Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 2000 Páx. 7.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

Composición do xurado do concurso de proxectos con intervención do xurado convocado polo Concello da Coruña para a contratación da redacción do proxecto e dirección das obras de remodelación do antigo Cuartel de Macanaz para museo e sede da Fundación Luís Seoane.

En cumprimento do previsto na cláusula 21ª do prego de cláusulas administrativas particulares regulador do concurso mencionado (referencia As 99/27), faise pública a composición do xurado:

Presidente:

José Luis Méndez Romeu, concelleiro delegado de Cultura do Concello da Coruña ou persoa en quen delegue.

Vocais:

-Alberto González Alegre, director da Fundación Luís Seoane ou persoa en quen delegue.

-Rafael Cebrián Tello, arquitecto municipal coordinador da Sección Técnica do Servicio Municipal de Urbanismo e membro da Comisión de Seguimento do PEPRI da Cidade Vella e Pescadería.

-Angelika Lorenzen Ketterling, arquitecta municipal adscrita ó Servicio Municipal de Obras Públicas.

-Alberto Unsaín González de Suso, arquitecto designado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia na Coruña de entre os seus membros.

-Manuel Gallego Jorreto, arquitecto designado polos concursantes de entre os pertencentes ó Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia na Coruña.

Secretaria:

Cristina Ruíz Tovar, xefa da Sección de Contratación de Obras e Asistencias ou persoa en quen delegue, con voz pero sen voto.

Os interesados poderán interpoñer os recursos a que houbese lugar, no Rexistro Xeral de Entrada do Concello da Coruña, no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de abril de 2000.

Carlos González-Garcés Santiso

Tenente alcalde delegado de Contratación