Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Ares, San Miguel, Forcamuñiz (Guitiriz).
Situación: Guitiriz.
Características técnicas: L.M.T. ó C.T. de Ares de 941 m a 20 kV (tensión de servicio de 15 kV) sobre apoios de formigón en conductor LA-56. C.T.I. de Ares de 50 kVA e relación de transformación 15.000/380-220 V. R.B.T. de Ares-Forcamuñiz de 770 m a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z. R.B.T. de Picofarelo-San Miguel de 690 m a 380/220 V sobre apoios de formigón e madeira en conductor R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
Lugo, 4 de abril de 2000.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo