Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 2000 Páx. 7.209

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de abril de 2000, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico denominado Montouto.

En cumprimento do disposto no artigo 25.4º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 6 de abril de 2000, da que a parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«1º Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado parque eólico Montouto.

2º De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997, polo que se aproba o plan eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, o planeamento dos concellos de Muras e Abadín queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba».

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria