Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 2000 Páx. 7.209

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/132-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: ampliación subestación A Grela 220/15 kV.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: sistema de 220 kV consistente en:

Dobre barra de 220 kV en hexafluoruro; tres módulos de liña a 220 kV (Mesón, Sabón e Orzán); tres módulos de transformación con dous trafos de 50 MVA de potencia c/u e outro de 75 MVA r/t 220/15 kV; un módulo de axuste e outro de medida.

Sistema a 15 kV consistente en:

Dobre barra de 15 kV; tres celas de transformador; dez celas con saída de liña e trece celas con dobre saída de liña. Diversas celas de medida e axuste transversal e lonxitudinal de barras. 2 trafos auxiliares de 400 kVA de potencia c/u r/t 15/0,4 kV e batería e grupo electróxeno.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 7 de abril de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña