Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 2000 Páx. 7.218

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 12/2000.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio), coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, acorda darlles publicidade ás adxudicacións dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, As Xubias de Arriba, 84; 15006, A Coruña.

Número de expediente: 12/2000.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: contrato de subministracións.

Descrición do obxecto: subministración de apósitos, vendas e outros.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación

Tramitación: anticipada.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 20.574.160 ptas. (123.653,19 euros).

5. Adxudicación.

Data: 27 de marzo de 2000.

Contratistas:

Lote 1: Indas, S.A., 2.394.000 ptas. (14.388,23 euros).

Lote 2: Convatec, S.A., 8.316.800 ptas. (49.984,97 euros).

Lote 3: Smith & Nephew Ibérica, S.A., 4.179.420 ptas. (25.118,82 euros).

Lote 4: Prosaga, S.L., 1.729.067 ptas. (10.391,90 euros).

Lote 5: Clínica y Control, S.A., 2.713.440 ptas. (16.308,10 euros).

Orzamento total: 19.332.727 ptas. (116.192,03 euros).

A Coruña, 31 de marzo de 2000.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña