Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 2000 Páx. 7.195

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2000 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería telemática, do departamento de Técnicas da Información e as Comunicacións, a Carmen Guerrero López.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 30 de xullo de 1999 (BOE do 25 de agosto), para a provisión da praza número 99/031 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería telemática, do departamento de Técnicas da Información e as Comunicacións desta universidade, a favor de Carmen Guerrero López, e unha vez que a interesada acrediara os requistos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Carmen Guerrero López profesora titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería telemática, do departamento de Técnicas da Información e as Comunicacións desta universidade.

A Coruña, 13 de abril de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña