Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 2000 Páx. 7.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD 10/1999).

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o 14 de abril de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle do polígono POL-F7.02, avenida de Fisterra II, presentado por Navimonte, S.L.

2. Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na Oficina de Planeamento do Servicio de Urbanismo, en horario laboral das 12 ás 14 horas.

Os gastos de publicación aboaraos Navimonte, S.L.

A Coruña, 24 de abril de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo