Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 2000 Páx. 7.192

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 19 de abril de 2000 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Convocada pola Orde do 18 de novembro de 1999 (DOG nº 241, do 16 de decembro), a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios periféricos da consellería de Sanidade e Servicios Sociais, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991,

do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, anunciada por Orde do 18 de novembro de 1999 (DOG nº 241, do 16 de decembro).

Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se relaciona no anexo a esta orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2000.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Apelidos e nome: Martínez Patiño, Manuel Eulogio.

DNI: 32.410.565.

Grupo: I.

Nivel C.D.: 25.

Corpo ou clase: laboral fixo.

Posto de traballo: director-administrador da Residencia-Fogar 3ª Idade.

Dependencia: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Localidade: A Coruña.

Apelidos e nome: Bouzada Diéguez, Mª Isabel.

DNI: 35.435.903.

Grupo: II.

Nivel C.D.: 22.

Corpo ou clase: laboral fixo.

Posto de traballo: director-administrador da Residencia-Fogar 3ª Idade.

Dependencia: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Localidade: A Estrada (Pontevedra).

Apelidos e nome: Cendón Alonso, María Teresa.

DNI: 36.031.305.

Grupo: I.

Nivel C.D.: 25.

Corpo ou clase: laboral fixo.

Posto de traballo: director CAMP.

Dependencia: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Localidade: Redondela (Pontevedra).