Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 2000 Páx. 7.196

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 7 de abril de 2000, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se notifican as resolucións de reintegro de pagamentos indebidos ás persoas que se sinalan (Luz María Rodríguez Bello e outra máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícanse por medio deste anuncio, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, as resolucións da Dirección Xeral de Tributos polas que se lles require ás persoas que se relacionan no anexo o reintegro dos importes que se indican e polos conceptos que se sinalan.

As delegacións territoriais da Consellería de Economía e Facenda que se indican notificaránlle-la oportuna liquidación, na que constará a forma e prazo de ingreso.

Contra a resolución obxecto de notificación poderá interpor, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, sen que se poida simultanear, ningún dos seguintes recursos:

-Recurso de reposición perante o órgano que a dictou, segundo o establecido no Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro.

-Recurso económico-administrtivo perante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido no Decreto 34/1997, do 20 de febreiro.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2000.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

ANEXO

Debedor/a: Luz María, Rodríguez Bello.

NIF: 34.971.186-P.

Importe: 120.814 ptas.

Concepto: nóminas.

Delegacións Economía e Facenda: Ourense.

Debedor/a: Celeste Álvarez Villar.

NIF: 34.608.653-R.

Importe: 56.154 ptas.

Concepto: nóminas.

Delegacións Economía e Facenda: Ourense.