Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 2000 Páx. 7.184

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 12 de abril de 2000 pola que se convocan axudas económicas para as corporacións locais que sexan titulares de escolas-fogar e se regula a súa concesión no presente exercicio económico.

A Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, establece no seu artigo 11 o dereito de tódolos españois a recibiren unha educación básica e accederen a niveis superiores de educación.

Nesta liña, a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón que a política educativa reforzará a acción do sistema educativo coa finalidade de evita-las desigualdades derivadas dos factores sociais, económicos, culturais, xeográficos, étnicos ou doutra índole.

Pola súa parte, o Decreto 2240/1965, do 7 de xullo, regulou a creación das escolas-fogar como centros destinados á educación en réxime de internado de nenos residentes en zonas de poboación ultradiseminada, tendo como finalidade a de conseguir unha maior igualdade de oportunidades no ensino.

De acordo coa lexislación das corporacións locais, os concellos teñen entre as súas finalidades a de contribuír e cooperar á mellora educativa e cultural. Neste contexto, determinados concellos son titulares

de escolas-fogar, polo que se coida necesario que a Administración educativa lles conceda axudas económicas ás ditas corporacións coa finalidade de contribuír ó seu funcionamento e á mellora dos servicios que veñen prestando.

En consecuencia, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Finalidade.

Esta orde ten por finalidade convocar axudas económicas para as corporacións locais que sexan titulares de escolas-fogar no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e regula-lo seu procedemento e condicións de outorgamento no presente exercicio económico.

Segundo.-Importe.

Estas axudas serán con cargo á partida orzamentaria 07.03.323A.460.0 da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa e non superarán o importe de 4.150.000 pesetas.

Terceiro.-Solicitudes, prazos e documentación.

1. As solicitudes serán presentadas polos representantes das corporacións locais nas delegacións provinciais de Educación e Ordenación Universitaria e irán dirixidas ó director xeral de Centros e Inspección Educativa, segundo o modelo de instancia que figura como anexo desta orde, ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. O prazo de presentación de instancias é dun mes, contado desde a entrada en vigor desta orde.

3. As solicitudes acompañaranse da seguinte documentación:

A) Memoria das características demográficas, socio-económicas e xeográficas do contorno.

B) Exposición razoada dos motivos xeradores da necesidade da axuda e actividades para as que se solicita.

C) Número de alumnos residentes internos na escola-fogar, separados por niveis e sinalando o número e núcleos de poboación de procedencia así como a situación con respecto ós centros educativos máis próximos. Estes datos referiranse ó curso escolar 1998-1999.

D) Fotocopia do CIF.

E) Certificación bancaria (orixinal) a nome do solicitante na que conste a c/c na que se ingresará o importe da axuda, se é o caso.

F) Declaración de que reciben, ou non, axudas doutras entidades para o mesmo fin.

Cuarto.-Informe.

As delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria verificarán que as solicitudes achegan a documentación esixida,

solicitarán informe da Inspección de Educación e remitirán as solicitudes acompañadas do dito informe á Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa.

Quinto.-Selección.

1. Rematado o prazo de solicitudes, a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa avaliará as solicitudes e efectuará a correspondente proposta de concesión de axudas e procederá a dar vista do expediente ós solicitantes, no prazo de dez días naturais, para que poidan alega-lo que coiden procedente no seu dereito.

2. A selección será realizada por unha comisión de avaliación composta polos seguintes membros:

-Presidente: o director xeral de Centros e Inspección Educativa ou persoa en quen delegue.

-Vocais: o subdirector xeral de Centros.

Un inspector/a-xefe da Inspección Educativa.

O xefe do Servicio de Centros.

O xefe do Servicio de Xestión de Programas Educativos.

-Secretario: un funcionario designado pola dirección xeral, con voz pero sen voto.

3. Os criterios prioritarios para a concesión das axudas que se terán en conta son os seguintes:

-Atención ós concellos de menos poboación.

-Distancia do domicilio do alumnado ó centro educativo máis próximo.

-Atención ó maior número de residentes na escola-fogar.

-Número de alumnos procedentes doutros concellos.

-Existencia doutros centros semellantes no contorno.

-Zona de influencia.

Sexto.-Resolución da convocatoria.

A resolución que proceda por parte do conselleiro será publicada no Diario Oficial de Galicia. No caso de resultar denegatoria será motivada e notificaráselles ós interesados nun prazo máximo de cinco meses, contados a partir da publicación desta convocatoria. Contra esta resolución, que esgotará a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Sétimo.- As axudas concedidas serán aboadas de conformidade co que dispón o artigo 37 da Lei 7/1999, do 29 de decembro (DOG do 31) de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000, mediante un ou varios pagamentos parciais a conta da liquidación por un importe máximo do 80% da subvención concedida, sempre que o beneficiario xustifique, con anterioridade ó 30 de setembro de 2000, os gastos realizados segundo o proxecto aprobado.

Para o libramento do 20% restante o beneficiario presentará, antes do 30 de outubro de 2000, a completa xustificación, do mesmo xeito que se indica no parágrafo anterior.

Para proceder ós libramentos correspondentes o solicitante deberá achega-las xustificacións orixinais ou fotocopias cotexadas de facturas, contratos, nóminas, Seguridade Social, etc.

No momento da xustificación da execución total do proxecto e, en calquera caso, antes do derradeiro pagamento, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Os beneficiarios comunicarán a obtención de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración ou ente público.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

As xustificacións das axudas serán dirixidas á Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, Rúa San Lázaro, n1 107. 15771 Santiago de Compostela.

Oitavo.-Contra esta orde poderán os interesados interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las resolucións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.- Esta orde producirá efectos desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e OrdenaciónUniversitaria