínimo un) deberán ser, como mínimo, titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo.

1.2.5. No caso de que o grupo/equipo teña algún proxecto vixente, para poder solicitar un proxecto nesta convocatoria o tamaño mínimo deste incrementarase incorporando, como mínimo, un titulado superior con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo (en total catro membros).

Excepcionalmente e con carácter transitorio no caso dos centros sectoriais da Consellería de Medio Ambiente admitiranse as seguintes situacións particulares:

a) O investigador principal poderá ser un titulado superior cunha experiencia mínima de catro anos como investigador.

b) O investigador citado no punto 1.2.3. poderá ser un titulado superior vinculado ó centro con dous anos acreditados de experiencia investigadora ou titulado de grao medio vinculado con catro anos de experiencia investigadora.

c) Os investigadores ós que se refiren os punto 1.2.4. e 1.2.5. poderán ser titulados superiores vinculados ó centro. No seu defecto e con carácter excepcional o equipo poderá completarse con técnicos de grao medio vinculados ó centro e con dous anos de experiencia.

1.3. Grupos/equipos de excelencia. Trátase de grupos/equipos consolidados que cumpren unhas condicións mínimas en canto á súa composición e uns criterios preestablecidos de calidade.

1.3.1. Carácterísticas mínimas de composición:

a) O grupo/equipo terá como mínimo cinco membros.

b) No grupo/equipo deberán figurar un mínimo de tres doutores:

b.1. O investigador principal deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de oito anos como tal

e deberá ter vinculación estable co correspondente organismo.

b.2. Outro dos investigadores deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de seis anos e tamén con vinculación estable ó organismo.

b.3. Un terceiro doutor con vinculación e dedicación a tempo completo.

c) Os restantes membros (mínimo dous) deberán ser, alomenos, titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó organismo.

d) No caso de que o grupo/equipo teña algún proxecto vixente, para poder solicitar un proxecto nesta convocatoria o tamaño mínimo deste incrementarase incorporando, alomenos, un titulado superior con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo (en total seis membros).

1.3.2. Criterios de calidade:

Para que o grupo/equipo poida ser considerado de excelencia, o conxunto dos seus membros deberá reunir alomenos catro dos seguintes criterios de calidade:

a) Catro sexenios recoñecidos.

b) Cinco teses de doutoramento dirixidas e lidas.

c) Doce publicacións de prestixio internacional que supoñan unha contribución real e non simple rutina.

d) Dúas patentes nacionais ou internacionais rexistradas.

e) Dirección de seis proxectos competitivos de ámbito nacional ou internacional.

f) Unha presidencia dun comité organizador dun congreso dunha sociedade internacional.

g) Ser membro do comité científico dunha revista de prestixio internacional.

h) Dirección de seis proxectos financiados por empresas.

1.4. Incorporación doutros membros ó grupo/equipo.

Para calquera das modalidades de grupos definidas anteriormente o tamaño mínimo característico do equipo poderase incrementar, obviamente, por incorporación ó proxecto doutros investigadores que serán considerados para os efectos de avalia-la viabilidade do proxecto e de determina-lo importe da subvención concedida se cumpren o requisito de que as súas categorías profesionais (titulación, vinculación co organismo, etc.) son como mínimo igual ás que se lle requiren ó membro menos cualificado de tódolos que forman o equipo base. Como colaboradores no proxecto solicitado poderán figurar outros titulados superiores sen vinculación, que non serán computados na valoración deste. Tamén poderán incorporarse asesores científicos e colaboradores para accións específicas pertencentes a outros grupos que

só serán considerados para os efectos da avaliación cientificotécnica do proxecto.

2) Axudas ás que poden opta-los grupos e limitacións que afectan ós seus membros.

2.1. Grupos en formación.

Axudas.

Os grupos en formación poderán solicitar unha axuda destinada á realización de actividades encamiñadas á formación do grupo e polo tanto unha axuda que só poderá ser solicitada previamente a obtención dun proxecto de investigación por parte deste. A contía máxima desta axuda ascende a un millón de pesetas por ano, para un período de dous anos e só se poderá conceder por unha soa vez.

2.2. Grupos/equipos consolidados.

2.2.1. Axudas.

Os grupos/equipos consolidados poderán solicitar dous tipos de axudas debendo optar nesta convocatoria por só unha delas:

a) Incentivos.

Os grupos/equipos consolidados que nas convocatorias do ano 1999 obtiveran un proxecto aplicado do Plan Nacional relativo a ciencias e tecnoloxías en medio ambiente (non se consideran os proxectos financiados con fondos FEDER, concedidos ó abeiro do Decreto 309/1997, do 25 de setembro), ou do Programa Marco Europeo poderán solicitar, en lugar de proxecto de investigación, por cada un dos proxectos obtidos e vixentes, unha axuda destinada a reforza-la capacidade competitiva do grupo. O importe máximo desta axuda será de tres millóns no caso de proxectos do Plan Nacional e de cinco millóns no caso do Programa Marco e só se poderá conceder unha vez por cada proxecto.

b) Proxecto de investigación.

Os grupos/equipos consolidados poderán solicitar un proxecto de investigación dun importe máximo de catorce millóns de pesetas para un período de tres anos. Dentro deste límite o financiamento será concedido en función da natureza do proxecto e as esixencias da investigación presentada, a calidade do proxecto, a calidade e tamaño do grupo e a duración do proxecto.

A axuda solicitada deberase referir a algún dos conceptos que se indican no punto 4 destas bases.

Co fin de favorece-la cooperación entre grupos poderanse presentar proxectos coordinados sempre que se trate de grupos que acheguen coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación co proxecto. Para cada un dos subproxectos que integran o proxecto coordinado requirirase un mínimo de dous investigadores a saber:

-O responsable de cada subproxecto deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de catro anos como tal e deberá ter vinculación estable ó organismo ó que pertence. Un deles será o coordinador do proxec

to. No caso dos centros sectoriais da Consellería de Medio Ambiente a antigüidade como doutor poderá ser suplida por unha experiencia investigadora acreditada de catro anos.

-Os restantes membros de cada subproxecto (mínimo un) deberán ser, como mínimo, titulados superiores con vinculación a tempo completo ó correspondente organismo. No caso dos centros sectoriais da Consellería de Medio Ambiente este investigador poderá ser un técnico de grao medio con experiencia investigadora acreditada de catro anos.

2.2.2. Limitacións.

Os investigadores con vinculación estable ó corresponte organismo que figuren no proxecto poderán participar simultaneamente noutros proxectos de investigación coas seguintes limitacións, computando o proxecto solicitado:

a) Se teñen unha antigüidade como doutores de catorce ou máis anos ou se é o caso unha experiencia investigadora mínima de catorce ou máis anos e vinculación estable a un centro sectorial da Consellería de Medio Ambiente poderán participar nun máximo de catro proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo e en dous se é a tempo parcial.

b) Se teñen unha antigüidade como doutores entre dez e trece anos ou se é o caso unha experiencia investigadora entre dez e trece anos e vinculación estable a un centro sectorial da Consellería de Medio Ambiente poderán participar nun máximo de tres proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo e en dous se é a tempo parcial.

c) Se teñen unha antigüidade como doutores entre catro e nove anos ou se é o caso unha experiencia investigadora entre catro e nove anos e vinculación estable a un centro sectorial da Consellería de Medio Ambiente poderán participar nun máximo de dous proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo e nun se a dedicación é a tempo parcial.

Os restantes membros do grupo/equipo non incluídos nalgún dos tres puntos anteriores só poderán participar no proxecto que se solicita.

Ningún grupo/equipo consolidado poderá ter vixente máis dun proxecto financiado con cargo ó programa de investigación en Medio Ambiente do Plan Galego de IDT, pero si poderá simultanear un proxecto do dito programa cun proxecto do programa de promoción xeral da investigación do plan sempre que cumpra as limitacións específicas descritas anteriormente.

Con carácter transitorio e para os efectos desta convocatoria exclúense do cómputo de proxectos vixentes tódolos proxectos do Programa Marco. Tamén se exclúen os proxectos do Plan Nacional que rematen antes do 1 de xaneiro do 2001, os proxectos concedidos con fondos FEDER ó abeiro

do Decreto 309/1997, do 25 de setembro, e calquera proxecto empresarial do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

2.3. Grupos/equipos de excelencia.

2.3.1. Axudas.

Os grupos/equipos de excelencia poderán solicitar dous tipos de axudas, debendo optar nesta convocatoria por só unha delas:

a) Incentivos.

Trátase do mesmo tipo de axudas descritas no punto 2.2.1.a) para os grupos/equipos consolidados e coas mesmas características e limitacións agás que neste caso poderán ascender ata un máximo de catro millóns para proxectos do Plan Nacional e seis millóns para proxectos do Programa Marco.

b) Proxectos de investigación

Os grupos/equipos de excelencia poderán solicitar un proxecto de investigación dun importe máximo de dezaoito millóns de pesetas para un período de tres anos. Dentro deste límite o financiamento será concedido en función da natureza do proxecto e esixencias da investigación presentada, a calidade do proxecto, a calidade e tamaño do grupo e a duración do proxecto.

A axuda solicitada deberase referir a algún dos conceptos que se indican no punto 4 destas bases incluíndo o concepto de persoal.

Co fin de favorece-la cooperación entre grupos poderanse presentar proxectos coordinados sempre que se trate de grupos que acheguen coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación co proxecto. Para cada un dos subproxectos que integran o proxecto coordinado requirirase que os seus membros cumpran as condicións establecidas para os grupos de excelencia, podendo prescindirse dun dos investigadores que se indican no punto 1.3.1.

2.3.2. Limitacións.

Os investigadores doutores con vinculación estable ó correspondente organismo, que figuren no proxecto poderán participar simultaneamente noutros proxectos de investigación coas mesmas limitacións que as descritas para os grupos consolidados no punto 2.2.2.

Ningún grupo/equipo de excelencia poderá ter vixente máis dun proxecto financiado con cargo ó programa de Investigación en Medio Ambiente do Plan Galego de IDT, pero si poderá simultanear un proxecto do dito programa cun proxecto do programa de promoción xeral da investigación do plan sempre que cumpra as limitacións específicas descritas anteriormente.

Con carácter transitorio e para os efectos desta convocatoria exclúense do cómputo de proxectos vixentes tódolos proxectos do Programa Marco. Tamén se exclúen os proxectos do Plan Nacional que rematen antes do 1 de xaneiro de 2001, os

proxectos concedidos con fondos FEDER ó abeiro do Decreto 309/1997, do 25 de setembro, e calquera proxecto empresarial do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

2.4. Outras axudas: axudas para solicitudes do V Programa Marco.

Ademais das axudas descritas anteriormente e co fin de promove-la competitividade no V Programa Marco os grupos/equipos consolidados e os grupos/equipos de excelencia poderán solicitar axudas encamiñadas a cubri-los gastos que supón a elaboración dun proxecto europeo. O importe máximo destas axudas será de 250.000 ptas. referidas os conceptos específicos recollidos nos puntos 4.4. e 4.5. destas bases, sempre en relación ós gastos de elaboración do correspondente proxecto. Estas axudas son compatibles coas axudas descritas nos puntos 2.2. e 2.3.

3. Solicitudes.

As solicitudes serán presentadas polo investigador principal do proxecto que deberá pertencer a unha das universidades do sistema universitario de Galicia ou a outros centros/organismos públicos de investigación radicados na Comunidade Autónoma. Cando no proxecto figuren investigadores que pertenzan a organismos distintos ó do investigador principal, estes terán que acredita-la autorización do seu organismo para participar no proxecto; estes investigadores non computarán para os efectos da composición mínima requirida a cada tipo de grupo/equipo solicitante agás cando se trate de equipos mixtos entre investigadores dos centros dependentes da consellería de Medio Ambiente e investigadores doutros centros/organismos públicos de investigación de Galicia.

O modelo oficial de solicitude número MAM-01 (do que a cara externa se publica como anexo V desta orde), está á disposición dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e en Internet nos enderezos:

http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm.

http://www.cesga.es/sxid.

http://www.xunta.es/conselle/cma/index.htm.

Os solicitantes deberán realizar unha declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto de tódalas administracións públicas, utilizando a estes efectos o documento que se inclúe no modelo de solicitude. Así mesmo deberán razoa-lo carácter aplicado e o interese socioeconómico do proxecto e estudia-la posibilidade de explotación dos resultados e a súa posible transferencia á empresa.

As solicitudes presentaranse por triplicado, no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente, no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999. No caso de que o director do grupo non participe na composición do equipo investigador requirirase o seu visto e prace á correspondente solicitude.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e para o caso da lingua galega deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

Calquera solicitude deberá ser presentada co visto e prace do representante legal do organismo correspondente (rector no caso das universidades).

O prazo de presentación de solicitudes remata o 9 de xuño de 2000.

4. Conceptos subvencionables. En xeral as axudas solicitadas deberanse referir a algún dos conceptos que de seguido se relacionan, se ben cada tipo de grupo deberá ter en conta as limitacións que lle son específicas:

4.1. Persoal contratado especificamente para colaborar nas actividades de investigación do proxecto. Estes contratos serán incompatibles coa percepción de calquera outra remuneración. A contratación realizarase conforme os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

Poderá solicitarse persoal nas diferentes modalidades de axuda previstas neste anexo agás para o caso de grupos en formación (punto 2.1.) e para as axudas para solicitudes do V Programa Marco (punto 2.4.).

O importe máximo por este concepto será de 5.100.000 ptas. para proxectos de 3 anos de duración, 3.400.000 ptas. para proxectos de 2 anos de duración e 1.700.000 ptas. para proxectos dun ano de duración e no caso dos incentivos de grupo/equipos consolidados ou de excelencia (puntos 2.2.1.a) e 2.3.1.a) destas bases) poderase imputar a este concepto ata o importe total de subvención permitida descontados os custos indirectos.

4.2. Material inventariable e bibliográfico indispensable para a realización do proxecto, debidamente xustificados. O material inventariable e bibliográfico adquirido con cargo a estas axudas será propiedade do organismo ó que pertence o investigador responsable do proxecto.

4.3. Material funxible.

4.4. Axudas de custo por desprazamento para actividades que se precisen no desenvolvemento do proxecto.

4.5. Outros gastos (especificalos no modelo de solicitude).

4.6. Custos indirectos: imputarase por este concepto un 10% do custo total do proxecto, co fin de resarci-lo correspondente organismo dos gastos que a execución do proxecto leva implícitos.

5. Tramitación.

Se a documentación achegada estivera incompleta por parte da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento requerirase ó solicitante para que no prazo de dez días a complete ou emende as deficiencias observadas, con advertencia de que, de non o facer consideraráselle desistido da súa solicitude procedéndose conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

Aqueles investigadores que non cumpran os requisitos establecidos nestas bases serán excluídos e no caso de que o grupo/equipo de investigación resultante non cumpra os requisitos mínimos esixidos na súa categoría (grupo en formación, grupo/equipo consolidado ou de excelencia) a solicitude será desestimada.

A ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que poida acordarse outro tipo de actuacións.

Cando a temática do proxecto o aconselle, logo de informe do xestor do programa e audiencia ó investigador principal, o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento conxuntamente co director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental poderá determina-lo trasvase de solicitudes presentadas ó abeiro desta convocatoria a outras convocatorias do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

6. Valoración e selección.

A valoración das solicitudes presentadas relativas a proxectos de investigación será realizada por expertos externos designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento logo da consulta á consellería de Medio Ambiente. Efectuada a valoración, a selección das solicitudes e a determinación, se é o caso, da contía da axuda será realizada por unha Comisión de Selección constituída por cinco membros dos que tres serán designados polo director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. Para a selección dos beneficiarios e a cuantificación das axudas de proxectos de investigación teranse en conta os seguintes criterios:

a) A valoración científico-técnica realizada polos expertos como referencia fundamental.

b) A valoración dos resultados obtidos, polos investigadores que forman o equipo, en proxectos financiados anteriormente.

c) A coherencia dos obxectivos do proxecto cos obxectivos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Programa de Investigación en medio ambiente.

d) O interese, relevancia e oportunidade, dos obxectivos do proxecto cara á resolución de problemas do sector relevantes para a Comunidade Autónoma.

e) A incidencia que nos mecanismos de transferencia de tecnoloxía poidan te-los resultados do proxecto presentado a través de empresas ou ben directamente pola propia institución.

f) Para o axuste económico e cando sexa necesario como complemento do criterio a) terase en conta a calidade do proxecto, a calidade e tamaño do equipo e a natureza e esixencia da investigación que se vai realizar.

A comisión elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental para que resolvan conxuntamente, podendo financiarse total ou parcialmente o orzamento presentado. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e nela especificarase a partida orzamentaria á que se imputa a axuda e en consecuencia o centro directivo que se encargará dos correspondentes pagamentos (Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental).

O solicitante deberá comunica-la súa aceptación á concesión e á súa contía, para a realización do proxecto aprobado, no prazo de 15 días naturais a partir da publicación da resolución correspondente.

Para a selección dos beneficiarios e o establecemento da contía das axudas para a formación de novos grupos, os incentivos de grupos consolidados e de excelencia así como para as axudas para solicitudes do V Programa Marco (puntos 2.1.1.a), 2.2.1.a), 2.3.1.a) e 2.4. respectivamente), terase en conta fundamentalmente a calidade do grupo e as actividades que se pretenden realizar coa axuda solicitada.

7. Libramento da subvención.

A subvención será librada a través do organismo ó que pertenza o equipo investigador, conforme o plan de necesidades do proxecto subvencionado e de acordo coa normativa vixente.

Para poder proceder ó libramento dos fondos será necesario que a universidade ou organismo correspondente expida a certificación expresiva da realización do gasto ou, se é o caso, de ter adquirido o seu compromiso, acompañada dos informes parciais ou finais dos proxectos de investigación correspondentes. Ademais no caso das axudas recollidas no punto 2.4. requirirase documento acreditativo de ter presentado solicitude ó V Programa Marco.

Antes do pagamento correspondente á anualidade corrente no caso de proxectos dun ano de duración ou da última anualidade no caso de proxectos plurianuais o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administración públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

8. Seguimento do proxecto.

As axudas concedidas son compatibles con calquera outra destinada ó mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que as conceda, sempre que conxuntamente non superen o custo total do proxecto de acordo coas valoracións feitas polos expertos.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental poderán utiliza-los procedementos que consideren necesarios para coñece-lo desenvolvemento do proxecto e o investimento das cantidades achegadas. Poderanse solicitar informes parciais que acrediten o progreso da investigación en curso e dean conta dos resultados obtidos ata ese momento. O xestor do programa, previsto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, poderá coñece-la marcha dos proxectos financiados e propo-la suspensión da axuda se da análise da marcha do proxecto derivase unha mala utilización dos fondos ou un desvío dos obxectivos do proxecto.

Finalizado o proxecto a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento en coordinación coa Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental remitirá ós investigadores principais un impreso normalizado, para que nel se fagan consta-los resultados obtidos no seu desenvolvemento, quedando os investigadores principais obrigados a presenta-lo dito impreso cuberto, nun prazo máximo de 3 meses desde a finalización do proxecto, a través do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou da Consellería de Medio Ambiente. A información contida neste impreso será avaliada polo xestor do programa que, logo das comprobacións e aclaracións que sexan necesarias emitirá un informe sobre o cumprimento do proxecto, con destino á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental. Estas unidades poderán convoca-lo investigador principal, se o consideran necesario, a unha entrevista en

relación coa execución do proxecto e os resultados obtidos.

9. Difusión de resultados.

Os traballos e mailos resultados obtidos serán propiedade dos seus autores que no momento de facelos públicos deberán facer consta-la referencia específica da axuda recibida da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e deberán

enviar a través do rexistro xeral da dita consellería ou do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento un exemplar das correspondentes publicacións.

Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a informar á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental de calquera resultado útil obtido no desenvolvemento do proxecto incluída unha posible patente.

10. Incidencias.

Os investigadores que se integran nun grupo que resulte seleccionado quedan obrigados a manterse no dito grupo (e non poderán integrarse ou formar parte doutro grupo), durante o período de vixencia do proxecto financiado, salvo circunstancias excepcionais acaecidas con posterioridade á aprobación do proxecto e que deberán ser autorizadas expresamente pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental.

Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental resolverán tódalas dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación desta convocatoria.

O incumprimento dos compromisos adquiridos conforme os termos do proxecto presentado e ás bases desta convocatoria dará lugar á revogación da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas de conformidade co disposto nos artigos 78.7º e 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido la Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Así mesmo, a obtención concorrente doutras axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

ANEXO II

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE PROXECTOS

DE INVESTIGACIÓN EN MEDIO AMBIENTE POR EMPRESAS

DE GALICIA

1. Obxectivos.

A Consellería de Medio Ambiente e a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, de acordo cos obxectivos xerais establecidos no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (PGIDT), dirixidos ó estímulo do sector empresarial co fin de incrementar tanto a súa competitividade como as posibilidades de creación de emprego, con

sideran do maior interese incentiva-la capacidade de innovación das empresas galegas mediante a convocatoria de axudas para a realización de proxectos de investigación empresarial no ámbito do medio ambiente cos obxectivos de:

-Reducción no uso de recursos naturais non renovables.

-Deseño, desenvolvemento e aplicación das mellores tecnoloxías ambientais (MTD).

-Tratamentos de fin de liña de verquidos e emisións de contaminantes.

Para acadar eses obxectivos esta liña de axudas pretende:

a) Fomenta-la realización de proxectos de iniciativa empresarial para favorece-la innovación nas empresas.

b) Incrementa-la colaboración dos centros de investigación e universidades da Comunidade Autónoma coas empresas de Galicia.

c) Estimular a medio prazo a participación das empresas de Galicia, sobre todo pequenas e medianas empresas, nos programas nacionais e europeos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico.

Por outra banda, debido á carencia de medios adecuados que se observa en gran número de empresas e á existencia de notables recursos científicos de carácter público, serán obxecto de apoio especial os proxectos nos que se conte coa colaboración de centros públicos de investigación sen prexuízo da consideración favorable con que se recollan os proxectos presentados por empresas que teñan unha estructura e activos en I+D que lles permita abordar con solvencia a súa realización en solitario.

2. Tipos de axudas.

Poderán presentarse proxectos nalgunha das seguintes modalidades:

a) Modalidade A: proxectos presentados por empresas que teñen unha estructura e activos de I+D que lles permite abordar por si mesmas a realización do proxecto.

b) Modalidade B: proxectos presentados por empresas que debido á carencia de medios adecuados encargan a totalidade ou parte da investigación que se vai realizar no proxecto a equipos das universidades, dos centros públicos de investigación ou dos centros tecnolóxicos de Galicia.

3. Contía das axudas.

A contía das axudas concedidas poderá acadar como máximo ata un 70% dos gastos necesarios para a consecución dos resultados finalistas obxecto do proxecto no caso de investigación básica e o 45% para investigación aplicada e desenvolvemento.

4. Condicións.

Poderán acollerse a estas axudas as empresas e asociacións ou agrupacións destas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Te-lo seu domicilio social ou algún dos seus centros de traballo radicados na Comunidade Autó

noma de Galicia e realiza-lo proxecto obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia.

b) Estar ó corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

c) Non ter contraída débeda coa Xunta de Galicia.

d) Posuír personalidade xurídica propia e suficiente capacidade de obrar e non estar inhabilitada para a obtención de subvencións públicas ou para contratar co Estado, Comunidades Autónomas e outros entes públicos.

e) As demais esixibles en virtude de normas de dereito necesario.

5. Solicitudes.

As solicitudes segundo o modelo oficial número MAM-02 (que se publica como anexo VI a esta orde) están á disposición dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e en Internet nos enderezos:

http://www.cesga.es/sxid.

http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm.

http://www.xunta.es/conselle/cma/index.htm.

As solicitudes presentaranse por triplicado, no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente, no da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

5.1. Prazo de presentación.

Rematará o día 9 de junio de 2000.

5.2. Ámbito temporal.

Estas axudas concédense para a realización dun proxecto por un período máximo de tres anos e, en todo caso, o proxecto deberá estar rematado antes do 31 de decembro de 2002.

6. Documentación.

Á solicitude xuntaránselle os seguintes documentos:

1) Copia compulsada do CIF da empresa solicitante, ou NIF no caso de empresario individual, así como xustificante de alta no imposto de actividades económicas (IAE).

2) Copia compulsada do documento nacional de identidade e do poder verificado na súa suficiencia de representación co que actúe o solicitante e copia compulsada da escritura de constitución e modificación se é o caso, da persoa xurídica á que representa, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil ou Industrial.

3) Declaración expresa de non ter contraída ningunha débeda, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia.

4) Declaración expresa de estar ó día de pagamento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social.

5) No caso de proxectos da modalidade B xuntarase copia do contrato/convenio de colaboración asinado entre a empresa e o organismo/s público/s de investigación que realizará/n o proxecto ou que colaborará/n na súa realización ou no seu defecto unha carta de intencións. Neste documento deberá consta-la composición do/s equipo/s de investigación do/s dito/s organismo/s público/s.

6) Xuntarase tamén unha declaración xurada do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto de tódalas administracións públicas, utilizando para estes efectos o documento que se inclúe no modelo de solicitude.

7. Gastos subvencionables.

7.1. Gastos de persoal.

Soamente será subvencionable aquel persoal alleo ó cadro de persoal da empresa que sexa contratado especificamente para colaborar no proxecto e que non teña vinculación laboral con ela nin a tivese nos dous últimos anos debendo especificarse na solicitude o perfil requirido. A subvención que poderá concederse por este concepto ascende a un máximo de 5.100.000 ptas. para proxectos a tres anos, 3.400.000 ptas. para proxectos a dous anos e 1.700.000 ptas. para proxectos a un ano.

A empresa poderá computar como contribución súa á realización do proxecto e polo concepto de persoal propio que se dedica á investigación e que colabore no proxecto ata un máximo do 60% do orzamento que deba achega-la empresa.

Os proxectos de investigación empresarial a que se refire esta orde poderán incluí-la contratación laboral de mozos titulados universitarios e de formación profesional de segundo grao ou ciclo superior. As ditas contratacións poderán concorrer ós incentivos dos programas de fomento dos contratos en prácticas e para a innovación tecnolóxica que convoca a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Para que as ditas contratacións poidan ser obxecto de subvención deberán reuni-los requisitos e condicións e observa-los prazos que se establezan para a presentación de solicitudes na correspondente orde de convocatoria e requirirán o informe previo da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

7.2. Gastos de material inventariable.

Custos de adquisición e utilización de instalacións, equipos, instrumentos, aparellos e demais material inventariable, na medida en que os ditos bens se destinen á actividade de investigación proposta. Admitirase material a escala de laboratorio e de plan

ta piloto pero en ningún caso se admitirá material a escala productiva (investimentos productivos).

7.3. Gastos en materiais funxibles.

Unicamente os vinculados directamente ó proxecto

7.4. Gastos xerais.

Gastos suplementarios da empresa imputables con cargo directo ó proxecto tales como viaxes, comunicacións, etc. En ningún caso os gastos suplementarios poderán supera-lo 5% do custo subvencionable.

Custo de colaboracións externas coa universidade, centros públicos de investigación ou centros tecnolóxicos de Galicia.

Gastos para a protección dos resultados da investigación e outros gastos directamente derivados da actividade de investigación.

8. Tramitación.

Se a documentación achegada estivera incompleta, a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental requirirá o solicitante para que no prazo de dez días complete a documentación ou emende as deficiencias, con advertencia de que, de non o facer, consideraráselle desistido da súa solicitude procedéndose conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

Non axustarse ós termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que poida acordarse outro tipo de actuacións.

9. Avaliación e selección.

9.1. Comisión de avaliación.

A valoración das solicitudes presentadas será realizada por expertos externos designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento logo da consulta á consellería de Medio Ambiente.

9.2. Comisión de selección.

A selección das solicitudes e a determinación, se é o caso, da contía da axuda será realizada por unha Comisión de Selección constituída por cinco membros dos que tres serán designados polo director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. A comisión terá en conta os seguintes criterios:

a) A valoración realizada polos expertos como referencia fundamental.

b) A coherencia dos obxectivos do proxecto cos obxectivos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Programa de Investigación en Medio Ambiente.

c) O impacto das actuacións e resultados do proxecto cara á resolución de problemas relevantes para a Comunidade Autónoma no sector.

d) Capacidade da empresa para a execución do proxecto.

10. Resolución.

A comisión elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental para que resolvan conxuntamente. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e nela especificarase a partida orzamentaria á que se imputa a axuda e en consecuencia o centro directivo que se encargará dos correspondentes pagamentos (Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental).

11. Aceptación da subvención.

A aceptación da subvención farase mediante documento asinado polo solicitante, no que se comprometa a cumprir tódalas condicións recollidas nestas bases. Así mesmo presentará declaración xurada na que conste que non recibe para o mesmo proxecto axudas que en conxunto sexan superiores ás contías previstas no punto 3. O prazo para a presentación de ambos documentos é de 15 días naturais contados a partir da publicación da resolución correspondente.

12. Libramento da subvención.

Para poder percibi-las axudas correspondentes será necesario presentar, antes do 31 de outubro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, os seguintes documentos:

-Certificación expedida pola entidade bancaria sinalando número de conta da empresa beneficiaria onde se debe realiza-lo pagamento.

-Memoria xustificativa das actividades realizadas, resultados obtidos e custo dos traballos executados, así como os xustificantes debidamente acreditados do investimento realizado.

-Certificación acreditativa de encontrarse ó día das obrigas tributarias coas facendas estatal e autonómica expedidas pola Axencia Tributaria e pola Consellería de Economía e Facenda, respectivamente, así como certificación de encontrarse ó corrente no pagamento das cotas de Seguridade Social.

-Certificación de non ter pendente ningunha débeda por ningún concepto coa Administración da Comunidade Autónoma.

-Antes do pagamento correspondente á anualidade corrente no caso de proxectos dun ano de duración ou da última anualidade no caso de proxectos plurianuais o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus

organismos, entes ou sociedades. En conxunto no poderán ser superiores ó disposto no punto 3.

-No caso de proxectos plurianuais cun importe superior os 5.000.000 de ptas. aval bancario ou de entidade aseguradora que garanta o principal e os xuros, calculados polo xuro legal do diñeiro e por un prazo que medie entre a data de solicitude e o último día no que, de acordo coas normas de concesión da subvención, esta deba ser xutificada.

-No caso de proxectos da modalidade B copia do contrato de colaboración entre a empresa e o organismo público.

Poderán realizarse pagamentos parciais a conta da liquidación final nas condicións establecidas na normativa vixente.

13. Seguimento dos proxectos.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental poderán utiliza-los procedementos que consideren necesarios de modo coordinado para coñece-lo desenvolvemento do proxecto e o investimento das cantidades achegadas. Poderanse solicitar informes parciais que acrediten o progreso da investigación en curso e dean conta dos resultados obtidos ata ese momento. O xestor do programa, previsto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, poderá coñece-la marcha dos proxectos financiados e propo-la suspensión da axuda se da análise da marcha do proxecto derivara unha mala utilización dos fondos ou desvío dos obxectivos do proxecto. Neste contexto a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental poderán asignar a cada proxecto un investigador titor, que baixo a coordinación do xestor do programa poida colaborar no seu desenvolvemento

e seguimento.

Finalizado o proxecto a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental remitirán ás empresas beneficiarias desta axuda un impreso normalizado, para que nel se fagan consta-los resultados obtidos no seu desenvolvemento, quedando a empresa obrigada a presenta-lo dito impreso cuberto, nun prazo máximo de 3 meses desde a finalización do proxecto, a través do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou do rexistro xeral da Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental. A información contida neste impreso será avaliada polo xestor do programa que, logo das comprobacións e aclaracións que sexan necesarias, expedirá un informe sobre o cumprimento do proxecto con destino á Secretaría Xeral de Investigación e á Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental. Estas unidades poderán convoca-lo responsable da empresa, se o consideran necesario, a unha entrevista

en relación coa execución do proxecto e os resultados obtidos.

14. Difusión de resultados.

Os traballos e os resultados obtidos serán propiedade dos seus autores que, non obstante quedan obrigados a remitilos a Consellería de Medio Ambiente e a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento que poderán face-la difusión e divulgación que estimen conveniente, respectando, se é o caso, a súa autoría e a confidencialidade se poidesen ser obxecto de patentes ou afectar á competitividade entre as empresas do sector.

En todo caso a publicación de calquera tipo sobre o proxecto e os seus resultados deberá facer constar de forma específica a axuda recibida da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental e deberán remitirlles un exemplar das correspondentes publicacións.

15. Normas adicionais.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental resolverán tódalas dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación desta convocatoria.

Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

O incumprimento dos compromisos adquiridos conforme os termos do proxecto presentado e conforme as bases desta convocatoria dará lugar á revogación da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas segundo o disposto nos artigos 78.7º e 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido la Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Así mesmo, a obtención concorrente doutras axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

ANEXO III

PRÓRROGAS DAS BOLSAS DE PREDOUTORAMENTO PARA

A REALIZACIÓN DE TESES DE DOUTORAMENTO EN TEMAS

DE INVESTIGACIÓN EN MEDIO AMBIENTE

1. Solicitantes.

Aqueles beneficiarios dunha bolsa de predoutoramento de nova adxudicación, concedida por resolución conxunta da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental do 1 de outubro de 1999 (DOG do 15 de outubro), poderán solicita-la prórroga correspondente ó curso académico 2000/2001 sempre que aínda non rematasen a súa tese de doutoramento.

2. Solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial MAM-03 (que se publica como anexo VII á presente orde), que estarán á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental, e en Internet nos enderezos:

http://www.cesga.es/sxid.

http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm.

http://www.xunta.es/conselle/cma/index.htm.

Presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, acompañadas da seguinte documentación:

2.1. Memoria das actividades académicas e investigadoras realizadas durante o curso 1999/2000. Deberá ir asinada polo bolseiro e co Vº e prace polo director/es do proxecto de investigación.

2.2. Informe (en papel oficial ou con selo do correspondente centro/departamento), do director/es no que se confirme que as actividades realizadas polo bolseiro durante o período de desfrute da bolsa en relación coa adquisición de contidos e destrezas de investigación foron adecuadas.

2.3. Memoria realizada polo bolseiro acerca do estado actual do traballo e plan de traballo durante a prórroga, co visto e prace do director/es.

2.4. Declaración de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 9 de xuño de 2000.

3. Tramitación.

Os servicios administrativos da Secretaría Xeral de I+D procederán á revisión das solicitudes comprobando se é correcta a documentación presentada. En caso contrario requirirase o solicitante para que achegue a documentación complementaria ou emende os erros detectados no prazo de dez días advertíndolle que, de non o facer, procederase conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

4. Contía da bolsa.

O importe das bolsas incluirá:

4.1. Unha asignación mensual de 115.000 ptas. brutas. Esta cantidade poderá incrementarse para o ano 2001 no caso de existir crédito adecuado e suficiente co fin de consegui-la total homologación destas bolsas coas de formación de persoal investigador que convoque o Ministerio de Educación e Cultura para ese ano.

4.2. Seguro de asistencia médica e seguro combinado de accidentes, que se imputará á mesma aplicación orzamentaria que as bolsas.

5. Período de desfrute.

A duración destas bolsas é de 12 meses comprendidos entre outubro de 2000 e setembro de 2001.

6. Comisión de Selección.

A selección de candidatos será efectuada por unha comisión constituída por cinco membros, dos que tres serán designados polo director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento que elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental para que resolvan. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

A comisión valorará os documentos citados nos puntos 2.1., 2.2. e 2.3. do presente anexo; para obte-la prórroga será necesario que a valoración dos ditos documentos sexa favorable.

7. Aceptación da bolsa.

A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro, no que se comprometa a cumprir tódalas condicións recollidas nestas bases. Así mesmo o bolseiro presentará declaración xurada na que conste que non realiza traballo remunerado nin ten outro tipo de bolsa.

8. Condicións de desfrute.

Estas bolsas son incompatibles coa realización dun traballo remunerado ou o desfrute doutro tipo de bolsas ou axudas, salvo co desfrute daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación) así como cos contratos derivados da aplicación do artigo 11 da Lei de reforma universitaria (Lei 11/1983, do 25 de agosto), do artigo 11.2º da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento da investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).

Excepcionalmente poderanse conceder interrupcións no desfrute da bolsa por petición razoada do interesado, logo do informe do seu director de tese. As interrupcións non poderán ser nunca superiores a seis meses ó longo da duración da bolsa e as posibles renovacións e non darán lugar en ningún caso á posibilidade de recupera-lo período interrompido.

No momento en que se produza a incompatibilidade no desfrute da bolsa o bolseiro deberá comunicalo á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou á Dirección Xeral do Centro de Infor

mación e Tecnoloxía Ambiental, procedéndose á suspensión da bolsa correspondente e adxudicarlla a outro candidato, de acordo coa lista de suplentes, se a houbese.

Para que o interesado poida ter dereito a percibi-las mensualidades correspondentes ó período anterior á súa renuncia deberá presenta-la memoria da actividade realizada ata ese momento, asinada por el e co visto e prace do director da tese.

Así mesmo no momento en que realice a lectura da súa tese de doutoramento deberá comunicalo e no caso de que o bolseiro xustifique mediante un informe do seu director que participa noutras tarefas de investigación poderase autoriza-la continuación do desfrute da bolsa ata o remate do período para o que se lle concedeu.

9. Obrigas dos bolseiros. Seguimento da axuda.

O bolseiro estará obrigado a cumprir con aproveitamento as distintas etapas do proxecto de investigación, debendo axustarse ás normas propias do departamento ou centro de investigación onde aquel se realice, con dedicación exclusiva á súa función.

Antes de finaliza-lo segundo trimestre do período de desfrute da bolsa, terá que remitir á Secretaría Xeral de I+D, un informe do labor realizado ata o momento. Nos 15 días seguintes á finalización da bolsa, remitirá un informe final (máximo 5 páxinas), que resuma a totalidade do traballo realizado incluíndo, se é o caso, copia dos traballos publicados. Nos informes deberá figura-lo visto e prace do director do proxecto.

Os bolseiros adscritos á universidade poderán dedicar ata un máximo de 80 horas durante o curso académico á colaboración en actividades docentes con fins formativos, logo da conformidade entre o director do traballo e o departamento implicado. A concesión e desfrute dunha bolsa non establece relación contractual ou estatutaria co centro ó que quede adscrito o beneficiario, nin implica por parte do organismo receptor ningún compromiso en canto á posterior incorporación do interesado ó cadro de persoal do mesmo.

Os bolseiros están obrigados a residir na Comunidade Autónoma salvo durante os períodos de formación ós que expresamente sexan autorizados.

O bolseiro está obrigado a notificar á Secretaría Xeral de I+D a data de defensa da súa tese e a cualificación obtida. No suposto de que non realice a defensa da tese deberá notificalo igualmente, indicando as causas que motivaron a dita circunstancia.

10. Incidencias.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental resolverán tódalas dúbidas e incidencias que se poidan presentar na aplicación desta convocatoria.

ANEXO IV

PRÓRROGAS DAS BOLSAS PARA A INCORPORACIÓN

DE TITULADOS SUPERIORES Ó CENTRO DE INVESTIGACIÓNS

FORESTAIS DE LOURIZÁN

1. Solicitantes.

Aqueles beneficiarios dunha bolsa para incorporación a proxectos de investigación do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, concedida por resolución conxunta da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental do 13 de decembro de 1999 (DOG do 23 de decembro), poderán solicita-la prórroga correspondente para o período 15 de decembro de 2000 a 15 de decembro de 2001.

2. Solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial MAM-04 (publicadas no anexo VIII desta orde), que estarán á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental, e en Internet nos enderezos:

http://www.cesga.es/sxid.

http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm.

http://www.xunta.es/conselle/cma/index.htm.

Presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente, no da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, acompañadas da seguinte documentación:

2.1. Memoria das actividades investigadoras realizadas durante o período de desfrute da bolsa. Deberá ir asinado polo bolseiro e co visto e prace polo director/es do proxecto de investigación.

2.2. Informe (en papel oficial ou con selo do correspondente centro/departamento), do director do CIF de Lourizán no que se confirme que as actividades realizadas polo bolseiro durante o período de desfrute da bolsa foron adecuadas.

2.3. Memoria realizada polo bolseiro acerca do plan de traballo que executará durante a prórroga, co visto e prace do director/es.

2.4. Declaración de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes.

3. Prazo de presentación.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2000.

4. Período de desfrute.

A duración destas bolsas é de 12 meses comprendidos entre o 15 de decembro de 2000 e 15 de decembro de 2001.

5. Tramitación.

Os servicios administrativos da Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental procederán á revisión das solicitudes comprobando se é correcta a documentación presentada. En caso contrario requirirase o solicitante para que achegue a documentación complementaria ou emende os erros detectados no prazo de dez días advertindo que de non o facer procederase conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

6. Condicións de desfrute.

Estas bolsas son incompatibles coa realización dun traballo remunerado ou o desfrute doutro tipo de bolsas ou axudas, salvo co desfrute daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación) así como cos contratos derivados da aplicación do artigo 11 da Lei de reforma universitaria (Lei 11/1983, do 25 de agosto), do artigo 11.2º da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento da investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).

No momento en que se produza a incompatibilidade no desfrute da bolsa o bolseiro deberá comunicalo á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou á Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental, procedéndose á suspensión da bolsa correspondente e adxudicarlla a outro candidato, de acordo coa lista de suplentes, se a houbese.

Para que o interesado poida ter dereito a percibi-las mensualidades correspondentes ó período anterior á súa renuncia deberá presenta-la memoria da actividade realizada ata ese momento, asinada por el e co visto e prace do director do proxecto.

7. Obrigas dos bolseiros. Seguimento da axuda.

O bolseiro estará obrigado a cumprir con aproveitamento as distintas etapas do proxecto de investigación, debendo axustarse ás normas propias do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, con dedicación exclusiva a súa función.

Nos 15 días seguintes á finalización da bolsa, remitirá un informe final (máximo 5 páxinas), que resuma a totalidade do traballo realizado incluíndo, se é o caso, copia dos traballos publicados. Nos informes deberá figura-lo visto e prace do director do proxecto.

8. Outras normas da convocatoria.

A estas bolsas seranlles de aplicación as normas recollidas nos puntos 4, 6 e 7 do anexo III.