Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 2000 Páx. 7.208

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/90-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: R.B.T. Carracido, Agra de Barro e río do Porto.

Situación: Noia.

Descricións técnicas: centro de transformación, tipo caseta de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Carracido, substituíndo o anterior transformador. Liñas eléctricas aéreas de baixa tensión, a 380/220 V, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. en seccións de 150, 95 e 56 mm Al. De 1.090 m de lonxitude, con orixe no C.T. Carracido e discorrendo polo lugar do mesmo

nome. De 160 m de lonxitude, con orixe no C.T. Monte Rei e discorrendo polo lugar do mesmo nome. De 650 m de lonxitude, con orixe no C.T. Mina de Barro e discorrendo polo lugar do mesmo nome. De 1.450 m de lonxitude, con orixe no C.T. río do Porto e discorrendo polo lugar do mesmo nome. De 120 m de lonxitude, con orixe no C.T. estrada de Muros e discorrendo polo lugar do mesmo nome. De 565 m de lonxitude, con orixe no C.T. A Barquiña e discorrendo polo lugar do mesmo nome. Liña eléctrica subterránea de baixa tensión a 380/220 V, en conductor R.V. de 50 m de lonxitude desde o C.T. Mina do Barro. Noia.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 6 de abril de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña