Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 2000 Páx. 7.193

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2000 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de ciencias e técnicas da navegación, do departamento de Ciencias da Navegación e da Terra, a José Manuel Martínez Mayán.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 4 de maio de 1999 (BOE do 26 de maio), para a provisión da praza número 99/016 de profesor titular de escola unversitaria da área de coñecemento de Ciencias e Técnicas da Navegación, do departamento de Ciencias da Navegación e da Terra desta universidade, a favor de José Manuel Martínez Mayán, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Manuel Martínez Mayán profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de Ciencias e Técnicas da Navegación, do departamento de Ciencias da Navegación e da Terra desta universidade.

A Coruña, 13 de abril de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña