Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 2000 Páx. 7.205

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a L.M.T., C.T. e R.B.T. San Martiño-Castrolázaro, concello de Portomarín. (Expediente 17/1999 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para os efectos de notificación na rúa Sáenz Díez 45, Ourense, que solicita aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación a este expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997.

Visto que na tramitación do expediente se presentaron as seguintes alegacións:

Albino Vázquez Rodríguez que solicita que non se declare a utilidade pública da instalación eléctrica obxecto deste expediente alegando que non se dá a utilidade pública da expropiación do seu predio nin tampouco a necesaria motivación que para a urxente ocupación dos bens afectados esixe o artigo 31.5º do Decreto 2619/1966. Subsidiariamente solicita a variación do trazado da liña eléctrica en cumprimento do establecido no artigo 26 do mencionado decreto.

Considerando que tales alegacións non poden ser tidas en conta polas seguintes razóns:

1. Porque o artigo 52 da vixente Lei 54/1997, do sector eléctrico, declara expresamente a utilidade pública das instalacións eléctricas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica, establecendo o artigo 54 da dita lei que esta declaración de utilidade pública leva implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou da adquisición dos dereitos afectados e que implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, polo que a declaración de urxente ocupación non é agora un trámite illado que precise un acordo expreso e motivado senón que é unha consecuencia ex lege da declaración de utilidade pública ou implícita nela. Para máis abastanza cabe indicar que a finalidade desta instalación é mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica na zona ó esta-lo C.T. de San Martió nunha caseta en mal estado e mal situado para a demanda da R.B.T. que debe alimentar, e as R.B.T.S. que existen encóntranse

instaladas sobre apoios de madeira, algúns en mal estado, e con conductores de seccións insuficientes para a actual demanda de potencia.

2. Porque as variacións do trazado propostas polo alegante superan en lonxitude e dez por cento da parte da liña afectada pola variación que segundo o proxecto transcorre enriba da súa propiedade, polo que non se cumpre o requisito establecido no artigo 26.1º.b) do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que a liña, ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non incorre en ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto

2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997 antes citada.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuidas polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Fenosa Distribución, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. Caborrecelle e remate no C.T. de San Martiño, de 391 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56.

2. Centro de transformación aéreo de intemperie de San Martiño, de 100 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. Centro de transformación de interior de caseta do Alto do Valiño, de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V (cambio de transformador e mellora da rede de postas a terra).

4. Rede de baixa tensión aérea de San Martiño-Vedro, de 1.710 m de lonxitude de 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

5. Rede de baixa tensión aérea de Castrolázaro-Estrada, de 1.930 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

6. Rede de baixa tensión aérea de Vilanova, de 1.010 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomicas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Aproba-lo seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico do 24 de xaneiro de 2000.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que o representante da Administración dea comezo, na data e hora que a cada

interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no BOP de Lugo do 21 de febreiro de 2000, Diario Oficial de Galicia do 1 de marzo de 2000 e no xornal El Progreso do 11 de febreiro de 2000, e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial e no taboleiro do concello de Portomarín. Ata o momento do levantamento das actas poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 4 de abril de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo