Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 2000 Páx. 7.195

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (47/2000).

Camilo J. García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela.

Dá fe de que nestes autos de xuízo verbal número 47/2000, seguidos neste Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, por instancia de Raquel Moure Tojo, contra Repriss A Coruña, S.L., en reclamación de despedimento, se dictou, con data do vintecinco de febreiro de dous mil, a sentencia que ten a parte dispositiva literal seguinte:

«Que, estimando como estimo a demanda interposta por Raquel Moure Tojo contra a empresa Repriss A Coruña, S.L., debo declarar e declaro nulo o despedimento de que foi obxecto a actora o día 4 de xaneiro de 2000, condenando a dita entidade mercantil a estar e pasar pola dita declaracion e á inmediata readmisión da demandante no seu anterior posto de traballo, con aboamento a ela da suma de cento nove mil setecentas vinte pesetas (109.720 ptas.) en concepto de salarios de trami

tación, máis un haber diario de dúas mil cento dez pesetas (2.110 ptas.) ata a data de notificación á empresa desta resolución».

E para que sirva de notificación de sentencia a Repriss A Coruña, S.L., con domicilio en Touro, 3, baixo, dereita, de Santiago de Compostela, hoxe en paradoiro descoñecido, e facéndolle saber que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado, por escrito ou comparecencia, no termo de cinco días, contados a partir do seguinte ó da notificación da sentencia e con expresa advertencia de que, de se-la recorrente a empresa demandada, deberá exhibir ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado na conta de recursos deste Xulgado do Social número dous, nº de identificación 5608, abera no Banco Bilbao-Vizcaya, oficina 5947, sita na rúa Senra nº 3 desta cidade, a cantidade obxecto da condena (clave de ingreso 60), podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que se deberá facer consta-la responsabilidade solidaria do

avalista; e acreditar tamén ter depositado na indicada conta (clave de ingreso 65) a cantidade de vintecinco mil pesetas (25.000 ptas.), preceptiva legalmente para recorrer; sen estes requisitos non ser terá por anunciado o dito recurso.

E, así mesmo, para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación de sentencia en Santiago de Compostela o venres 7 de abril de 2000.

O secretario xudicial

Rubricado