Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 2000 Páx. 7.218

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público 6/2000.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, acorda darlles publicidade ás adxudicacións dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña; As Xubias de Arriba, 84; 15006, A Coruña.

2. Modalidade de adxudicación elixida: procedemento aberto, concurso.

3. Obxecto do contrato, número CPA:

Concurso público: 6/2000.

Implantes de xeonllo.

Lote 1. Sistema p/implante primario de xeonllo.

Lote 2. Sistema p/implante posteroestabilizado de xeonllo.

Lote 3. Sistema p/implante de revisión de xeonllo.

Cantidades: indicadas no modelo de proposición económica achegado na documentación facilitada.

4. Data de adxudicación do contrato: 27-3-2000.

5. Criterios de adxudicación do contrato: as establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares da subministración.

6. Ofertas recibidas: nove.

7. Nome e enderezo do provedor ou provedores:

Lote 1: Remeco, S.A.; Avda. do Exército, 50, baixo, 15008, A Coruña (España).

Lote 2: DD & AA Medical, S.A.; Gran Vía, 161, 1º C, 36210, Vigo (Pontevedra) (España).

Lote 3: Clínica y Control, S.A.; Hábitat, edificio 2, baixo, 15172, Perillo (A Coruña) (España).

8. Prezo pagado:

Lote 1: 61.600.000 ptas. (370.223,46 euros).

Lote 2: 24.426.500 ptas. (146.806,22 euros).

Lote 3: 15.450.000 ptas. (92.856,37 euros).

9. Valor do contrato que pode ser obxecto de subcontratación:

10. Outras informacións:

11. Data de publicación do anuncio do contrato no BOE, Diario Oficial de las Comunidades Europeas e no Diario Oficial de Galicia: DOCE: 19-1-2000. BOE: 15-1-2000. DOG: 17-1-2000.

12. Data de envío deste anuncio: 12 de abril de 2000.

13. Data de recepción deste anuncio:

A Coruña, 31 de marzo de 2000.

Teresa Araguas Álvarez

Directora xerente en funcións do Complexo

Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña