Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 2000 Páx. 7.195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2000, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público aberto con tramitación de urxencia, para a contratación dunha asistencia técnica para a prestación do servicio de información e orientación técnica para a realización da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas, mediante o Programa Padre, en centros localizados da Xunta de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de subministración:

1. Entidade adxudicadora.

A) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

B) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

C) Nº de expediente: 7/2000.

2. Obxecto do contrato.

A) Tipo de contrato: asistencia técnica.

B) Descrición do obxecto: prestación do servicio de información e orientación para a realización da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas, mediante o Programa Padre, en centros localizados da Xunta de Galicia.

C) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 44, do 3 de marzo de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

A) Tramitación: urxente.

B) Procedemento: aberto.

C) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitacion.

Importe total: catorce millóns trescentas corenta e oito mil corenta pesetas (14.348.040), IVE incluído, (86.233,46 euros).

5. Adxudicación.

A) Data: 24 de marzo de 2000.

B) Contratista: Global Sales Solutions Line GSS, S.L.

C) Nacionalidade: española.

D) Importe da adxudicación: trece millóns cincocentas tres mil cincocentas cincuenta e cinco pesetas (13.503.555), IVE incluído (81.158,00 euros).

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda