Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 2000 Páx. 7.194

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2000 pola que se nomea profesor titular de universidade de área de coñecemento de enxeñería telemática, do departamento de Técnicas da Información e as Comunicacións, a Víctor Manuel Carneiro Díaz.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 30 de xullo de 1999 (BOE do 25 de agosto), para a provisión da praza número 99/030 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería telemática do departamento de Técnicas da Información e as Comunicacións desta universidade, a favor de Víctor Manuel Carneiro Díaz, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Víctor Manuel Carneiro Díaz profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería telemática, do departamento de Técnicas da Información e as Comunicacións desta universidade.

A Coruña, 13 de abril de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña