Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 2000 Páx. 7.217

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais da ampliación das instalacións pesqueiras da dársena de Sanxenxo e estudio ambiental previo á construcción de porto náutico-deportivo en Sanxenxo, situado no concello de Sanxenxo (provincia de Pontevedra) e promovido por Portos de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), se durante o prazo de vinte días o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,.

RESOLVO:

1. Someter a información pública os estudios de efectos ambientais dos proxectos de porto náuti

co-deportivo e instalacións pesqueiras na dársena de Sanxenxo, Pontevedra.

2. Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Pontevedra.

* Concello de Sanxenxo.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte día á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2000.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental